Clube de lectura: os descubridores de letras.

Ola a todos e todas! 

Dende a nosa biblio comezamos unha nova actividade de animación á lectura con alumnos e alumnas de 6º: un clube de lectura. 

Comezamos en xaneiro cunha primeira sesión na que comimos xuntos e falamos un pouquiño para coñecer os nosos intereses, así como os nosos gustos á hora de ler. 

Así mesmo, asinamos un acordo para participar no clube coas normas básicas e compromisos que asumimos. Eliximos tamén entre todos a través dunha  votación o nome do noso clube e agora somos: Os descubridores de letras. 

O primeiro libro que seleccionamos para ler foi Charlie y la fábrica de Chocolate de Roald Dahl. 

  

A segunda sesión fixémola en febreiro e falamos sobre o libro escollido, comentando o que máis nos gustou, as cousas que nos chamaron a atención, as personaxes, os valores que nos transmiten, etc.

Ademais, xogamos a describir as diferentes personaxes a través dunhas cartas con imaxes. Pasámolo xenial e escollimos libro para a seguinte sesión: Palabras de Caramelo.

 

A terceira sesión foi no mes de marzo. De novo comimos xuntos e, ademais, unha compañeira trouxo unhas galletas feitas por ela, que estaban boísimas. 

Falamos sobre o libro escollido e realmente emocionounos moito, incluso algúns chegamos a chorar. Para entender mellor a situación que trata este libro estivemos aprendendo sobre a orixe dos campamentos de refuxiados no Sáhara, as súas condicións de vida, costumes, educación... e vimos algún curto que se fixo a partir do libro.

Intentamos poñernos na pel do pratoganista, Kori, que era xordomudo, xogando a tratar de comunicarnos soamente lendo os beizos ou con xestos.

O libro que levamos para ler neste próximo mes é Bruxa e familia de Paula Carballeira. Ademáis de lelo temos un reto no que debemos mostrar as nosas dotes creativas. Imos facer un Knolling literario con el. Non sabedes o que é? Pois picade no enlace e decubrídeo. Contarémosvos máis na próxima sesión. Estamos desexando que chegue! 

 

 

Cambio no menú do comedor

Cambio no menú do comedor para o 8 de marzo: bertorella por borriquete.

Visita de Paco Nogueiras

Esta semana os nenos e nenas de 3 e 4 anos recibiron a visita de Paco Nogueiras na biblioteca do noso cole. 

     

Pasárono súper ben escoitando a súa música e uns contos marabillosos da editorial Kalandraka.

 

Xa vedes que todos e todas estiveron moi atentos.

Moitas grazas pola Visita Paco, esperamos verte pronto na nosa biblio de novo!  

 

CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE ROUPA E CALZADO USADO [marzo 2024]

Continuamos a colaborar con Mariola Solidaria na CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE ROUPA E CALZADO USADO en beneficio da ONG Global Humanitaria. 

O día único de recollida é o mércores 6 de marzo de 2024.

Entroido 2024

Na semana do 5 ao 9 de febreiro festexamos o Entroido no CEIP A Solaina, neste ano relacionao coas artes.

Como vén sendo habitual, seguimos os mandatos do Meco:

Os mandatos NON SON ACUMULATIVOS.

venres faremos o desfile de disfraces cun pasarrúas. 

Saímos ás 10:00, se as condicións meteorolóxicas son favorables, seguindo o seguinte percorrido:

SUSPENDIDO POLAS PREVISIÓNS METEOROLÓXICAS!

CANTAREMOS A CANCIÓN PREVISTA NA PISTA DE GRAVILLA ÁS 10:00.

AS FAMILIAS QUE O DESEXEN PODEN ASISTIR DESDE FÓRA DO RECINTO.

 

Presentación libro

Achegamos imaxes da presentación á nosa comunidade educativa do novo libro de Emilio Tresgallo, que se desenvolveu o 23 de xaneiro na biblioteca do centro.

   

Campañas de Nadal do Concello de Narón [2023]

1. Campaña de recollida de xoguetes: Recolleremos xoguetes para o centro de Recursos Solidarios de Narón, desde o luns 4 de decembro ata o martes 19 de decembro.

2. O Equipo de Educación Viaria do Concello de Narón realiza dúas campañas navideñas:

 2.1. "Decora o teu patinete e a bicicleta de nadal!" - Desde o 1 ata o 20 de decembro de 2023. Poderán participar todos aqueles escolares de Narón. Para participar con dereito a agasallo deberase enviar unha foto na entrada do colexio da nena ou neno en bici, patín ou correpasillos decorados de nadal, indicando no correo a seguridadevial@naron.gal o nome e apelidos, nome do centro escolar e curso, así como se é posible que ten consentimento para saír en redes sociais (indicación expresa do pai/nai ou tutor/a do menor).

 

 

 

 

 2.2. "A túa vella bici vale un sorriso" - Desde 1 de decembro de 2023 ata 4 de xaneiro de 2024. A entrega de bici ou patinete por doazón para outros nenos e nenas sen posibilidades poderase realizar no centro escolar (o centro de recursos solidarios porase en contacto co centro para a recollida antes do día 21/12/2023) tamén podera entregarse no Concello de Narón - Educación Viaria en horario de maña de 08 a 14 horas ou no centro de recursos solidarios de Narón no Polígono da Gándara.

 

 

 

MOITAS GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN.¡FELICES FESTAS!

Distribuir contido