Día da Enfermidade Celíaca
Este xoves 16 de maio celébrase o Día da Enfermidade Celíaca e desde Jardanay queren axudar a dar visibilidade a esta patoloxía cambiando o menú xeral a un sen glute e realizando actividades sobre a celiaquía coa cativada no comedor.
Cambio de menú
Para ofrecer un menú sen glute, modifícase a guarnición do segundo prato previsto no menú do xoves (codillo ao forno con macarróns), substituíndo a pasta por arroz. O primeiro prato (crema de verduras) e a sobremesa (froita de tempada) mantéñense sen cambios.
Así, o menú queda da seguinte forma:
- Primeiro prato: crema de verduras.
- Segundo prato: codillo ao forno con arroz.
- Sobremesa: froita de tempada (pera).
Día do libro: Bookface
Enviado por Lara o Lun, 04/29/2024 - 17:05Este ano polo día do libro decidimos animarvos a participar coa vosa propia bookface. Pois aquí están os resultados! Quedaron chulísimas, moitísimas grazas pola implicación e participación.
Club de lectura
Enviado por Lara o Lun, 04/15/2024 - 11:23En abril Os descubridores de letras tivemos xa a nosa reunión do club de lectura. Nesta sesión estivemos falando e opinando sobre o libro Bruxa e familia de Paula Carballeira.
Recordades que tiñamos o reto de facer un knolling literario? Pois este foi o resultado do noso:
Para a próxima sesión do mes de maio, decidimos levar o libro "Nata y chocolate" de Alicia Borrás. Toca desfrutar de novo coa lectura dun libro. A por el!!!!
Visita de Andrea Maceiras
Enviado por Lara o Lun, 04/15/2024 - 11:00Este mércores 10 de abril tivemos a sorte de contar no centro coa visita da escritora Andrea Maceiras.
Estivo falando co alumnado de 6º de primaria sobre un libro seu: Alma de elefante.
Explicou como nunha viaxe por Asia e a partir dun debuxo que atopou, xurdiu a idea de escribir este marabilloso libro. Axudounos tamén cunha meditación guiada a atopar a alma do animal que cada un leva dentro.
Coma sempre que nos acompaña, foi un verdadeiro pracer poder escoitala e desfrutar con ela novamente do libro dende un punto de vista diferente.
Grazas Andrea e ata pronto!!
Menores e pantallas. Principais riscos e orientacións para as familias
O Concello de Narón está a levar a cabo este curso 2023/2024 un proxecto co obxectivo principal de dotar a poboación de menores do Concello e as súas familias das ferramentas necesarias para evitar condutas adictivas relacionadas co uso das novas tecnoloxías.
Conscientes da importancia do papel das familias no proceso de educación e maduración dos seus fillos e fillas, convócase a todas as familias dos menores escolarizados neste Concello a sesión “Menores e pantallas. Principais riscos e orientacións para as familias“.
Esta iniciativa pretende ser un espazo de reflexión e orientación sobre o uso problemático da tecnoloxía.
Co obxectivo de poder facilitar a asistencia das familias, ofértase un servizo de conciliación durante a sesión que deberá solicitarse no teléfono 613196841 ou 639099457.
- MENORES E PANTALLAS. PRINCIPAIS RISCOS E ORIENTACIÓNS PARA AS FAMILIAS
MARTES 9 DE ABRIL – 17:00 horas
LUGAR: Salón de actos do CEIP A Gandara
Persoas destinatarias: Familias con alumnado nos centros de ensino de Narón.
Para realizar a inscrición a esta sesión, podes facelo no seguinte enlace: https://forms.office.com/e/JdhPAvJEAH
Día mundial da concienciación sobre o autismo_2024
O martes 2 de abril de 2024 celebramos o Día mundial da concienciación sobre o autismo traballándoo na aula e decorando as xanelas con globos azuis.
Clube de lectura: os descubridores de letras.
Enviado por Lara o Mér, 03/13/2024 - 12:49Ola a todos e todas!
Dende a nosa biblio comezamos unha nova actividade de animación á lectura con alumnos e alumnas de 6º: un clube de lectura.
Comezamos en xaneiro cunha primeira sesión na que comimos xuntos e falamos un pouquiño para coñecer os nosos intereses, así como os nosos gustos á hora de ler.
Así mesmo, asinamos un acordo para participar no clube coas normas básicas e compromisos que asumimos. Eliximos tamén entre todos a través dunha votación o nome do noso clube e agora somos: Os descubridores de letras.
O primeiro libro que seleccionamos para ler foi Charlie y la fábrica de Chocolate de Roald Dahl.
A segunda sesión fixémola en febreiro e falamos sobre o libro escollido, comentando o que máis nos gustou, as cousas que nos chamaron a atención, as personaxes, os valores que nos transmiten, etc.
Ademais, xogamos a describir as diferentes personaxes a través dunhas cartas con imaxes. Pasámolo xenial e escollimos libro para a seguinte sesión: Palabras de Caramelo.
A terceira sesión foi no mes de marzo. De novo comimos xuntos e, ademais, unha compañeira trouxo unhas galletas feitas por ela, que estaban boísimas.
Falamos sobre o libro escollido e realmente emocionounos moito, incluso algúns chegamos a chorar. Para entender mellor a situación que trata este libro estivemos aprendendo sobre a orixe dos campamentos de refuxiados no Sáhara, as súas condicións de vida, costumes, educación... e vimos algún curto que se fixo a partir do libro.
Intentamos poñernos na pel do pratoganista, Kori, que era xordomudo, xogando a tratar de comunicarnos soamente lendo os beizos ou con xestos.
O libro que levamos para ler neste próximo mes é Bruxa e familia de Paula Carballeira. Ademáis de lelo temos un reto no que debemos mostrar as nosas dotes creativas. Imos facer un Knolling literario con el. Non sabedes o que é? Pois picade no enlace e decubrídeo. Contarémosvos máis na próxima sesión. Estamos desexando que chegue!
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »