ENTROIDO 2021

Ola, familias!

Na semana do 8 ao 12 de febreiro celebraremos o Entroido. Desde o luns ata o xoves faremos o Meco, pero os mandatos non serán acumulativos (por mor das medidas hixiénicas e sanitarias vixentes).

O luns traeremos calcetíns desparellados  por encima do pantalón.

O martes, zapatos desparellados.

O mércores, colares, pulseiras, coroas ou similar.

O xoves, pixama, bata ou camisón.

O venres cada un elixiremos ao noso superheroe da pandemia (médica, policía, enfermeiro, bombeira, caixeiro de supermercado, servizo de limpeza,...) para crear o noso disfrace.

O venres quen queira poderá traer un doce típico do Entroido para tomar á hora da merenda, iso si, sen compartir.

Grazas pola vosa colaboración.

Equipo de Actividades Extraescolares e Complementarias.

Día da Paz 2021

A semana pasada estivemos traballando no cole o Día Internacional da Non Violencia e da Paz. Este ano 2021 dedicámolo a coñecer a Wangari Maathai, activista medioambiental queniana. Deixámosvos aquí este vídeo cun achegamento ao traballo que se fixo no cole.

Fin do primeiro trimestre

Desde o Claustro do CEIP A Solaina queremos agradecerlle a toda a comunidade educativa o esforzo realizado nestes meses e a comprensión polas dificultades que condicionaron este primeiro trimestre. É de destacar a enorme lección que está a darnos a rapazada coa súa capacidade de adaptación ás novas circunstancias e co seu respecto escrupuloso das medidas sanitarias adoptadas.

Por todo isto e moito máis, esperamos que as vacacións nos axuden a todos e a todas ao descanso gañado e á desconexión merecida. E que o 2021 chegue con novos folgos...

FELICES FESTAS

VOLVEMOS EN XANEIRO

 

III OLIMPIADAS ESCOLARES VIRTUAIS 2020.

 

Dende o pasado mes de novembro, varios colexios de Narón veñen preparando as olimpiadas virtuais organizadas polo equipo de Educación Viaria do concello de Narón asesorado pola  Confederación Nacional de Autoescuelas CNAE.

Constan de dúas fases: na primeira unha xincana ciclista sobre un circuito de habilidades e na segunda fase un cuestionario sobre temas de educación viaria,patrimonio cultural de Narón,medio ambiente,matemáticas e inglés.

@s alumn@s de 5º curso de primaria do colexio A Solaina veñen de acadar o terceiro posto nas III OLIMPIADAS ESCOLARES VIRTUAIS  2020. 

¡ PARABENS A TOD@S !

CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE XOGUETES

Un ano máis actívase polas datas do Nadal a Campaña de merca e entrega de xoguetes  2020 para as familias máis desfavorecidas, impulsada polo centro de Recursos Solidarios de Narón, en colaboración co Concello de Narón. Este ano non se depositarán xoguetes no centro, as familias poden participar nesta campaña aportando a súa colaboración nos puntos que se propoñen na información adxunta.

Información da campaña.

Impreso de solicitude.

"VISTE A TÚA BICI OU PATINETE DE NADAL". DECEMBRO 2021

 

 

 BASES DECORA A TÚA BICI OU PATINETE DE NADAL 2021

Como cada Nadal, dende fai uns anos, imos realizar a campaña de decora a túa bici ou patinete de nadal dende o departamento de Educación Vial no Concello de Narón.

Para proceder a elo contamos con: CEIP A Solaina, CEIP Virxe do Mar, CEIP Piñeiros, CEIP A Gándara, CPR Santiago Apóstol, CPR Jorge Juan, CPI Feal, CEIP Ayala, CRA O Val e CEIP Ponte de Xubia.

A campaña comeza o día 01/12/2021 até o 21/12/2021 (ambos inclusive). Poderán participar todos aqueles escolares matriculados nos centros (infantil, primaria, secundaria).

PROCEDEMENTO

Para poder participar na liga todos os nenos e nenas deberán acudir ao centro escolar en bicicleta ou patinete decorado de nadal.

Para poder participar con dereito a premio deberase mandar unha foto na entrada do colexio da bici ou patín decorados de nadal ao correo do departamento de Educación Viaria ( seguridadevial@naron.es ), só entrarán na participación con dito premio todos aqueles que mandan a respectiva foto a ese correo, todos os que a envíen levarán un regalo. En dito correo deberá constar o nome e apelido da/o nena/o a participar, o centro escolar e o curso

 ANÍMATE E PARTICIPA.

 

"A TUA VELLA BICI MERECE UN SORRISO"


Aproveitamos para informar tamén da campaña para a recollida de bicicletas, patinetes e bicis estáticas usadas e en bo estado.

 

 

MOITAS GRAZAS POLA COLABORACIÓN.

 

Samaín 2020

Despois de moito ensaiar para o Samaín, ofrecemos as terroríficas actuacións dos monstriños de 6º e 5 anos:

 

VII MARCHA VIRTUAL POLA IGUALDADE E CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO. CONCELLO DE NARÓN

  VII MARCHA CICLISTA VIRTUAL POLA IGUALDADE.

CEIP A SOLAINA 25 NOVEMBRO 2020.

                                                                                                                                                                                                                                                               

 

Distribuir contido