Resultados da Comisión de Escolarización
Resultados da Comisión de Escolarización para o curso 2014-2015.
Descargue aquí.
Novas curso 2014-2015
INFORMACIÓN PARA AS FAMILIAS DE NOVA INCORPORACIÓN
- Infórmase ás familias do alumnado de 3 anos ( 4º educación infantil) que o vindeiro 25 de xuño, ás 11.00h da mañá terá unha reunión co equipo de educación infanfil para tratar temas relativos ao Plan de Acollida e todos aqueles temas de interese sobre a escolarización dos seus fillos /as.
- FORMALIZACIÖN DE MATRÍCULA: do 20 ao 30 de xuño.
Documentos.
1.-Formularios de admisión (ANEXO III_ gal/ANEXO III_cas)
2.- Fotocopia de cartilla do seguro.
3.-Certificado médico de que non padece enfermidade infecto-contaxiosa (non se precisa en impreso oficial)
4.- Fotocopia das vacinas.
5.- 4 fotografías
Itinerario fotográfico. Curso 2013-2014
Educación Infantil
3 anos:
4 anos:
5 anos:
Educación primaria
- 1º ciclo: Betanzos
- 3º Educación primaria: Buño ( A Coruña)
- 4º Educación primaria: Fornelos de Montes (Pontevedra)
- 5º educación primaria: Estaca de Bares
- 6º Educación primaria: Portugal
Certame Intercentros 2014
- Actuacións teatrais alumnado de 4 anos e 5º ep.
FESTA FIN DE CURSO 2013-2014
A XUNTA DIRECTIVA DO ANPA " CEIP A SOLAINA" informa a todos os interesados da celebración do fin de curso cun amplo abano de actividades.
A data prevista para estes actos será o domingo, día 15 de xuño, data na que se celebrará a tradicional convivencia anual.
Organización:
Axudas para a adquisición de libros de texto
A Consellería de C E e OU publica no DOG de hoxe ( 30/05/2014) a convocatoria de axudas de adquisición de libros de texto para o vindeiro curso 2014-2015.
Enlace á convocatoria.
Prazo de solicitude : do 2 de xuño ao 2 de xullo (ámbolos dous inclusive).
Maios 2014
O venres, día 23, o alumnado celebrou Os Maios 2014. As actividades desenvolvéronse na biblioteca dende media mañá. O alumnado de educación infantil e o do 1º ciclo de primaria poido gozar coa representación teatral dos nenos de 4 anos, poesías de produción propia, intrepretación da canción de Don Quixote (1º curso ) e, finalmente, o Himno Galego (1º B).
O alumnado do 2º e 3º ciclo escoitaron a interpretación dunha peza musical, viron a obra de teatro de Gianni Rodari "A cadeliña que non sabía ladrar", cantaron a canción "Esa lus" do IES "Poeta Díaz Castro"
de Guitiriz e, finalmente, en karaoke, o Himno Galego de María do Ceo.
7º Marcha ciclista Concello de Narón
O vindeiro día, venres 6 de xuño o equipo de educación viaria do concello de Narón organiza a sétima marcha ciclista escolar como remate das actividades de educación viaria do presente curso 2013-14.
Xa vos daremos máis información do programa segundo o equipo teña preparadas
as actividades para esa xornada.
Non vos esquezades de preparar as bicis e mailos cascos!
- Autorización da 7ª Marcha ciclista escolar.
A ANPA e as Letras Galegas
Este ano, a ANPA do CEIP A Solaina quixo homenaxear ao escritor Xosé María Díaz Castro, acto para o cal organizou una celebración especial. A espectacular actuación do mago Chrystyan Magic, Magic, xunto coa interpretación dos nenos e nenas da actividade de "Cantar e divertirse", enchueu de ledicia a tarde de todos os presentes.
Unha mostra do acontecido:
...e para todos aqueles que o desexen, ide reservando a data do 15 de xuño para a festa de fin de curso!
3º encontro Proxecto Enciende
Tras 9 meses de traballo, conclúe oficialmente o proxecto " O arcano da Solaina", proxecto desenvolvido no centro polo alumnado de 4º de educación primaria.
O referido proxecto concluíu coa visita dos científicos Elena Vázquez Abal e Casto Rivadulla Fernández.
Neste encontro, o alumnado recibiu os premios e correspondentes agasallos (libros, puzzles, estoxos, camisetas... ) tanto pola súa labor como pola súa participación; agasallos procedentes do Fondo Europeo de Desarrollo Regional (Feder), no marco do proxecto GRC2013-045., e de Divulgamat (Real Sociedad Matemática Española)
Como xa comentamos nos seus comezos, o obxectivo era aplicar as matemáticas para descubrir o apelido dunha figura naronesa do pasado panorama literario da nosa comarca: Mercedes Novo de González.
O día a día desta experiencia puido seguirse no blog "O arcano da solaina 4"
Imaxes do acto.
Día das Letras Galegas: Xosé María Díaz Castro
Con motivo da LII edición da celebración das Letras Galegas na que se rinde homenaxe a escritores ou escritoras das nosas letras, o colexio inicia unha seria de actividades que culminarán coa Festa dos Maios o vindeiro 23 de maio.
Este ano, o 17 de maio, Día das Letras Galegas, adicado a Xosé María Díaz Castro, o alumnado achegouse á súa figura e á súa obra a través de paneis informativos colocados na entrada, do visionado de vídeos na biblioteca, de actividades interactivas nas aulas... actividades que permitiron afondar e coñecer a súa poesía e, en concreto, a súa obra Nimbos.
Como actividade salientable, o alumando de 6º achegouse aos máis pequenos facendoos partícipes do seu entusiamo pola lectura.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 41
- 42
- 43
- 44
- 45
- 46
- 47
- 48
- 49
- …
- seguinte ›
- última »