Complementarias, Viaxe de fin de curso. 6º

Entroido 2014 na Solaina

Hoxe,  27 de febreiro, o CEIP A Solaina celebrou o Entroido 2014 cun percorrido polo barrio de Santa Icía.

O alumnado, xunto coas súas familias e a veciñanza, desfrutou deste día.

 Imaxes da galería.

Entroido 2014

Neste día, 18 de febreiro, o tempo de lecer de media mañá resultou diferente ao habitual. O motivo foi o inicio do Entroido 2014.

Na procura de manter a tradicción e  seguindo  o Ciclo do Entroido, comezamos co Domingo Fareleiro. O alumnado disfrutou xogando entre eles a botarse a fariña que recolleron nas súas mans no momento de saír ao recreo.

¡Bo entroido a todos e todas!

 

Imaxes do acto.

1º mandato do Meco

 

   

 2º mandato do Meco  

 

 3º mandato do Meco

4º mandato do Meco

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

30 de Xaneiro. Día da Paz

Este xoves, 30 de xaneiro, os nenos e nenas do colexio da Solaina celebraron a Paz regalando un sorriso, regalando soños; queren pintar o mundo de cores novas .

Ao longo da semana foron moitas as actividades que se levaron cabo nas aulas para culminar neste día con diversos actos.

O alumnado de 6º de EP foi o encargado de ensinarnos a todos o que representa a figura de Nelson Mandela. Para elo, a biblioteca foi o escenario elexido para  amosarnos a todos nós as súas aprendizaxes.

Para finalizar a mañá, todos xuntos escoitamos o manifesto pola Paz escrito polo alumnado de 6º de EP á vez que cantamos: "Hecho con tus sueños" do grupo Efecto Pasillo & Leire acompañado dun baile que representaba un sorriso.


Samaín e Magosto 2013

O pasado venres, día 15 de novembro, o centro vestiuse de festa para celebrar o Samaín e o Magosto 2013.

Dende as 11:45 horas da mañá, os rapaces e rapazas participaron nun circuíto de xogos populares (birlos, paracaídas, tunel do medo... ) dirixidos polo alumnado de 6º e, como manda a tradición, non faltaron as castañas!

Impresións da viaxe de estudos

De volta á normalidade, cómpre facermos unha reflexión sobre a viaxe de estudos a Portugal. Os días desenvolvéronse sen maior novidade, agás pequenas incidencias, como a fractura sufrida por Dani, que lle impediu continuar connosco o resto da viaxe. Iso si, puidemos comprobar o funcionamento exemplar do Hospital de Vila Real: atención rápida, eficiente e cunha amabilidade desbordante. Os que tivemos a sorte de continuar coas actividades, pasámolo de cine. Por algo se chama Pena Aventura, non parábamos de segregar adrenalina e de poñer caras de impacto. A comida estaba á altura do esperado, o entorno natural non podía ser mellor e o tempo… case perfecto, menos un dos días que nos choveu todo o tempo. Polas noites soubemos comportarnos, sobre todo despois da asemblea onde se deixaron ben claros algúns conceptos: agora todos sabemos a diferenza entre os “borregos” e as “abellas”, traballamos con, para e polo ben do grupo.

A tarde do xoves e a mañá do venres pasámolas no Porto. Descubrimos unha cidade moi grande, con zonas moi bonitas e un dinamismo propio da capital económica do noroeste peninsular. Foi boa pena non podermos ver o moderno Estádio do Dragão, pero non había maneira de aparcar o autobús.

 

En resume, unha viaxe inesquecible.

 

 

 

Pena Aventura on PhotoPeach
Porto on PhotoPeach

O seguinte vídeo é a visión dun alumno, Iago Becerra, da visita a Porto.

3 día de viaxe

Hoxe desfrutamos dunha mañá de sol practicando piragüismo no río Louredo. Despois de xantar collemos o autobús cara o Porto. Despois de facermos unha visita pola cidade, instalámonos no hotel. Mañá, venres, seguiremos coa visita e sairemos para Narón ás cinco da tarde. A hora prevista da chegada é sobre as 21.00. Pódese confirmar por teléfono a partir das 19.30. Non nos queda nada.

  A recollida dos nenos e nenas será no XOAQUÍN BRUQUETAS,  explanada preto da igrexa.

2 día da viaxe.

Temos que mandarlle un abrazo dende Portugal a Dani. Onte caeu de camiño para o aloxamento e fracturou o pulso. Agora descansa na casa. A parte positiva é que comprobamos o bo funcionamento da sanidade portuguesa.

PenaAventura mola

1º día de viaxe

Xa en Portugal.

A chegada sin novidade e dispostos a desfrutar!

Actividade: "Que non arda o noso monte"

 
 O venres 10  e o  luns, 13 de maio, a visita dun grupo de membros  do Distrito Forestal I - Ferrol- fixo que o alumnado pasase unha  agradable e didáctica xornada.

  Membros do grupo explicaron ao alumnado como é o día a día dos  homes e mulleres que, cando hai un lume nos nosos montes,  traballan  arreo para apagalo e minimizar os seus danos. Por outra  banda, insistiron na importancia da prevención dos lumes.

  Os nenos e nenas quedaron sorprendidos de como con pequenos  xestos ao alcance da súa man, tales como apagar ben o lume despois  dunha fogueira, extremar precaucións coas cabichas...poden contribuir a  coidar os nosos montes e evitarlles este tipo de danos.

  O incendio de hai un ano nas nosas queridas Fragas do Eume estivo    moi presente durante a charla.Visualizaron imáxes do acontecido, da    súa orixe e desfrutaron cunha presentación titulada O home do lume que serviu a todos nós para formarnos máis polo miúdo sobre este tema.

   Esta visita tivo, ademais, un interesante compoñente práctico pois  durante uns minutos os rapaces formaron parte da súa propia brigada antiicendios.








Visita do alumnado de CEE Terra de Ferrol

Representación: " A tartaruga que quería durmir" on PhotoPeach

 O xoves 9 de maio un grupo de nenos e nenas do CEE Terra de Ferrol  representaron para o alumnado de Infantil o conto tradicional "A tartaruga que quería durmir". O alumnado acudiu acompañado de mestras destinadas con anterioridade no noso centro.

  O teatro sempre é unha ferramente para facernos reflexionar, e neste caso, a través desta representación puidemos desfrutar e valorar importancia da amizade.

  Pola nosa banda, quixemos agradecerlles a súa visita e dedicación co agasallo dun par de contos que lles entregamos con grande satisfacción.

  ¡Moitas grazas pola vosa visita e xa sabedes que as portas do colexio están sempre abertas para vós!

Distribuir contido