RELACIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL PARA O CURSO 2019-2020
Material 1ºEP (rectificado o 01/07/2019).
Material 2ºEP (rectificado o 01/07/2019).
Material 3ºEP. Material para o primeiro día de clase.
Material 4ºEP. Material para o primeiro día de clase.
Calendario de entrega de libros:
ABERTO O PRAZO DAS AXUDAS MUNICIPAIS PARA MATERIAL ESCOLAR
Aberto o prazo ata o 8 de xullo para solicitar as axudas municipais de material escolar para o curso 2019-2020.
As solicitudes poden presentarse :
- Na sede electrónica do Concello de Narón.
- No Rexistro Xeral do Concello, segundo modelo facilitado ao efecto.
- Por calquera outro dos medios previstos no art. 16 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.
Festa fin de curso
O venres 21 foi o derradeiro día do presente curso escolar. Xogamos o tradicional partido de fútbol entre o profesorado e o alumnado de 6º e despois gozamos das actividades programadas para toda a mañá.
Toca verán: FELICES VACACIÓNS!
Volvemos o 11 de setembro.
CAMIÑOS ESCOLARES :TROCO DAS "PEGADAS" POLOS AGASALLOS.
O Concello de Narón ven de facer o balance do programa “Camiños Escolares Seguros” unha vez se aproxima o fin de curso: un total de 859 alumnos/as dos colexios de Piñeiros, Ponte de Xuvia, Jorge Juan e A Solaina participaron nesta iniciativa, o que supón unha adhesión superior ao 90% do alumnado destes centros.
Os nenos/as recibiron unha “Pegada” (un punto) por cada día que acudiron ao cole en bici, patinete ou camiñando e agora dispoñen ata o 15 de xullo para trocalas por agasallos.
O catálogo pode consultarse na web: http://pegadas.naron.es ou na aplicación “Pegadas”, dispoñible para dispositivos Android.
VISITA AO COLEXIO DOS GRUPOS DO PROXECTO ON YOUR BIKE! ABRIL 2019
O CEIP A SOLAINA de Narón participa como socio no proxecto europeo de educación viaria ON YOUR BIKE! dentro do programa ERASMUS +, xunto a outros dous colexios e mailo Concello de Narón.
O martes día 9 de abril recibiremos no colexio a visita dos grupos de alumnado e profesorado dos diferentes países que participan neste proxecto.
CALENDARIO ACTIVIDADES ED. VIARIA. 3 º TRIMESTRE.
PROGRAMA "APRENDO PEDALEANDO".
3º TRIMESTRE.CURSO 2018-19.
DIA |
MES |
ACTIVIDADE |
CURSO |
VENRES, 3 |
MAIO |
XII MARCHA CICLISTA ESCOLAR |
3º,4º,5º e 6º E.P. |
XOVES,16 |
MAIO |
VISITA AO TANQUE DE TORMENTAS |
5º E. P. |
MÉRCORES,5 |
XUÑO |
OBRADOIRO DECORACIÓN DE CASCOS |
1º e 2º E. P. |
MÉRCORES,5 |
XUÑO |
VISITA E OBRADOIRO MEDIOAMBIENTAL |
6º E.P. |
MARTES, 11 |
XUÑO |
TALLER DE BICIS |
6º E.P. |
LUNS,17 |
XUÑO |
VISITA IES AS TELLEIRAS |
6º E.P |
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 15
- 16
- 17
- 18
- 19
- 20
- 21
- 22
- 23
- …
- seguinte ›
- última »