GEOMOVE ENQUISA CAMIÑOS SEGUROS-2

Xa temos a nova edición da enquisa de GEOMOVE para determinar os CAMIÑOS SEGUROS de ida e volta ao colexio.

Se queres colaborar participa completando a enquisa do teu colexio coa clave bordo, que atoparás no seguinte enlace.

MOITAS GRAZAS POLA COLABORACIÓN.  

 

                        

Día Mundial de Concienciación do Autismo

O 13 de abril asistimos en Ferrol ao Día Mundial de Concienciación do Autismo que se desenvolveu no Pavillón Polideportivo da Malata, organizado por ASPANAES. A rapazada de 3º e 5º fomos aos numerosos actos da xornada, como diversas intervencións, lecturas dun manifesto e da denuncia das barreiras, un baile pola diversidade e unha festa final. Podes ver as fotos no enlace.

 

SAÍDA AO ACUARIUM FINISTERRAE

O pasado mércores, 11 de abril, o alumnado de 4 anos fixo unha visita ao Aquarium Finisterrae da Coruña. A diversión e a sorpresa colmaron as aspiracións depositadas nesta visita. Pasámolo realmente ben e aprendimos moitísimo do mundo mariño. Para ver as imaxes dese día, pincha no enlace.

CHINTO NA SOLAINA

O xoves 5 de abril contamos coa presenza do autor Chinto na Biblioteca do centro. Falounos dos seus últimos libros: Minimaladas e Novas minimaladas. Podes ver no enlace a reportaxe fotográfica co alumnado de 3º nesta animación á lectura.

Visita da escritora María Canosa

Hoxe, 3 de abril, o alumnado de 6º curso da Solaina puido asistir a unha animación á lectura con María Canosa, escritora e, entre outras cousas, colaboradora do programa Coma un allo. Escoitamos a versión persoal sobre o seu libro Muriel e fixémoslle unha morea de preguntas. Podes ver as imaxes no enlace.

 

CALENDARIO EDUCACIÓN VIARIA 3 º TRIMESTRE.

                                     ACTIVIDADES EDUCACIÓN VIARIA

                                            3º TRIMESTRE 2017-18

 

DÍA MES ACTIVIDADE CURSO
MÉRCORES,4 ABRIL OBRADOIRO E XINCANA DE BICICLETA 3º 
 VENRES, 11 MAIO      MARCHA CICLISTA ESCOLAR.  3º,4º,5º e 6º

Participación no Erasmus+

Na semana do 5 ao 9 de marzo realizouse unha mobilidade a Bordeos no programa Erasmus+ (KA101), dentro do proxecto "Multilingüismo; a aprendizaxe de idiomas e a mellora da educación en Europa", organizado polo CFR de Ferrol. Na viaxe estiveron  implicados tres mestres do centro: Antón López Anca, Juan Carlos Sanjurjo e Xosé Nel Comba. Os participantes de centros públicos de Educación Primaria e Secundaria de Ferrolterra tiveron a oportunidade de mellorar a súa competencia lingüística na lingua francesa e mais achegarse ao sistema educativo francés e ás súa estratexas pedagóxicas no ámbito da música e das artes. Desde esta semana pódese visitar unha pequena exposición fotográfica e de materiais achegados na zona do hall do colexio.

DÍA DO NÚMERO PI

Desde o Equipo de Dinamización da Lingua Galega da Solaina, celebrouse hoxe, 14 de marzo (3/14 nos países de tradición anglosaxona), o Día do número Pi. Todos as clases de Primaria formaron varios grupos para concursar nuna xincana consistente en contestar ás adiviñas matemáticas propostas e conseguir unhas letras colocadas por todo o colexio. Ao final, cada grupo ordenou as letras e conseguiu formar unha palabra oculta.

Un ano máis, a experiencia foi ben positiva e todo o alumnado está a desexar que chegue o 3/14 do ano que vén para xogar outra volta co número pi.

SEMANA DA PRENSA

Do 6 ao 10 de marzo celébrase nos centros educativos galegos a 29º edición da Semana da Prensa na Escola. Na Solaina dámoslle visibilidade uns días máis para que o alumnado e o resto da Comunidade Educativa se familiaricen tanto coa prensa escrita coma a dixital, sempre tendo moi en conta o espírito crítico que se espera do fomento da lectura en forma de prensa, analisando e contextualizando as noticias que van saíndo estes días. Igualmente no hall temos instalado un acceso directo ás distintas formas de prensa.

Distribuir contido