Novas ANPA

   Este curso e como resultado das xestións levadas a cabo pola ANPA do CEIP A Solaina, o alumnado do centro poderá beneficiarse tanto de material deportivo coma de melloras de carácter económico para os/as socios/as desta entidade sin ánimo de lucro en determinadas empresas.

    O material subvencionado pola Deputación Provincial da Coruña foi recibido este luns, día 17 de marzo, a primeira hora da mañá polo alumnado de 5º de EP.

   ¡Os rapaces de 5º e o mestre de Educación Física o recibiron con moita ledicia !

 

 

 

 

 

 

 

 

 

   As empresas que desexan colaborar coa AMPA na iniciativa proposta de melloras económica dos seus produtos para os/as socios/as, poderán dirixirse a este organismo: anpaasolaina@yahoo.es

Admisión alumnado. Curso 2014-2015

O proceso de admisión do alumnado para o curso 2014-2015 pode seguirse en Centro-Secretaría.

Prazo de presentación de solicitudes do 1 ao 20 de marzo.

Horario recomendado:

  • LUNS: 9.00 a 10:30h
  • MARTES: 16.00 a 19.00h
  • MÉRCORES: 9.00 a 10.00h
  • XOVES E VENRES : 13.00 a 14.00h

Entroido 2014

Neste día, 18 de febreiro, o tempo de lecer de media mañá resultou diferente ao habitual. O motivo foi o inicio do Entroido 2014.

Na procura de manter a tradicción e  seguindo  o Ciclo do Entroido, comezamos co Domingo Fareleiro. O alumnado disfrutou xogando entre eles a botarse a fariña que recolleron nas súas mans no momento de saír ao recreo.

¡Bo entroido a todos e todas!

 

Imaxes do acto.

1º mandato do Meco

 

   

 2º mandato do Meco  

 

 3º mandato do Meco

4º mandato do Meco

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Admisión alumnado 2014-2015

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria vén de publicar a ORDE que regula o procedemento de admisón do alumnado.

Enlace ao DECRETO 254/2012, do 13 de decembro, e á ORDE do 12 de marzo de 2013.

Enlace á páxina da Consellería

 No referido Proxecto cómpre destacar ata o momento:

  • O alumnado matriculado ten garantida a súa permanencia.
  • O alumando de 6º de EP que vaia cursar a ESO no IES As Telleiras  cubrirá o ANEXO I de reserva de praza.
  • A reseva, unha vez realizada, ten carácter vinculante, será incompatible coa presentación da solicitude noutro centro salvo renuncia expresa antes de que se inice o prazo de presentación de solicitude de admisión.

Documentos e novas

 

Información de interese:

  1. Instrucións da Xefatura Territorial da Coruña 
  2. Instrucións da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos

NOVA

Resultado do proceso de admisión segundo Resolución do Consello Escolar:

            As listaxes provisionais poden ser obxecto de reclamación perante o Consello Escolar.

 

Nesta web publicaranse as novas relativas a este proceso.

Programa de alimentación saudable

 

 

 

   O xoves, día 6 de febreiro, o presidente da ANPA vén de asinar co concello un convenio para levar a cabo    un Programa de nutrición saudable para os nenos e nenas  que por razóns de conciliación familiar laboral teñen que acudir pola mañá ao colexio en horario de 7:30 a 9:00 h. Este convenio conleva unha axuda económica cunha contía por determinar.

Lémbrase que cada curso escolar o tema dos comedores escolares é un tema a retomar cos organismos competentes nesta  materia.

Neste espazo web manterase informados a todos os interesados dos acordos acadados na procura de manter este servizo.

30 de Xaneiro. Día da Paz

Este xoves, 30 de xaneiro, os nenos e nenas do colexio da Solaina celebraron a Paz regalando un sorriso, regalando soños; queren pintar o mundo de cores novas .

Ao longo da semana foron moitas as actividades que se levaron cabo nas aulas para culminar neste día con diversos actos.

O alumnado de 6º de EP foi o encargado de ensinarnos a todos o que representa a figura de Nelson Mandela. Para elo, a biblioteca foi o escenario elexido para  amosarnos a todos nós as súas aprendizaxes.

Para finalizar a mañá, todos xuntos escoitamos o manifesto pola Paz escrito polo alumnado de 6º de EP á vez que cantamos: "Hecho con tus sueños" do grupo Efecto Pasillo & Leire acompañado dun baile que representaba un sorriso.


Segundo encontro: Proxecto Enciende

Continúa O Arcano da Solaina…

Hoxe, mércores 29 de xanerio, tivo lugar o segundo encontro entre o alumnado de 4º de EP, as titoras e os científicos do Proxecto Enciende para coñecer os progresos no “Arcano da Solaina”.

A ocasión serviu, ademais de, para intercambiar impresións coas mestras que desenvolven o traballo nas aulas, traer  novos coñecemento científicos  e matemáticos que permitirán descifrar o apelido da avoa de Uxía. E, sobre todo, foi unha oportunidade para que o alumnado relatara e compartera entre sí as aprendizaxes ao longo destes meses.

Ao longo deste trimestre nas aulas de 4º continuarase traballando neste proxecto con dous obxectivos fundamentais. Por unha banda, achegar ao alumnado ao mundo da ciencia e, por outra banda, fomentar o uso das TICS.

Como premio ao esforzo do alumnado, un agasallo moi ben recibido por parte de todos, unhas camisetas co logo:

T fwhfst If xtgfnsf

Se queredes seguir o día a día deste proxecto, preme nos siguientes enlaces: ENLACE 1 e ENLACE 2.

 

 

 

 

PISTA DE EDUCACIÓN VIARIA 3º e 4º.

Os  días 21 e 22 de xaneiro os alumnos-as de 3º e 4º cursos de primaria realizaron as prácticas na pista itinerante de educación viaria  do concello de Narón. Durante un tempo os alumnos fixeron os papeis de peóns e de condutores cos karts a pedais sobre a pista sinalizada ao efecto.Estas prácticas estiveron guiadas polos monitores do equipo de educación viaria do concello.

Nas seguintes imaxes podedes velos na súa participación nesta actividade.

 

 

Actividades de 3 anos. 1º trimestre curso 2013-2014

Ola a todos e a todas!Para que desfrutedes con  nós aquí vos deixamos unha secuencia das actividades nas que participamos.

Aquí estamos os nenos e nenas de tres anos ... Comenzamos  unha grande aventura neste curso 2013-2014...votade unha ollada á páxina web e veres que ben nolo pasamos no cole

  • Saída ao parque do Couto e degustación e chocolate con churros.
  • Magosto desfutando cos nosos compañeiros, vendo como se asan as castañas, comendoas...
  • Recollida de alimentos
  • Teatro de títeres do Príncipe a o parrulo no Auditorio de Narón.

  

Paula Carballeira na Solaina

No  marco de actividades do concello de Narón do FESTIVAL INTERNACIONAL DE NARRACIÓN ORAL, e desenvolvendo nos centros educativos esta actividade co fin de promover a animación á lectura, este venres, día 17, estivo no centro a  escritora nada en Fene, Paula Carballeira.

Co seu saber facer todos os presentes desfrutamos coa animación dos seus contos facendo partícipes activos dos mesmos ao alumnado.

Máis información no blog asolainabiblio.

 

Distribuir contido