Información

Funcionamento de comedores escolares

A Consellería de Cultura, E e OU vén de publicar as instruccións relativas ao funcionamento dos comedores escolares de xestión indirecta para o vindeiro curso 2014-2015.

 Nos seguintes  enlaces pode descargar as instrucción e documentación relativa a este proceso:

 NOVAS  do consello escolar celebrado o 30 de xuño .

                               (Contra a presente Resolución cabe recurso de alzada perante a Xefatura Territorial da consellería)

                   Lémbrase aos interesados que o prazo para a presentación da AUTOBAREMACIÓN  remata o 10 de setembro.

Novas curso 2014-2015

INFORMACIÓN PARA AS FAMILIAS DE NOVA INCORPORACIÓN

 

  • Infórmase ás familias do alumnado de 3 anos ( 4º educación infantil) que o vindeiro 25 de xuño, ás 11.00h da mañá terá unha reunión co equipo de educación infanfil para tratar temas relativos ao Plan de Acollida e todos aqueles temas de interese sobre a escolarización dos seus fillos /as.
  • FORMALIZACIÖN DE MATRÍCULA: do 20 ao 30 de xuño.

                    Documentos.

                 1.-Formularios de admisión  (ANEXO III_ gal/ANEXO III_cas)

                 2.- Fotocopia de cartilla do seguro.

                 3.-Certificado médico de que non padece enfermidade infecto-contaxiosa (non se precisa en impreso oficial)

                 4.- Fotocopia das vacinas.

                 5.- 4 fotografías

 

Campeonatos Galegos de Tenis de Mesa

Celebrados os Campeonatos Galegos de Tenis de Mesa na modalidade Prebenxamíns e Benxamíns, Ana Otero Rodríguez (2º EP) e Marcos Pita Mariño (4º EP), acadaron o título de campeóna e subcampeón, respectivamente.

Dende este espazo web, queremos felicitalos e animalos na participación dos Campeonatos Nacionais.

Na imaxe posando orgullosos cos seus trofeos!

 

 

3º encontro Proxecto Enciende

Tras 9 meses de traballo, conclúe oficialmente o proxecto " O arcano da Solaina", proxecto desenvolvido no centro polo alumnado de 4º de educación primaria.

O referido proxecto concluíu coa visita dos científicos Elena Vázquez Abal e Casto Rivadulla Fernández.

Neste encontro, o alumnado recibiu os premios e correspondentes agasallos (libros, puzzles, estoxos, camisetas... ) tanto pola súa labor como pola súa participación; agasallos procedentes do Fondo Europeo de Desarrollo Regional (Feder), no marco do proxecto GRC2013-045., e de Divulgamat  (Real Sociedad Matemática Española

Como xa comentamos nos seus comezos, o obxectivo era aplicar as matemáticas para descubrir o apelido dunha figura naronesa do pasado panorama literario da nosa comarca: Mercedes Novo de González.    

 

O día a día desta experiencia puido seguirse no blog "O arcano da solaina 4"

Imaxes do acto.

Visita institucional

 

 

O día 9 de maio,  xoves,  e invitado pola ANPA , o Xefe Territorial da Coruña, Indalecio  Cabana Leira, visitou o CEIP A Solaina.

 Durante a visita accedeu ao pavillón, realizou un percorrido polo recinto escolar e coñeceu  de primeira man algúns dos proxectos que se desenvolven no centro como Educación Vial e a Campaña de Alimentación Saudable.

 Ademais, prestou especial atención aos  espazos que se van a habilitar para a nova aula de 3 anos por  mor do número de solicitudes para este nivel  de educación Infantil.

Programa de Educación Vial

O colexio e a ANPA, no marco do proxecto de Educación Vial que se desenvolve dende 2006, organizaron o luns 28 de abril unha sesión sobre a Reforma da Lei de Tráfico.

A sesión, dirixida á comunidade educativa, estivo impartida por Pedro Caneiro membro, xunto con Simón Cabarcos, do Equipo de Educación Vial de Narón.  O obxectivo era, con motivo da entrada en vigor da citada reforma, explicar as novidades de dita normativa, presentar as próximas actividades que levarán a cabo e facer un balance dos resultados acadados co seu Programa de Seguridade Vial. Ademais, avanzouse que o citado equipo participará proximamente nun foro internacional sobre seguridade vial infantil.

Tras esta sesión, está previsto unha nova visita desde equipo para aplicar a nova normativo ó proxecto de educación vial do centro así como para instalar un novo equipamento: os medidores de altura.

Todos aqueles interesados nesta temática, podedes visualizar esta presentación realizada polo Equipo de Educación Vial de Narón.

 

Menú comedor escolar

Achégase o menú do comedor escolar do mes de maio para os usuarios do servizo.

Conservas de alimentos

Charla informativa: normas de tráfico

Con motivo dos cambios que a Dirección Xeral de Tráfico fai coa Normativa , convócase a todos /as os interesados/as a unha reunión a celebrar o 28 de abril, ás 16.00h na biblioteca do centro.

A citada reuniónn será dirixida por membros da Policía Local de Narón.

 Convocatoria.

Novas admisión 2014-2015

NOVAS DE ÚLTIMA HORA

Según indicacións da Inspección Educativa da Zona  de Narón, infórmase aos interesados que para o vinderio curso 2014-2015 , habilitarase unha aula para o alumnado de 3 anos.

Aquelas persoas que solicitaron PLAZA NO CENTRO EN TEMPO E FORMA, acadarán a plaza solicitada.

Publicación das listaxes provisionais de admitidos e non admitidos nos diferentes cursos: martes, 22 de abril

Día do Pobo Xitano

A celebración do Día do Pobo Xitano, tivo no noso centro un espazo destacado  ao longo da mañá. Este ano. a alumna Yamara Borja Gabarri foi a elixida para ler o Manifesto deste ano 2014 a todo o alumnado de Educación Primaria.

 No día de hoxe,  o xornal de tirada  autonómica nas súa páxinas locais,  fíxose eco da súa celebración.

 

Imaxes da galería.

Distribuir contido