Animacion á lectura: Érika Esmoris

A escritora coruñesa Érika Esmorís visitou o noso centro e o alumnado descubriu con alegría as orixes do seu libro " Nena o o mar" . 

O  premio Merlín de Literatura Infantil 2015 acadado con nesta novela foi o recoñecemento da súa labor no mundo das letras.

O alumnado de 6º  realizou unha bateria de preguntas ás que Érika respostou con satisfacción polo ben que coñecían o argumento. 

 

 

9ª Marcha Ciclista Escolar Concello de Narón

9ª Marcha Ciclista Escolar Concello de Narón

Venres, día 27 de maio do 2016

PARTICIPA!Animation Library | Signs and Signals

Ficha de inscrición.

Proxecto Educación Viaria - curso 2015-2016.

 

Novas alumnado de 6º Educación Primaria

Aviso de reunión

O vindeiro martes, día 31 de maio, ás 16.00h haberá unha reunión cos pais/nais/titores legais do alumnado de 6º de Educación Primaria para tratar:

  • Excursión fin curso a Cantabria.
  • Fin de primaria. Recollida de documentación.
  • Información  do IES As Tellerias facilitada  pola dirección e orientadora.

O colexio celebra o Día das Letras Galegas

   No CEIP A Solaina organizouse, como é habitual, un programa de actividades para conmemorar o Día das Letras Galegas 2016 ao redor do autor ao que se lle adica cada ano. Como nesta ocasión estaba adicado ao poeta lucense Manuel María, traballouse nas aulas acerca da súa vida e da súa obra.

 Proposta de traballo do Departamento de Normalización Lingúística

"SOÑANDO GALICIA CON

MANUEL MARÍA"

   O 20 de maio de 12.00 ata as 14.00h. o alumnado e profesorado do centro xuntámonos no patio principal para desenvolver o programa de actividades. Houbo dende cancións, representacións teatrais, recitais dos seus versos...

   

   A xornada rematou coa interpretación musicada do poema "O carro" e cun forte aplauso común de todos os  participantes.

 Homenaxe a Manuel María no recuncho da biblioteca .

Fondo solidario de libros de texto e axudas para libros e material escolar

A Consellería de Cultura e Educación vén de publicar a Orde do 17 de abril do 2016 (DOG 16 de maio do 2016)) na que se regula:

  • participación no fondo solidario de libros de texto. Alumnado de 3º, 4º,5º e 6º de EP. 1º e 3º ESO.
  • axudas para adquirir libros de texto. Alumnado de 1º e 2º EP - 2º e 4º ESO - EE.
  • axudas para material escolar para o alumnado de EP, ESO e EE.

PRAZO de solicitudes : do 18 de maio ao 23 de xuño (ámbolos dous inclusive).

IMPRESO

DOG do 16 de maio do 2016.

Información.

 

Avaliación individualizada de terceiro curso e final de educación primaria

Avaliación individualizada  de terceiro curso e avaliación final de educación primaria

Enlace á Resolución do 18 de abril do 2016

  • 6º EP: días 11,12 e 13 de maio.
  • 3º EP: días 24 e 25 de maio.

 

1ª semana da Mobilidade Concello de Narón

 

*****SEMANA VIARIA *****

 

Neste 3º trimestre o concello de Narón vén de iniciar un novo proxecto co fin de seguir promovendo a Educación Viaria e a mobilidade sostible.

Programa das actividades.

 

 

Animación á lectura para 3º e 4º EP

   Os/as nenos/as de 3º e 4º da Solaina limos o libro "Coller as rendas" da escritora Yolanda Castaño.

   Ao longo do libro diferentes animais "collen as rendas " da súa vida e deciden adicarse ao que sempre soñaron.

   Onte, 2 de maio, a súa autora fíxonos unha moi agradable visita na que nos relatou de novo o seu libro, falounos dos animaliños e incluso algo da súa vida e de como se converte na marabillosa escritora que é hoxe en día. 

Grazas Yolanda, e esperamos verte pronto! 

Unha aperta.

IV Centenario de Cervantes

Centón para Don Miguel de Cervantes

No IV Centenario de Cervantes e con motivo do Día do Libro, a biblioteca do centro quixo render a súa particular homenaxe á insigne figura de Don Miguel de Cervantes..

Diversas actividades desenvolvéronse ao longo da semana e en concreto para o 23 de abril,  a exposición de diverso material impreso e libros antigos sobre a figura de Cervantes e en particular, de Don Quixote, todo elo aportado polas familias.

O noso agradecemento por tan estimada colaboración. 

Distribuir contido