CHINTO NA SOLAINA
O xoves 5 de abril contamos coa presenza do autor Chinto na Biblioteca do centro. Falounos dos seus últimos libros: Minimaladas e Novas minimaladas. Podes ver no enlace a reportaxe fotográfica co alumnado de 3º nesta animación á lectura.
Visita da escritora María Canosa
Hoxe, 3 de abril, o alumnado de 6º curso da Solaina puido asistir a unha animación á lectura con María Canosa, escritora e, entre outras cousas, colaboradora do programa Coma un allo. Escoitamos a versión persoal sobre o seu libro Muriel e fixémoslle unha morea de preguntas. Podes ver as imaxes no enlace.
CALENDARIO EDUCACIÓN VIARIA 3 º TRIMESTRE.
ACTIVIDADES EDUCACIÓN VIARIA
3º TRIMESTRE 2017-18
DÍA | MES | ACTIVIDADE | CURSO |
MÉRCORES,4 | ABRIL | OBRADOIRO E XINCANA DE BICICLETA | 3º |
VENRES, 11 | MAIO | MARCHA CICLISTA ESCOLAR. | 3º,4º,5º e 6º |
Participación no Erasmus+
Na semana do 5 ao 9 de marzo realizouse unha mobilidade a Bordeos no programa Erasmus+ (KA101), dentro do proxecto "Multilingüismo; a aprendizaxe de idiomas e a mellora da educación en Europa", organizado polo CFR de Ferrol. Na viaxe estiveron implicados tres mestres do centro: Antón López Anca, Juan Carlos Sanjurjo e Xosé Nel Comba. Os participantes de centros públicos de Educación Primaria e Secundaria de Ferrolterra tiveron a oportunidade de mellorar a súa competencia lingüística na lingua francesa e mais achegarse ao sistema educativo francés e ás súa estratexas pedagóxicas no ámbito da música e das artes. Desde esta semana pódese visitar unha pequena exposición fotográfica e de materiais achegados na zona do hall do colexio.
DÍA DO NÚMERO PI
Desde o Equipo de Dinamización da Lingua Galega da Solaina, celebrouse hoxe, 14 de marzo (3/14 nos países de tradición anglosaxona), o Día do número Pi. Todos as clases de Primaria formaron varios grupos para concursar nuna xincana consistente en contestar ás adiviñas matemáticas propostas e conseguir unhas letras colocadas por todo o colexio. Ao final, cada grupo ordenou as letras e conseguiu formar unha palabra oculta.
Un ano máis, a experiencia foi ben positiva e todo o alumnado está a desexar que chegue o 3/14 do ano que vén para xogar outra volta co número pi.
SEMANA DA PRENSA
Do 6 ao 10 de marzo celébrase nos centros educativos galegos a 29º edición da Semana da Prensa na Escola. Na Solaina dámoslle visibilidade uns días máis para que o alumnado e o resto da Comunidade Educativa se familiaricen tanto coa prensa escrita coma a dixital, sempre tendo moi en conta o espírito crítico que se espera do fomento da lectura en forma de prensa, analisando e contextualizando as noticias que van saíndo estes días. Igualmente no hall temos instalado un acceso directo ás distintas formas de prensa.
24 de febreiro, Día de Rosalía de Castro
A data do 24 de febreiro, a do nacemento da poeta, instaurouse nos últimos anos como DÍA DE ROSALÍA, a mellor maneira de homenaxear a esta escritora fundamental das nosas Letras. Na Solaina intentamos achegar a figura e a obra ao alumnado con exposición de traballos e mais con proxección de fotografías e música alusiva aos seus poemas.
PISTA DE EDUCACIÓN VIARIA INFANTIL E 1º E 2º PRIMARIA. FEBREIRO 2018
PISTA DE EDUCACIÓN VIARIA NO COLEXIO DA SOLAINA.
Esta semana os alumnos-as de 1º e 2º de educación primaria e tódolos alumnos-as de educación infantil, fixeron as súas clases prácticas de educación viaria na pista que temos habilitada no colexio.
Estiveron dirixidas polos axentes da policía local e unha monitora para que os alumnos-as coñezan e practiquen as normas de circulación,como peóns e tamén como condutores nos correpasillos,patinetes e bicicletas.
Ao remate destas clases prácticas tod@s obtiveron cadanseu carnet de POLICÍA INFANTIL. Agora hai que poñer en práctica todo o que aprendemos.
DÍA INTERNACIONAL DA LINGUA MATERNA
O 21 de febreiro celebramos o DÍA INTERNACIONAL DA LINGUA MATERNA. Este ano o foco da Solaina céntrase nas linguas románicas, fillas todas do latín e irmás do galego.
Na zona da entrada ao edificio proxéctanse de modo continuado durante todo o horario lectivo unha serie de vídeos de curta duración en varios deses idiomas: aragonés, asturiano, castellano, catalán, corso, francés, galego, italiano, occitano, portugués, romanés e sardo.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 21
- 22
- 23
- 24
- 25
- 26
- 27
- 28
- 29
- …
- seguinte ›
- última »