Suxerencias de lectura. Curso 2014-2015

O Equipo de Biblioteca da Solaina quere que neste tempo de lecer desfrutes cun bo libro.  Deixámosche  unhas recomendacións para todos os niveis, que si premes na imaxe darache un pequeno resumo do seu argumento.

 
                                                                                           

    

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Festival de Nadal

Este curso, como peche do trimestre, e para celebrar o Nadal, celebraranse dous festivais:

  • O mércores, día 18 de decembro, o alumnado de educación infantil actuará para todos os seus familiares ás 13.15h no pavillón.

                    As panxoliñas serán o motivo para debutar como artistas!

O venres, día 19, ao longo da mañá, contaremos cunha organización especial

                              - Festival de Nadal:

              3 ANOS: Buscando a Papá Noel de Susa Herrera (Cartas que veñen e van)

              4 ANOS: Xa me tardan estes magos de Mámá Cabra ( Xa me tardan estes magos)

              5 ANOS: Van 3 reis en bicicleta de Mamá Cabra ( Xa me tardan estes magos)

              1º EP: Canto de reis e panxoliñas de Asociación de Gaiteiros Galegos (Quiquiriquí) 

              2º EP: Imos ver ao neno. Tradicional galego Colabora María (5º B)

              3º EP: No pendello. Tradicional galego. Colabora Amada (5º B)

              4º EP: Aló entre as pallas. Tradicional galego

              5º EP:  Despedida de ano. Tradicional galego

              6º EP: Vive o Nadal (Concurso de panxoliñas escolares)

          CHEGADA DE PAPÁ NOEL!

 

Campaña solidaria de recollida de alimentos

  O pasado venres, día 12 de decembro, tivo lugar no    centro a entrega de alimentos para a Campaña solidaria  de recollida de alimentos 2014.

  Este ano, a referida iniciativa, estivo promovida polo  Grupo Motero Heroes del Viento, grupo recibido con  satisfacción polo alumnado e aos que se lles fixo  entrega   Imaxes           de todos os alimentos aportados polas familias.

O Grupo, en agradecemento, fixo entrega dun diploma acreditativo ao CEIP A Solaina polo súa participación desinteresada e solidaria.

"Escola de familias"

O vindeiro día 10 de decembro. ás 13.00h, e organizado polo Servizo Sociocomunitario do concello de Narón, terá lugar na biblioteca do centro unha charla informativa  dentro do programa "Escola de familias" destinada a todos os membros da comunidade escolar inrteresados nesta temática.

Programa.

A TÚA VELLA BICI VALE UN SORRISO


Por cuarto ano o colexio da Solaina participa na campaña solidaria "A túa vella bici vale un sorriso" que organiza o equipo de educación viaria do concello de Narón.

Lembrando que se pode participar ata o día 18 de decembro no colexio, e ata o día 4 de xaneiro no concello, agradecemos a vosa colaboración e aproveitamos para  desexarvos unhas felices festas de Nadal e un bo ano 2016.

                                      

Campaña Esquí 2015

A Deputación Provincial da Coruña vén de convocar a Campaña de Inverno de Esquí 2015 co fin de que os rapaces e rapazas  interesados poidan participar  dunha estadía  dunha fin de semana na Estación Invernal de Manzaneda en Ourense.

Máis información.

 

 

Consello Escolar 2014

 Rematado o proceso de eleccións do Consello Escolar, facilítase o resultado definitivo.

Descargar aquí.

 

 

Menú mes de decembro

 

  Menú do mes de decembro para os usuarios do servicio.

MARCHA CICLISTA POLA IGUALDADE. 25-11-2014

O martes 25 de novembro tivo lugar un paseo en bici d@s alumn@s de 5º e 6º cursos de primaria de tódolos colexios de Narón, organizada polo concello e o equipo de edcuación viaria.

Saímos ás 10 horas dende o colexio para reunirnos cos demais e facer un percorrido por distintas rúas de Narón ata chegar sobre ás 11 horas á praza da Gándara. Alí, despois de aparca-las bicis e toma-lo almorzo, comezaron os actos de conmemoración do DÍA DA IGUALDADE DE XÉNERO.

Primeiro tomou a palabra a concelleira de Igualdade para darnos a benvida e agradecer a nosa participación. De seguido, foi o alcalde de Narón o que nos dirixiu unhas palabras para reivindicar a educación en igualdade. Por último, ámbolos dous fixeron unha ofrenda floral diante do monumento á muller situado na mesma praza.

De xeito simultáneo, ten lugar unha exposición dos murais feitos polos alumn@s de 5º e 6º cursos no vestíbulo do Pazo da cultura  e que podedes visitar ata o mércores día 3 de decembro.

Podedes ver algunha imaxe dos actos na galería, premendo na foto que aparece xunto a este texto.

Consello Escolar 2014

Finalizado o prazo de presentación de candidaturas para a elección dos representantes de nais e pais do alumnado ao Consello Escolar, facilítase:

 

Distribuir contido