Material para os primeiros días de clase

3º e 4º de EP:

LUNS 11:

Estoxo con todos os materiais de escritura: lapis, goma, bolis, rotus, pinturas, tesoiras, pegamento e afiador, caixa de panos, libretas (MA e LC), axenda e 1 carpeta.

MARTES 12:

Libretas (LG e CS, CN) e 1 carpeta.

A partir do martes levarán apuntado na axenda os materiais e libros a traer nos vindeiros días.

5º e 6º de EP:

Estoxo, axenda escolar e portátil (cargado).

Recollida de material

As listaxes de distribución do alumnado de 1º, 3º e 5º están dispoñibles no taboleiro do centro. 

As familias de 1º e 2 curso de Educación Primaria poden deixar o material nas aulas correspondentes o mércores 6 de setembro, de acordo ao seguinte horario:

-10:30 1ºA.

-11:00 1ºB.

-11:30 1ºC.

-12:00 2ºA.

-12:30 2ºB.

Entrega de libros e ordenadores:

XORNADA DE COLPBOL 6º E.P. 23-5-2023.

 

O martes 23 de maio fumos convidados  a participar nunha xornada  para a práctica do COLPBOL xunto c@s alumn@s do colexio de San Xoán de Filgueira no pavillón do Campo da Serra.

Saímos ás 10 horas para ir camiñando ata o pavillón e, unha vez alí, @s alumn@s agrupáronse en 8 equipos combinados dos dous colexios. Xogáronse tres partidos simultáneos en cada unha das tres pistas con unha duración de 20 minutos cada un e un descanso de tres minutos.Arredor das 13 horas rematamos os partidos, e saímos camiñando de volta ao colexio. 

 Así poideron practicar un novo deporte alternativo,o COLPBOL e tamén compartiron esta experiencia c@s alumn@s do outro colexio.

XV MARCHA CICLISTA ESCOLAR.12-5-2023

                                 

 

Alumnado dos colexios naroneses Ponte de Xuvia, Jorge Juan, O Feal, o CRA, A Gándara Santiago Apóstolo, Virxe do Mar, Ayala, A Solaina, Piñeiros, e do IES As Telleiras, ademais do centro de ensino Maciñeira, de Neda, subíronse ás súas bicicletas pasadas as 10.00 horas para realizar un percorrido pola zona urbana e, en grupos, dirixirse cara ao paseo de Xuvia.

Os escolares, de terceiro a sexto curso de Primaria e de primeiro da ESO, reagrupáronse no aparcadoiro do Pazo da Cultura e na rotonda de Freixeiro, para dirixirse xuntos a Xuvia, accedendo ao paseo pola rúa Xoán XXIII. No percorrido estiveron acompañados por unha ampla representación dos pais e nais dos escolares, integrantes das Anpas, mestres e mestras dos centros, e persoal do Moto Club Fojeteiros, do ximnasio Beny Gym, do club ciclista de Narón Clásicos BikeWorks. Persoal do Speis de Narón e axentes da Policía Local acompañaron tamén aos participantes nesta XV Marcha Ciclista Escolar.

Os escolares gozaron un ano máis dunha xornada programada co fin de promover o deporte e a vida saudable entre os menores, ao tempo que poñer en práctica todos os seus coñecementos en materia de seguridade viaria. Tras descansar un pouco e repoñer forzas, cun boliño e auga, puideron ver en Xuvia unha exhibición de calistenia, para, sobre as 12.45 horas, recoller de novo as súas bicicletas para dirixirse nelas de regreso aos seus respectivos centros escolares.

                    

 

DÍA DO LIBRO_2023

Durante varias semanas de abril e maio celebramos no centro o DÍA DO LIBRO cos AMIGOS LECTORES, dinámica na que os/as maiores léronlle ás máis pequenas e pequenos. 

Visita á Casa das Ciencias

Tras a visita á Casa das Ciencias do alumnado de 3ºEP, ofrecémosvos o vídeo recopilatorio das actividades desenvolvidas durante a saída.

 

Distribuir contido