Escolares, Ed. física, Idioma extranxeiro, Infantil, Música, 1º Ciclo, 2º Ciclo, 3º Ciclo, Relixión

Saída de 4º a Santiago de Compostela

O martes pasado, 28 de marzo, o alumnado de 4º EP realizou unha saída a Santiago de Compostela. Na capital do país visitaron o Museo Pedagóxico de Galicia, deron unha volta polas rúas da cidade e finalmente pararon a xantar no comedor Monte da Condesa. Preme no enlace para ver as fotos do día.

Saída de 4º á Coruña

No enlace podes ver as fotos do día 17 de febreiro, na saída á Coruña do alumnado de 4º.

Saída a Ferrol

No enlace pódense ver as fotos das saídas a Ferrol do alumnado de 1º e 2º efectuadas os día 7 e 9 de febreiro.

Saída de 3º á Coruña

No enlace podes ver as fotos do día 30 de xaneiro, na saída á Coruña do alumnado de 3º.

Saída ás Fragas do Eume

O xoves, 20 de outubro, os nenos/as de 4ºA e 4ºB fomos de excursión ás Fragas do Eume, para obrservar as características do outono.

Despois de ver un vídeo explicativo sobre a fauna e a flora presentes no lugar, fomos dar un largo paseo no que contemplamos a paisaxe, comemos castañas, atravesamos unha ponte colgante, etc.

Foi marabilloso! Volvemos todos moi cansos, pero sobre todo... moi contentos!

Galería de imaxes.

MATERIAL EDUCACIÓN FÍSICA DE PRIMARIA.

Dende o departamento de Educación Física, lembramos ás familias a importancia de que os vosos fillos/as traian o neceser coas cousas de aseo para asistir as sesións de Educación Física. 

Queremos lembrar o que deben traer no neceser:

 

                     

Unha toalla pequena e xabón, toalliñas no seu defecto, camiseta e zapatillas de recambio para traballar  no pavillón.

       

É moi importante que se acorden dos días nos que os nenos e nenas teñen clase de Educación Física, así despois de realizar a sesión, poderán voltar a clase aseados e sen suar, de maneira que evitamos tamén coller algunha catarreira innecesaria.

As zapatillas deportivas son necesarias xa que sobre todo nos días de chuvia, deixamos o pavillón con moita suciedade se vimos co calzado da rúa.

Os mestres de Educación Física agradecemos a vosa colaboración.

Plan Navega con Rumbo

O 1 de xuño, o alumnado de 5º e 6º de EP participou nunha charla-coloquio dirixida por Alberto Botana, persoal membro do Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG), dentro do Plan Navega con Rumbo.

Esta inicitiva do CPEIG en colaboración coa Xunta de Galicia pretende, tal e como figura na súa presentación, orientar ao alumnado no Ciberespazo:

  • "iniciativa encamiñada a que vós,@s escolares naveguedes con tino pola Rede"

Esta foi a segunda charla dirixida ao noso alumnado neste curso 2015-2016 relativa a temas de seguridade na Rede e ao uso exeitado das novas tecnoloxías.

As charlas tiveron conclusións finais de interese para todos os presentes.

 

Convivencia 4º EP

      Chegada á Granxa Escola Fervenza do Toxa a media mañá.

Dispostos a comezar a xornada e as actividades.   

 

Tarde de piscina!!!!!!

 

De atención e coidado dos animais da granxa!!!!

e agora, a repoñer forzas coa cea que nos está agardando.

 

E HOXE, 1 de  xuño

o SOL e o DÍA MARABILLOSOS!!!!

e o almorzo.... na mesa!

 

Distribuir contido