Mural de Elisa e Marcela

O pasado 17 de marzo o alumnado de 4º participou na iniciativa do Concello "As mulleres pintan moito na historia", axudando na realización dun mural dedicado a Elisa e Marcela. Pódese ver a noticia da iniciativa na web do Concello de Narón.

NOVIDADES E RECOMENDACIÓNS DO 2º TRIMESTRE

Desde o Equipo da Biblioteca do CEIP A Solaina presentámosvos as novidades editoriais na nosa biblioteca e as recomendacións para a fin deste 2º trimestre.

 

PLENO DO CONSELLO DE PARTICIPACIÓN INFANTIL DO CONCELLO DE NARÓN.23-3-2021

A actividade enmárcase nos Consellos de Participación Infantil, un proxecto que se retomou hai uns meses dende o equipo de Educación Viaria de Narón tras suspendelo durante o curso 2019-2020 debido á situación sanitaria derivada da pandemia pola Covid-19.

Implicáronse na actividade dende as aulas uns 160 rapaces e rapazas que hoxe estiveron representados por 15 escolares na sesión plenaria. Tralas reunións mantidas durante este mes por videoconferencia entre concelleiros da corporación local e alumnado dos centros participantes, hoxe celebrouse o pleno no que os menores puideron coñecer a viabilidade das propostas plantexadas a edís da corporación local.

Nesta iniciativa participaron alumnas e alumnos de quinto e sexto curso de Primaria e de primeiro de Secundaria –segundo o caso- dos colexios da Solaina, A Gándara, Ponte de Xuvia, Ayala, O Feal, Piñeiros e Jorge Juan. Os edís de Seguridade Cidadá, Román Romero; Servizos, Ibán Santalla; Obras, Pablo Mauriz, e Sanidade e Medio Ambiente, Santiago Galego, foron os encargados de informar sobre a viabilidade de cada un dos proxectos presentados.

A proposta plantexada polos escolares da Solaina foi  a restauración da pasarela peonil da vía do tren no barrio, presentada co seu proxecto e acompañado das maquetas correspondentes.  O alumnado foi presentando unha a unha as propostas e os edís encargáronse de analizar con eles a viabilidade das mesmas, na maioría dos casos con opción a materializarse segundo lles avanzaron.

                                

24 DE FEBREIRO, DÍA DE ROSALIA DE CASTRO

Desde o Equipo de Biblioteca queremos conmemorar o día do nacemento de Rosalía de Castro, 24 de febreiro, compartindo con toda a comunidade educativa do CEIP A Solaina un Genially que recolle algúns aspectos básicos da vida e obra da poeta galega.

 

 

Día Internacional da Lingua Materna 2021

O 21 de febreiro celébrase o Día Internacional da Lingua Materna para promover a consciencia sobre a pluralidade lingüística. Na imaxe podes acceder á proposta do Portal da Lingua Galega.

 

CATÁLOGO DE NOVIDADES 2021

NOVIDADES LITERARIAS FEBREIRO 2021

O equipo de Biblioteca do CEIP A Solaina quere compartir con toda a comunidade educativa as novidades literarias que están adquirindo para os nenos e nenas do cole.

Estamos a piques de comezar unha das épocas máis divertidas do ano, o Entroido, por iso vos queremos acompañar estas semanas coas personaxes máis disparatadas e incribles que poidades imaxinar. Desexamos que vos gusten.

11 DE FEBREIRO DIA INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA

Desde o equipo de Dinamización da Biblioteca Escolar do CEIP A SOLAINA, queremos conmemorar esta data, publicando aquelas obras literarias infantís e xuvenís que contan a vida de mulleres que destacaron no eido da ciencia, e que temos dispoñibles para o alumnado e que traballarán nos vindeiros días.

Unha colección ilustrada e educativa que pon de manifesto as numerosas contribucións das mulleres no eido das matemáticas, as tecnoloxías, as ciencias, o coidado do medio ambiente... coa finalidade de loitar por un mundo mellor.

Distribuir contido