Complementarias, Viaxe de fin de curso. 6º

Viaxe de fin de curso de 6º 2015

Cuarta xornada (e derradeira): Agora mesmo estamos na área de servizo de San Simón. Estaremos na Solaina, no mesmo sitio do que partimos, arredor das 9.

 

Terceira xornada, xa estamos en Porto, xa fumos ao centro comercial e demos un paseo despois da cea, ao remate fíxosenos un pouco máis longo do que queríamos e por iso estamos informandovos a unha hora tan tardía.

Como din aquí: Tudo bem! 

 

 

Segunda xornada de excursión pasada sen novidade.

Interesante, divertida e moi cansada. 

Mañá facemos unha actividade aquí en Pena aventura e xa marchamos para Porto. 

Seguiremos informando.

 

Xornada do martes. 

Chegada a Pena Aventura. Primeira  xornada de acción e diversión.

Mañá máis.

Celebración do Día da Paz

O venres, 30 de xaneiro, o alumnado do centro celebrou o Día da Paz e Da Non Violencia. 

As actividades levadas a cabo quedan recollidas nas imaxes.

30 de xanerio. Día da Paz

 

 

O alumnado do centro celebrará o 30 de xaneiro o Día da Paz.

 

Nos días previos, os preparativos son diversos. Os nenos e nenas están a forrar con papel de cor marrón caixas aportadas por eles mesmos; caixas que simulan ladrillos e nas que escriben sentimentos ou accións negativas que impliquen actitudes de rexeitamento. Os ladrillos darán forma a un muro que será derrubado o día 30 ao tempo que será lido un Manifesto pola Paz. O derrubamento  do muro encerra unha sorpresa e , como tal, gardada para ese día.

A interpretación da canción "A muralla", ensaiada en Educación Musical, porá o borche douro a este día.

Festival de Nadal

Este curso, como peche do trimestre, e para celebrar o Nadal, celebraranse dous festivais:

  • O mércores, día 18 de decembro, o alumnado de educación infantil actuará para todos os seus familiares ás 13.15h no pavillón.

                    As panxoliñas serán o motivo para debutar como artistas!

O venres, día 19, ao longo da mañá, contaremos cunha organización especial

                              - Festival de Nadal:

              3 ANOS: Buscando a Papá Noel de Susa Herrera (Cartas que veñen e van)

              4 ANOS: Xa me tardan estes magos de Mámá Cabra ( Xa me tardan estes magos)

              5 ANOS: Van 3 reis en bicicleta de Mamá Cabra ( Xa me tardan estes magos)

              1º EP: Canto de reis e panxoliñas de Asociación de Gaiteiros Galegos (Quiquiriquí) 

              2º EP: Imos ver ao neno. Tradicional galego Colabora María (5º B)

              3º EP: No pendello. Tradicional galego. Colabora Amada (5º B)

              4º EP: Aló entre as pallas. Tradicional galego

              5º EP:  Despedida de ano. Tradicional galego

              6º EP: Vive o Nadal (Concurso de panxoliñas escolares)

          CHEGADA DE PAPÁ NOEL!

 

Celebración do Magosto e Samaín

Co fin de darlle a benvida ao outono, no centro estivemos a preparar a celebración do Magosto e Samaín. 
O alumnado de nova incorporación participará por primeira vez nunha seria de actividades organizadas polo Equipo de Actividades Complementarias e Extraescolares e, xunto cos máis veteranos, disfrutarán do programado.

O luns, día 27 de outubro, será o día  sinalado para  a tradicional festividade!

Que nos agarda?

 

 

Fin de curso 2013-2014. 6º Ep en Portugal e Porto

O alumnado de 6º de Educación primaria realizou a viaxe a Portugal para celebrar o seu paso á ESO.

As súas impresións e as imaxes falan por si soas!

Día 3

TERCEIRO DíA:
Hoxe orballou todo o día!!!!!
Ainda así,fixemos as actividades de Pena Aventura programadas : slide (tirolina) e tamén o paintball.
Logo de xantar alí, autobús e vía Porto. Chegamos ao hotel e logo de repartir as habitacións fixemos a visita panorámica pola cidade.
Cea e a durmir que imos estando algo cansos...algúns máis que outros (léase os profes).
Deica mañá,que as nove chegamos.

DÍA 2

SEGUNDO DíA: Hoxe foi un día de bastante movido. Dende o pequeno almoço ás nove e media até este momento, as sete da tarde en Portugal, non paramos: escalada, recorrido polas alturas entre as árbores, tiro con arco e remo en canoa. Un non parar!!! Ahora están en plenos preparativos para a noite: duchas, peiteados varios, modelitos... pois a discoteca promete. (Antes imos cear, ás oito e logo a búsqueda do tesouro que quedou pendiente de onte). Mañá seguiremos informando, aínda que os pormenores da noite serán secreto de estado.

Maios 2014

O venres, día 23, o alumnado celebrou Os Maios 2014. As actividades desenvolvéronse na biblioteca dende media mañá. O alumnado de educación infantil e o do 1º ciclo de primaria poido gozar coa representación teatral dos nenos de 4 anos, poesías de produción propia, intrepretación da canción de Don Quixote (1º curso ) e, finalmente, o Himno Galego (1º B).

 

 

O alumnado do 2º e 3º ciclo escoitaron a interpretación dunha peza musical, viron a obra de teatro de Gianni Rodari "A cadeliña que non sabía ladrar", cantaron a canción "Esa lus" do IES "Poeta Díaz Castro"

  de Guitiriz e, finalmente, en karaoke, o Himno Galego de María do Ceo.

 

 

 

Plantación na Solaina

Durante os días 12 e 13 de marzo, todo o alumnado de Infantil e Primaria participou nunha nova plantación de árbores no recinto escolar. En colaboración con Voz Natura procedeuse a darlle un espazo a varias especies, tanto de folla caduca como perenne. En concreto, os exemplares plantados foron abetos, magnolios, e diversas árbores froiteiras: maceiras, ameixeiras, pereira, kumquat, mandarino, paraguaio, e feixoa. Nos próximos días procederase a asentar igualmente unha nogueira, un acivro e un pexegueiro.

A plantación estaba prevista inicialmente para os últimos días do mes de xaneiro, coincidindo co día da paz. Como a o tempo foi especialmente adverso durante os últimos meses, optouse por demoralo ata esta semana. 

Agora só queda coidar de cada exemplar, tanto dos asignados a cada unha das clases como ás do resto do alumnado. Por iso vos pedimos un esforzo de atención e agarimo coas árbores do recinto escolar. Queremos que a sensibilidade amosada coas árbores e as plantas máis achegadas ao entorno nos axuden a amalas e respectalas fóra do recinto escolar. Pode ser unha boa aprendizaxe para toda a vida.

 

 

Distribuir contido