ADORNA O TEU PATINETE OU BICI POLO NADAL 2019.
Como o ano pasado, este Nadal podes adornar o teu patinete ou bici con motivos navideños para pasalo ben cos teus amigos.
Se queres, podes enviar as túas fotos ao seguinte correo: seguridadevial@naron.es
Anímate, xa que ademais, os adornos máis imaxinativos levarán tamén un pequeno agasallo.
BOAS FESTAS E FELIZ ANO 2020.
CAMPAÑA SOLIDARIA DE DOAZÓN DE BICIS 2019.
Como cada ano nestas datas, o Equipo de Educación Vial do Concello de Narón fai a campaña:
"A TUA VELLA BICI VALE UN SORRISO"
Con esta iniciativa pretendemos recoller bicis, patinetes, bicis estáticas que xa non teñen uso no fogar para que poidan ser utilizadas por outras nenas e nenos ou adultos.
Este ano estas bicis serán recollidas e doadas para tódolos colexios de Narón, para que os nenos e nenas do propio colexio en caso de que non teñan bici ou calquera outra causa podan facer uso dunha nas actividades que se realizan no colexio como marchas ciclistas ou talleres de aprendizaxe do uso e manexo da bicicleta.
Informamos ás familias para que teñan coñecemento desta iniciativa e se queren doar bicicletas ou patinetes o fagan deixándoas no propio colexio ou na nosa oficina de Educación Vial no Concello de Narón en horario de 9 a 13:30 horas tódolos días da semana.
A data límite para esta entrega de bicis, patinetes ou bicis estáticas será ata o 20 de decembro. GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN
CONSELLO DE PARTICIPACIÓN INFANTIL DO CONCELLO DE NARÓN.26-11-2019
Fonte: Concello de Narón
Os vinte nenos e nenas de centros de ensino da cidade que integran o Consello de Participación Infantil desprazáronse onte ao Concello para participar nunha nova sesión do citado organismo. Persoal técnico do Consistorio e o edil responsable da área de Obras, Pablo Mauriz, reuníronse co colectivo, que presentou as súas propostas en materia de Medio Ambiente e Mobilidade sostible. Os docentes dos centros estiveron tamén no Concello reunidos coa axente da Policía Local e integrante do equipo de Educación Viaria de Narón, Sonia López.
O pasado mes de outubro constituíuse oficialmente no salón de plenos do Consistorio o Consello de Participación Infantil de Narón, do que forman parte nenas e nenos de quinto e sexto curso de Primaria dos colexios Ayala, CRA do Val, O Feal, A Gándara, Jorge Juan, Piñeiros, Ponte de Xuvia, Santiago Apóstol, A Solaina e Virxe do Mar. Dende entón os escolares estiveron traballando nas aulas e elixiron unha proposta a levar a cabo na cidade na área de Medio Ambiente e outra de Mobilidade Sostible, que deron a coñecer na xornada de onte.
Un sistema semafórico intelixente cunha APP que envíe notificacións ás persoas con discapacidade, máquinas para reciclar plástico a cambio dunha recompensa, facer peonís tramos de rúas un día á semana, e hortas saudables son algunhas das propostas plantexadas e sobre as que continuarán traballando nos vindeiros meses os alumnos e alumnas dos centros implicados nesta iniciativa.
Finalmente, no mes de abril, está previsto celebrar outra xuntanza no Concello do Consello de Participación Infantil, na que presentarán os seus proxectos máis desenvolvidos (con valoracións económicas, colectivos aos que se dirixen, etc.). En xuño, antes do remate do curso escolar, procederán a realizar un informe final.
A iniciativa enmárcase no proxecto “Cidade dos Nenos”, impulsado por Francesco Tonucci no ano 1991 e á que se adheriu o Concello de Narón no ano 2015.
CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE ROUPA DE SEGUNDA MAN E CALZADO
A Solaina segue a colaborar coa Fundación GLORR na CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE ROUPA DE SEGUNDA MAN E CALZADO.
O día de recollida é o 29/11/19.
CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE XOGUETES
A Solaina colabora novamente co Concello de Narón na Campaña de Recollida de xoguetes a favor do Centro de Recursos Solidarios de Narón. As familias poden colaborar nesta campaña doando xoguetes en bo estado que logo serán repartidos entre as familias máis necesitadas de Narón. Pódense depositar nos espazos habilitados no colexio desde o 18 de novembro ata o 20 de decembro.
ESCOLAS NO CAMIÑO
O alumnado de 4º e 5º de EP participa este ano, dentro do programa municipal Escolas no Camiño, en varios eventos relacionados coa posta en valor do Camiño Inglés a Compostela. O 9 de outubro recibiron unha charla informativa a cargo do historiador Andrés Pena e o martes 22 participaron na ruta polo tramo naronés do Camiño Inglés.
CONSELLO DE PARTICIPACIÓN INFANTIL DO CONCELLO DE NARÓN.
O Concello de Narón ven de propoñer aos participantes nos programas de educación viaria unha nova forma de participación cidadá:
CONSELLO DE PARTICIPACIÓN INFANTIL. C.P.I. DE NARÓN.
Fonte:Concello de Narón
Así @s alumn@s de tódolos colexios poderán facer as súas propostas e suxestións nos temas que consideren oportunos para mellora-la vida cotiá como veciñ@s de Narón.
Estas propostas serán levadas a unha sesión plenaria na que cada voceir@ poderá expoñelas ao resto de representantes tanto escolares como municipais.
+ INFO premendo na imaxe .
EDUCACIÓN VIARIA. CALENDARIO DO 1º TRIMESTRE 2019-20.
ACTIVIDADES "APRENDO PEDALEANDO"
CALENDARIO 1º TRIMESTRE.CURSO 2019-20
DÍA | MES | ACTIVIDADE | CURSO |
VENRES,15 |
NOVEMBRO |
APRAZADA VISITA EN BICI AO CIRCUITO DE INERCIA (PUMP TRACK) |
4º |
MÉRCORES,20 | NOVEMBRO |
OBRADOIRO MEDIOAMBIENTAL EN PARQUE FERROL |
5º |
VENRES,22 | NOVEMBRO | MARCHA EN BICI POLA IGUALDADE DE XÉNERO DO CONCELLO DE NARÓN. | 5º 6º |
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 14
- 15
- 16
- 17
- 18
- 19
- 20
- 21
- 22
- …
- seguinte ›
- última »