Escolares, Ed. física, Idioma extranxeiro, Infantil, Música, 1º Ciclo, 2º Ciclo, 3º Ciclo, Relixión
DATCHBALL
DATCHBALL EDUCACIÓN FÍSICA-PRIMARIA
0.
QUE É O DATCHBALL?.
O obxectivo é eliminar a todo o equipo contrario. Un partido xógase ao mellor de 3 xogos.Non hai tempo limitado do partido.
1.
EQUIPOS.
Xogan dous equipos por partido. Formados entre 4 a 12 xogadores-as.
Sempre son equipos mesturados de nenos e nenas.
2.
PISTA DE XOGO.
Xógase nunha pista rectangular dividida en dúas partes iguais.Tanto no interior como no exterior. Cada partida xogada se cambia de lado do campo e poden saír da posición que desexen,pero sempre tocando a parede, senón é así as pelotas serán para o outro equipo.
3.
COMEZO DO PARTIDO.
O terreo está dividido en dúas partes,separadas por unha liña central.
Cada equipo ten o seu campo e ten que tocar a parede con algunha parte do seu corpo.
Ao sinal do árbitro, poden ir a polas 3 pelotas situadas na metade do campo.
4.
REGRAS DO ATAQUE.
O xogador debe lanza-la pelota coas mans e golpeala con elas, non se permite golpear co pé.
Os xogadores poden moverse libremente polo seu campo para atacar ou defenderse, pero sen toca-la liña central nin o campo contrario, de ser así estará eliminado.
O equipo que teña a posesión da pelota non pode rete-lo xogo, está obrigado a lanzala, si un equipo ten dúas e outro unha , o de dúas está obrigado a lanzar primeiro.
Para atacar debe golpear a un contrario coa pelota, e así ir eliminando a todo o equipo.
Para eliminar a un contrario a pelota debe tocar no corpo e despois tocar no chan, parede ou teito.
Os xogadores eliminados débense colocar na banda lateral, na mesma orde na que foron eliminados, salvándose nesa mesma orde.
Cando un xogador está eliminado, non pode toca-la pelota ou pasala a un compañeiro.
Está prohibido lanzar intencionadamente a pelota á cabeza de un xogador.
Os xogadores de un equipo pódense pasa-la pelota e non se poden eliminar entre eles.
Si un lanzamento toca a dous ou máis xogadores antes de toca-lo chan, todos están eliminados.
5.
REGRAS DA DEFENSA.
Para defenderte do outro equipo, podes moverte, tirarte, deslizarte ou saltar por todo o campo para esquivar os lanzamentos.
Cando un xogador ten a pelota no seu poder, pódea usar como escudo defensor, collendo a pelota e desviando os lanzamentos do equipo contrario.
Si a pelota que desviaches dáche a ti ou a un compañeiro e toca o chan, estás eliminado.
Para salvar a un compañeiro debes coller a pelota de un tiro directo de un contrario, é dicir, que non toque nin no chan nin na parede.
Así salvas a o primeiro compañeiro que foi eliminado, e si non hai ninguén, as vidas non se gardan.
Si ao intentar coller unha pelota polo ar, ésta che cae das mans , estás eliminado tamén.
Si a pelota golpea a un compañeiro e a colles antes de que caia ao chan, tes salvado a ese compañeiro e tamén ao primeiro que estivese eliminado.
Os xogadores poden coller as pelotas do campo contrario, sempre e cando non toquen a liña(corda) nin o outro campo.
Os xogadores só poden saír do campo para colle-la pelota que sae do campo.Esperando a que entres no campo para lanza mentres isto ocorre.
SAÍDA AO ACUARIUM FINISTERRAE
O pasado mércores, 11 de abril, o alumnado de 4 anos fixo unha visita ao Aquarium Finisterrae da Coruña. A diversión e a sorpresa colmaron as aspiracións depositadas nesta visita. Pasámolo realmente ben e aprendimos moitísimo do mundo mariño. Para ver as imaxes dese día, pincha no enlace.
Graduación do alumnado de 6º de Educación Infantil
buscando el sol pequeño from Roi Louzan Lema on Vimeo.
singin in my body from Roi Louzan Lema on Vimeo.
Excursión de 5º a Mañón
O mércores 14 de xuño o alumnado de 5º curso da Solaina fixo un percorrido por Mañón, concello limítrofe coa Mariña luguesa. Primeiro visitaron o faro da punta da Estaca de Bares (o punto máis ao norte da península) e despois a praia e coído de Bares. O día acompañou e á volta houbo que botar un pouquiño de crema aftersun.
VISITA A SANTIAGO DE COMPOSTELA
O 6 de xuño deste curso o alumnado de 3º realizou unha viaxe a Santiago de Compostela. Nun primeiro momento foron ás instalacións de MeteoGalicia (ver rerpotaxe na TVG) e posteriormente ao MUPEGA. Xantaron no Monte da Condesa e na tarde pararon na praia de Miño. Á volta no colexio todo eran caras alegrese de ledicia.
CONVIVENCIA 4º (ÚLTIMO DÍA)
Unha mañá de animais e multixogos no bosque!
Os nenos e nenas alimentaron aos animais e xogaron por grupos con materiais atopados na natureza.
Agora están descansando e nun rato farán xogos populares. Despois da merenda, sobre as 18.00h, sairán de regreso para chegar ao lugar de partida sobre as 19.30.
CONVIVENCIA 4° (1° DÍA)
Esta tarde pasáronno moi ben no rocódromo, na tirolina e na piscina... que ben lles sentou o chapuzón!!
Agora están disfrutando da velada na que participan nun xogo empregando un mapa do contorno.
Estanno pasando xenial!!
CONVIVENCIA 4º (1º DÍA)
O alumnado de 4º pasou unha mañá estupenda e moi divertida. Despois de chegar e instalarse nas habitacións, fixeron unha ruta con GPS polo monte.
Neste momento están comendo! Despois toca facer un pequeno descanso e continuar coas actividades programadas para a tarde.
XORNADA DE TENIS DE MESA NA SOLAINA. 7-4-2017
O venres 7 de abril tiveron lugar no pavillón do colexio unhas sesións demostrativas do xogo do tenis de mesa.
Estiveron a cargo do monitor e tres xogadoras do clube de tenis de mesa Narón.Asistiron os alumn@s de terceiro e cuarto cursos de primaria que poideron coñecer e practicar este deporte.Así o amosan as imaxes nos arquivos adxuntos.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »