Información
O PLANETARIO MÓBIL NA ESCOLA
Durante esta semana tivo lugar no noso centro a actividade "O PLANETARIO MÓBIL NA ESCOLA: O SISTEMA SOLAR" promovida polo Servivio Sociocomunitario do Concello de Narón dentro dos recursos educativos de apoio á escola.
Despóis dunha proxección na biblioteca sobre o Universo e o Sistema Solar os nenos acudiron ao ximnasio onde estaba instalado un planetario móbil onde podían entrar e practicar sobre a rotación e traslación dos planetas.
DÍA INTERNACIONAL DO POBO XITANO
O 8 de abril de 1971, instituíuse en Londres a bandeira e o himno do pobo xitano. O colexio da Solaina, deséxalles un feliz 40º aniversario. Para conmemoralo, o alumnado de 2º A e 2º B fixeron unha homenaxe dibuxando a súa BANDEIRA. Posteriormente, colocouse no hall do colexio, asistindo ao acto Paula Paz, representando ao Secretariado Xitano de Narón. O alumnado de segundo aprendeu a volorar a diversidade do colexio e da sociedade na que vivimos e a respectar todas as maneiras de enfrontarnos á vida. A túa cosmovisión do mundo non é como a miña, a miña non é como a túa. E aínda así, a quen lle toca pandar.
Programa: "APRENDO PEDALEANDO".
Os/as alumnos/as de 6º curso tiveron ocasión hoxe, 17 de marzo, de coller a bici e dar un paseo urbano por Narón dentro do programa Aprendo pedaleando. O evento foi organizado polo equipo de educación viaria do Concello de Narón.
Animación á lectura con Mar Guerra
Mañá, mércores 16 de marzo, ás 9:50 recibiremos a visita da escritora Mar Guerra, autora do libro Xenaro e a hucha do indiano. Vai aisistir o alumnado de 6º curso.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- 17
- 18