Funcionamento de comedores escolares

A Consellería de Cultura, E e OU vén de publicar as instruccións relativas ao funcionamento dos comedores escolares de xestión indirecta para o vindeiro curso 2014-2015.

 Nos seguintes  enlaces pode descargar as instrucción e documentación relativa a este proceso:

 NOVAS  do consello escolar celebrado o 30 de xuño .

                               (Contra a presente Resolución cabe recurso de alzada perante a Xefatura Territorial da consellería)

                   Lémbrase aos interesados que o prazo para a presentación da AUTOBAREMACIÓN  remata o 10 de setembro.

Novas Curso 2014-2015

   Achégase a listaxe dos libros de texto para o curso 2014-2015.

 Descargar aquí.

As clases comezan o mércores, 10 de setembro.

 

 

 

Premios ENCIENDE 2013

4º de Primaria está de parabén: "O Arcano da Solaina" foi galardoado con un segundo premio ENCIENDE.

Este certame, promovido a nivel nacional pola Confederación de Sociedades Científicas de España, recoñece aqueles proxectos, desenvolvidos entre investigadores e profesores na aula, que fomentan o ensino das ciencias nas idades máis temperás.

Así, este galardón destaca "O Arcano da Solaina" como unha das mellores iniciativas realizadas no curso escolar 2013-2014.

Desde o centro, aproveitamos a ocasión para agradecer ás familias a súa implicación neste proxecto, de longo percorrido e, que permitiu durante tres trimestres que o alumnado se achegase ás Matemáticas dun modo lúdico e divulgativo.

 

FIN DE CURSO EN EDUCACIÓN VIARIA

O pasado venres 6 de xuño tivo lugar a 7ª marcha ciclista escolar que organiza o equipo de educación viaria do concello de Narón como remate das actividades ao longo do curso.

Todo se desenvolveu como estaba previsto, agás o tempo que non nos acompañou como nós queriamos.No sorteo de agasallos resultou agraciado o alumno de 3º curso de primaria Martín Ferreño con unha camiseta de ciclista doada polo concello de Narón.

Ao regreso a choiva acompañounos en todo o percorrido, pero os ánimos dos ciclistas non decaeron chegamos ate o colexio sin graves incidencias.Despois de agradecer aperticipación e a colaboración de todos-as, agardamos a vosa participación en vindeiras ocasións.

Podedes ver algunhas imaxes na Galería desta mesma páxina. Moitas grazas e ate o curso que ven.

Por outra banda, os alumnos-as de educación infantil tamén tiveron o seu fin de curso participando nas prácticas de educación viaria no circuito que temos no patio interior do colexio.Cos seus ciclos, cascos, semáforos e os seus petos fixeron de condutores e de peóns, seguindo as indicacións dos monitores do equipo de educación viaira do concello.

Todos-as levaron un diploma acreditativo da súa participación nestas actividades de formación.

Podedes velos en acción nestas imaxes. 

 

Resultados da Comisión de Escolarización

Resultados da Comisión de Escolarización para o curso 2014-2015.

Descargue aquí.

Novas curso 2014-2015

INFORMACIÓN PARA AS FAMILIAS DE NOVA INCORPORACIÓN

 

  • Infórmase ás familias do alumnado de 3 anos ( 4º educación infantil) que o vindeiro 25 de xuño, ás 11.00h da mañá terá unha reunión co equipo de educación infanfil para tratar temas relativos ao Plan de Acollida e todos aqueles temas de interese sobre a escolarización dos seus fillos /as.
  • FORMALIZACIÖN DE MATRÍCULA: do 20 ao 30 de xuño.

                    Documentos.

                 1.-Formularios de admisión  (ANEXO III_ gal/ANEXO III_cas)

                 2.- Fotocopia de cartilla do seguro.

                 3.-Certificado médico de que non padece enfermidade infecto-contaxiosa (non se precisa en impreso oficial)

                 4.- Fotocopia das vacinas.

                 5.- 4 fotografías

 

Itinerario fotográfico. Curso 2013-2014

 Educación Infantil

 3 anos:

4 anos:

5 anos:

Educación primaria

Certame Intercentros 2014

FESTA FIN DE CURSO 2013-2014

XUNTA DIRECTIVA DO ANPA " CEIP A SOLAINA" informa a todos os interesados da celebración do fin de curso cun amplo abano de actividades.

A data prevista para estes actos será o domingo, día 15 de xuño, data na que se celebrará a tradicional convivencia anual.

Organización: 

Patio de armas: Juegos en el patio

  https://es-es.facebook.com/anpaasolaina

Axudas para a adquisición de libros de texto

A Consellería de C E e OU publica  no DOG de hoxe ( 30/05/2014) a convocatoria de axudas de  adquisición de libros de texto para o vindeiro curso 2014-2015.

Enlace á convocatoria.

Axudas libros de texto      

Prazo de solicitude : do 2 de xuño ao 2 de xullo (ámbolos dous inclusive).

 

Maios 2014

O venres, día 23, o alumnado celebrou Os Maios 2014. As actividades desenvolvéronse na biblioteca dende media mañá. O alumnado de educación infantil e o do 1º ciclo de primaria poido gozar coa representación teatral dos nenos de 4 anos, poesías de produción propia, intrepretación da canción de Don Quixote (1º curso ) e, finalmente, o Himno Galego (1º B).

 

 

O alumnado do 2º e 3º ciclo escoitaron a interpretación dunha peza musical, viron a obra de teatro de Gianni Rodari "A cadeliña que non sabía ladrar", cantaron a canción "Esa lus" do IES "Poeta Díaz Castro"

  de Guitiriz e, finalmente, en karaoke, o Himno Galego de María do Ceo.

 

 

 

Distribuir contido