Cidade deportiva - Fundación Barrié - Biblioteca Nodal Coruña. 4º EP
Este luns, 14 de outubro, o alumnado de 4º de EP acudiu á "cidade herculina".
De entre os obxectivos desta saída destaca o apoio dos nenos e nenas ao emblemático club da cidade, o Deportivo, e ao achegamento do alumnado á ciencia por medio dos obradoiros científicos organizados pola Fundación Barrié.
Actividades organizadas para este día:
ü
VISITA EN ABEGONDO ÁS INSTALACIÓNS DO DEPORTIVO DA CORUÑA. Adestramento do DEPORTIVO.
O xornal dxt CAMPEÓN fíxose eco da visita.
ü EDUCABARRIÉ: OBRADOIRO CIENTÍFICO “QUIERO SER... ASTRONAUTA!!!”
ü BIBLIOTECA PÚBLICA MIGUEL GONZÁLEZ GARCÉS.
Actividade: Na procura dun final feliz do libro de escritor Fernando Alonso.
XANTAR: CIDADE DEPORTIVA DE RIAZOR. PALACIO DOS DEPORTES
Imaxes nos distintos momentos do día e traballos desta experiencia.
Circular inicio de curso e outras novas
Achégase a circular de inicio de curso para coñecemento de todos os membros da comunidade educativa do CEIP A Solaina.
- Información sobre a Campaña de alimentación saudable do curso 2013-2014.
Novas ANPA
Adxúntanse información de interese para os socios da ANPA:
Comedor escolar 2013-2014
Novas acerca do comedor escolar:
- Segundo acordo do C. Escolar, tanto as SOLICITUDES presentadas coma as de nova incorporación, serán admitidas para USO do comedor escolar.
RELACIÓN DE SOLICITUDES PRESENTADAS/ADMITIDAS.
LISTAXE DEFINITIVA dos usuarios ao comedor escolar segundo os criterios de admisión.
- Puntualizacións ao DECRETO:
Artigos de interese:
Artigo 12: A modalidade do comedor escolar deste centro é do tipo de xestión indirecta.
Artigo 14: Corresponde á Consellería de Educación por medio da Axencia Estatal da Administración Tributaria establecer as bonificacións dos usuarios do servizo segundo a autobaremación presentada polos interesados e tramitada polo Centro.
(Unha vez recibido o contraste de datos, se fose necesario, serán informadas as familias afectadas)
B)1º Ciclo na Granxa Do Souto
O pasado día 18 de xuño, o alumnado de 1º ciclo achegouse á Granxa do Souto en Mera (Ortigueira) para realizar a tradicional excursión de fin de curso.
Aquí deixamos mostra do divertido e interesante que resultou esta saída.
O MOSTEIRO DE SAN MARTIÑO DO COUTO
Todo o terceiro ciclo de primaria fomos a pé ata o Mosteiro do Couto para admirar esta marabillosa xoia do románico.
Ali contamos cas explicacións do historiador Andrés Pena quen nos ilustrou sobre a importancia deste lugar.
Unhas fotos desa xornada.
EXCURSIÓN FIN DE CURSO DE QUINTO
O pasado venres estivemos na ILLA DE ONS para pasar xuntos unha xornada inesquecible.
Logo de dúas horas de autobús, embarcamos en Portonovo rumbo á illa nunha travesía de coarenta e cinco minutos.
Contamos coas explicacións das nosas guías Mela e Andrea, que cada unha cun grupo, fóronnos explicando moi ben como é a vida en Ons, tanto para a flora como a fauna e tamén para os humanos.
Rematamos ás dúas da tarde unha marcha que nos levou polo faro e a ladeira norte da illa. Comemos o xantar como piratas e logo pasamos un bo rato na praia: fútbol-area, paseo nas rochas, tomamos o sol,...( O malo foi que Teresa non nos deixou bañar, disque "por si acaso..." )
Chegamos a Narón ás oito da tarde, cansos pero felices. Aqui están algunhas fotos deste día.
Visita ás Médulas do alumnado de 4º EP
Os días 6 e 7 de xuño o alumnado de 4º de EP realizou a súa correspondete excursión de fin de curso acompañado dos seus titores.
O lugar de destino foi nada máis e nada menos as Médulas, na provincia de León e lugar declarado Ben de Interese Cultural e Patrimonio da Humanidade. Tratábase, polo tanto, de que o alumnado contemplase e coñecese esta espectacular paisaxe formada por unha antiga explotación de mina de ouro. O resultado foi máis que satisfactorio: os nenos e as nenas desfrutaron deste impresionante entorno a través dun amplo programa de actividades lúdicas.
Sorpresa de fin de curso!
O alumnado da Solaina, especialmente o afeccionado aos deportes en xeral e ao fútbol en particular levou estes días unha máis que agradable sorpresa. Grazas á colaboración da Federación Española e a Federación Galega de Fútbol, as instalacións do centro tiveron por unhas horas uns preciados tesouros:
· Copa Mundial de la FIFA Sudáfrica 2010.
· Copa do Campeonato Europeo de Fútbol da UEFA 2008 ( Austria e Suiza).
· Copa do Campeonato Europeo de Fútbol da UEFA 2012 (Polonia e Ucrania)
Non temos palabras, pero si imaxes, para explicar o que sentiu o noso alumnado cando tivo tan preto de si os trofeos que levantaron os seus ídolos para celebrar as tan merecidas victorias.
Impresións da viaxe de estudos
De volta á normalidade, cómpre facermos unha reflexión sobre a viaxe de estudos a Portugal. Os días desenvolvéronse sen maior novidade, agás pequenas incidencias, como a fractura sufrida por Dani, que lle impediu continuar connosco o resto da viaxe. Iso si, puidemos comprobar o funcionamento exemplar do Hospital de Vila Real: atención rápida, eficiente e cunha amabilidade desbordante. Os que tivemos a sorte de continuar coas actividades, pasámolo de cine. Por algo se chama Pena Aventura, non parábamos de segregar adrenalina e de poñer caras de impacto. A comida estaba á altura do esperado, o entorno natural non podía ser mellor e o tempo… case perfecto, menos un dos días que nos choveu todo o tempo. Polas noites soubemos comportarnos, sobre todo despois da asemblea onde se deixaron ben claros algúns conceptos: agora todos sabemos a diferenza entre os “borregos” e as “abellas”, traballamos con, para e polo ben do grupo.
A tarde do xoves e a mañá do venres pasámolas no Porto. Descubrimos unha cidade moi grande, con zonas moi bonitas e un dinamismo propio da capital económica do noroeste peninsular. Foi boa pena non podermos ver o moderno Estádio do Dragão, pero non había maneira de aparcar o autobús.
En resume, unha viaxe inesquecible.
Pena Aventura on PhotoPeach
Porto on PhotoPeach
O seguinte vídeo é a visión dun alumno, Iago Becerra, da visita a Porto.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 45
- 46
- 47
- 48
- 49
- 50
- 51
- 52
- 53
- seguinte ›
- última »