Educación Viaria

Marcha ciclista: Paseo da Gándara

O xoves, 17 de marzo de 2011, os nenos e nenas de 6º saímos ás 10:00h a facer un percorrido en bicicleta ata o paseo da Gándara acompañados /as de Antón, Simón,Marcelino e outros policías, como Pedro.

Andivemos 8 quilómetros, e fixemos unha parada para descansar e beber uns botellíns de auga que repartiron os mestres.
O pasamos moi ben con todos os nosos compañeiros/as.

Autoras: Lucía Herrero e Tania Abad.6º A

Programa: "APRENDO PEDALEANDO".

Os/as alumnos/as de 6º curso tiveron ocasión hoxe, 17 de marzo, de coller a bici e  dar un paseo urbano por Narón dentro do programa Aprendo pedaleando. O evento foi organizado polo equipo de educación viaria do Concello de Narón.

VISITA EN BICI Ó PASEO DA GÁNDARA DO 2º CICLO.

O PASADO XOVES, 3 DE MARZO FIXEMOS UNHA VISITA EN BICI Ó PASEO DA GÁNDARA  ACOMPAÑADOS POLA POLICÍA LOCAL. SAÍMOS ÁS 10 HORAS DO COLEXIO, COA PARTICIPACIÓN DOS ALUMNOS DE 3º E 4º E ALGÚNS PAIS E PROFESORES.O PERCORRIDO FIXÉMOLO CON MOI BO TEMPO E CON BASTANTE FACILIDADE. PASAMOS POR UN TREITO DE CARRIL-BICI E AO CHEGAR NO PASEO TOMAMOS O ALMORZO E VIMOS A RIBEIRA DA RÍA.

PODEMOS CONSULTA-LO PERCORRIDO E AS FOTOS DO MESMO NA GALERÍA DE IMAXES DESTA MESMA WEB.  

PREMIO” PONLE FRENO JUNIOR” 2010.

No curso 2004-05, o colexio da Solaina  de Narón converteu  parte do centro escolar nun circuito de tráfico. Dende entón, manteñen este proxecto co obxectivo de conquerir que os alumnos-as asimilen e coñezan dende o principio o respecto polas normas de tráfico. Ademais os alumnos-as con problemas motrices e necesidades educativas especiais poden manexar vehículos adaptados e ir familiarizándose cos coches e a circulación. Dende entón, ata 8 colexios da localidade teñen implantado Educación Vial como asignatura e teñen desenrolado algún dos programas creados por este centro.

Podedes ver máis información sobre a entrega de premios consultando este enlace.

De esquerda a dereita :Simón Cabarcos (coordinador de E.V.), Antón López (Director do CEIP  A Solaina), Pere Navarro (Director Xeral de tráfico), Ramón Padín (concellal de tráfico), Pedro Caneiro (policía municipal responsable de E.V).

ED. VIARIA "APRENDO PEDALEANDO" : VISITA A STA. MARGARIDA NO VAL

O pasado 20 de xaneiro os alumn@s de 6º curso do colexio participaron na visita en bici a santa Margarida na parroquia do Val  en Narón. saímos do colexio ás 9.30 horas coa bici e mailo casco acompañados polo equipo de educa ción viaria do Concello que preparou a ruta. tamén nos acompañaron algúns pais e nais na súa bici que non quixeron perderse esta andaina.

Tivemos un tempo moi bo con sol e non moita calor, durante o camiño de ida non tivemos ningún incidente.Fumos por estradas secundarias ata chegar á parroquia do Val despois de cruzar todo o polígono do Río do Pozo.Ao pouco chegamos ó noso destino onde tomamos un "refrigerio" co almorzo do cole e a auga que nos deu o equipo de educación viaria. Despois nos agrupamos para escoitar as explicacións da guía do concello sobre a historia do lugar.

Por último, despois de recolle-lo lixo, nos dispuxemos a regresar de volta ó colexio para continuar co resto das clases.   

Distribuir contido