Normalización lingüística, Concurso de contos de medo, Xogos Populares, O Entroido, Enlaces
DÍA DAS LETRAS
O venres 19 de maio celebramos o Día das Letras Galegas 2017, adicado este ano ao escritor Carlos Casares. Ademais, o alumnado de 2ºB deleitounos cunha adaptación do grupo Petit Pop e posteriormente interpretamos entre todos a canción A miña lingua sae do corazón.
IV CONCURSO DE DEBUXO ESTARRECEDOR "PASÁMOLO DE MEDO"
Para ver os debuxos premiados preme aquí.
Entroido 2017
Pincha no enlace para ver as fotos do desfile.
O 24 de febreiro, venres, celebramos o Entroido no cole da Solaina. Coma outros anos, realizamos un pasacalles polo barrio da Solaina. A saída será as 10:00 horas. O percorrido será o que aparece no plano. Pregamos as familias que non se metan no medio do desfile para procurar que non se retrase.
CANTIGA DO ENTROIDO
Se queres escoitar a cantiga preme no título.
Piripipi, Piripipi.
O Antroido xa chegou, bis
o Antroido xa está aquí
Aí veñen eses indios,
seguidos polos exipcios.
Os hippies con tantas cores,
os hippies con tantas cores
reparten bicos e flores.
Piripipi, Piripipi.
O Antroido xa chegou, bis
o Antroido xa está aquí
Chegamos os da prehistoria,
avanzamos ata Roma.
Cabaleiros e castelos,
cabaleiros e castelos.
Atopamos o medievo.
Piripipi, Piripipi.
O Antroido xa chegou, bis
o Antroido xa está aquí
Navegando os viquingos
chegaron ata a Solaina.
Os incas os esperaban,
os incas os esperaban
pra comer a laconada
Piripipi, Piripipi.
O Antroido xa chegou, bis
o Antroido xa está aquí
O colexio celebra o Día das Letras Galegas
No CEIP A Solaina organizouse, como é habitual, un programa de actividades para conmemorar o Día das Letras Galegas 2016 ao redor do autor ao que se lle adica cada ano. Como nesta ocasión estaba adicado ao poeta lucense Manuel María, traballouse nas aulas acerca da súa vida e da súa obra.
Proposta de traballo do Departamento de Normalización Lingúística
O 20 de maio de 12.00 ata as 14.00h. o alumnado e profesorado do centro xuntámonos no patio principal para desenvolver o programa de actividades. Houbo dende cancións, representacións teatrais, recitais dos seus versos...
A xornada rematou coa interpretación musicada do poema "O carro" e cun forte aplauso común de todos os participantes.
Homenaxe a Manuel María no recuncho da biblioteca .
Día do número pi
Organizado polo equipo de Dinamización da Lingua Galega da Solaina, celebrouse durante a mañá de hoxe, 14 de marzo (3/14 nos países de tradición anglosaxona), o Día do número Pi. Todos as clases de Primaria formaron varios grupos para concursar nuna xincana consistente en contestar ás adiviñas matemáticas propostas e conseguir unhas letras colocadas por todo o colexio. Ao final, cada grupo ordenou as letras e conseguiu formar unha palabra oculta.
A experiencia foi moi positiva e xa estamos desexando que chegue o 3/14 do ano que vén para xogar outra volta co número pi.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- seguinte ›
- última »