Complementarias
Maios 2014
O venres, día 23, o alumnado celebrou Os Maios 2014. As actividades desenvolvéronse na biblioteca dende media mañá. O alumnado de educación infantil e o do 1º ciclo de primaria poido gozar coa representación teatral dos nenos de 4 anos, poesías de produción propia, intrepretación da canción de Don Quixote (1º curso ) e, finalmente, o Himno Galego (1º B).
O alumnado do 2º e 3º ciclo escoitaron a interpretación dunha peza musical, viron a obra de teatro de Gianni Rodari "A cadeliña que non sabía ladrar", cantaron a canción "Esa lus" do IES "Poeta Díaz Castro"
de Guitiriz e, finalmente, en karaoke, o Himno Galego de María do Ceo.
Plantación na Solaina
Durante os días 12 e 13 de marzo, todo o alumnado de Infantil e Primaria participou nunha nova plantación de árbores no recinto escolar. En colaboración con Voz Natura procedeuse a darlle un espazo a varias especies, tanto de folla caduca como perenne. En concreto, os exemplares plantados foron abetos, magnolios, e diversas árbores froiteiras: maceiras, ameixeiras, pereira, kumquat, mandarino, paraguaio, e feixoa. Nos próximos días procederase a asentar igualmente unha nogueira, un acivro e un pexegueiro.
A plantación estaba prevista inicialmente para os últimos días do mes de xaneiro, coincidindo co día da paz. Como a o tempo foi especialmente adverso durante os últimos meses, optouse por demoralo ata esta semana.
Agora só queda coidar de cada exemplar, tanto dos asignados a cada unha das clases como ás do resto do alumnado. Por iso vos pedimos un esforzo de atención e agarimo coas árbores do recinto escolar. Queremos que a sensibilidade amosada coas árbores e as plantas máis achegadas ao entorno nos axuden a amalas e respectalas fóra do recinto escolar. Pode ser unha boa aprendizaxe para toda a vida.
Entroido 2014 na Solaina
Hoxe, 27 de febreiro, o CEIP A Solaina celebrou o Entroido 2014 cun percorrido polo barrio de Santa Icía.
O alumnado, xunto coas súas familias e a veciñanza, desfrutou deste día.
Imaxes da galería.
Entroido 2014
Neste día, 18 de febreiro, o tempo de lecer de media mañá resultou diferente ao habitual. O motivo foi o inicio do Entroido 2014.
Na procura de manter a tradicción e seguindo o Ciclo do Entroido, comezamos co Domingo Fareleiro. O alumnado disfrutou xogando entre eles a botarse a fariña que recolleron nas súas mans no momento de saír ao recreo.
¡Bo entroido a todos e todas!
Imaxes do acto.
- Ciclo festivo do entroido
- Entroido gastronómico
- Letra e música da cantiga do entroido 2014 na Solaina
- Circular organización día 27
1º mandato do Meco
2º mandato do Meco
3º mandato do Meco
4º mandato do Meco
30 de Xaneiro. Día da Paz
Este xoves, 30 de xaneiro, os nenos e nenas do colexio da Solaina celebraron a Paz regalando un sorriso, regalando soños; queren pintar o mundo de cores novas .
Ao longo da semana foron moitas as actividades que se levaron cabo nas aulas para culminar neste día con diversos actos.
O alumnado de 6º de EP foi o encargado de ensinarnos a todos o que representa a figura de Nelson Mandela. Para elo, a biblioteca foi o escenario elexido para amosarnos a todos nós as súas aprendizaxes.
Para finalizar a mañá, todos xuntos escoitamos o manifesto pola Paz escrito polo alumnado de 6º de EP á vez que cantamos: "Hecho con tus sueños" do grupo Efecto Pasillo & Leire acompañado dun baile que representaba un sorriso.
Samaín e Magosto 2013
O pasado venres, día 15 de novembro, o centro vestiuse de festa para celebrar o Samaín e o Magosto 2013.
Dende as 11:45 horas da mañá, os rapaces e rapazas participaron nun circuíto de xogos populares (birlos, paracaídas, tunel do medo... ) dirixidos polo alumnado de 6º e, como manda a tradición, non faltaron as castañas!
Actividade: "Que non arda o noso monte"
O venres 10 e o luns, 13 de maio, a visita dun grupo de membros do Distrito Forestal I - Ferrol- fixo que o alumnado pasase unha agradable e didáctica xornada.
Membros do grupo explicaron ao alumnado como é o día a día dos homes e mulleres que, cando hai un lume nos nosos montes, traballan arreo para apagalo e minimizar os seus danos. Por outra banda, insistiron na importancia da prevención dos lumes.
Os nenos e nenas quedaron sorprendidos de como con pequenos xestos ao alcance da súa man, tales como apagar ben o lume despois dunha fogueira, extremar precaucións coas cabichas...poden contribuir a coidar os nosos montes e evitarlles este tipo de danos.
O incendio de hai un ano nas nosas queridas Fragas do Eume estivo moi presente durante a charla.Visualizaron imáxes do acontecido, da súa orixe e desfrutaron cunha presentación titulada O home do lume que serviu a todos nós para formarnos máis polo miúdo sobre este tema.
Esta visita tivo, ademais, un interesante compoñente práctico pois durante uns minutos os rapaces formaron parte da súa propia brigada antiicendios.
Visita do alumnado de CEE Terra de Ferrol
Representación: " A tartaruga que quería durmir" on PhotoPeach
O xoves 9 de maio un grupo de nenos e nenas do CEE Terra de Ferrol representaron para o alumnado de Infantil o conto tradicional "A tartaruga que quería durmir". O alumnado acudiu acompañado de mestras destinadas con anterioridade no noso centro.
O teatro sempre é unha ferramente para facernos reflexionar, e neste caso, a través desta representación puidemos desfrutar e valorar importancia da amizade.
Pola nosa banda, quixemos agradecerlles a súa visita e dedicación co agasallo dun par de contos que lles entregamos con grande satisfacción.
¡Moitas grazas pola vosa visita e xa sabedes que as portas do colexio están sempre abertas para vós!
Os Maios na Solaina
Un ano máis no noso centro se lle dá a benvida ao bo tempo coa tradicional "Festa dos Maios"que
se iniciou estes primeiros días do mes das flores, como manda a tradicción.
Os máis pequenos puideron disfrutar da elaboración do orixinal "Maio".
Estas composicións fixéronse con flores, herbas, froitas... de materiais de reciclaxe e funxible.
Como broche final, a mediados de mes, celebrarase unha actuación especial
na que dende Educación musical estase poñendo todo o interese para que sexa un gran acontecemento!
Elaboración do Maio 1º ciclo e Educación Infantil.
Rosalía de Castro na voz dos nenos
Pola súa importancia para a nosa cultura, Rosalía de Castro é unha figura á que no colexio prestámoslle especial atención.
Estes días, con motivo do 176 aniversario do seu nacemento e do 150 da edición de "Cantares Gallegos", estamos levando a cabo o noso particular homenaxe a esta emblemática poetisa.
Como obxectivo? que os máis pequenos vaian coñecendo aspectos da vida e obra de Rosalía, tales como a súa importancia no denominado "Rexurdimento galego", a súa visión da paisaxe e natureza de Galicia, a súa vinculación con lugares como Padrón ou Santiago de Compostela... aspectos que, agardamos, sirvan para incrementar o coñecemento dos nenos e nenas da Solaina e para que que vaian coñecendo a apreciando a fermosura de versos como...
Adiós ríos, adiós fontes,
adiós regatos pequenos...
Imaxes na aula