Información
Mostra de Teatro Infantil e Xuvenil de Narón 2014
O alumnado do centro participa un ano máis na Mostra de Teatro Infantil e Xuvenil de Narón 2014. Participación que desperta un grande interese en todos e todas.
A referida Mostra conta con diversas obras teatrais; obras magnificamente representadas por actores de diferentes compañias teatrais que achegan a todos e todas ao fascinante mundo da interpretación.
PROGRAMA DA MOSTRA DE TEATRO.
.
Compañía Títeres Tanxarina: " A casa do avó".
Consello Escolar
Descargar aquí a Convocatoria para a elección dos representantes de nais, pais e titores/as legais ao Consello Escolar.
Novas comedor escolar
O Consello Escolar do centro aprobou o Protocolo de Comedor Escolar para o curso 2014-2015.
Descargar aquí información de interese para os usuarios.
Merendas saudables
Mañá , 8 de outubro, comezan os correspondentes pagos da Campaña de Merendas Saudables
Descargar aquí a organización do mesmos.
Programa de merendas saudables
Mañá, mércores, día 1 de outubro, comeza no centro o "Programa de Merendas saudables".
Descargar aquí a información do programa.
Acto de entrega de Premios ENCIENDE
Este luns, 29 de setembro, no pavillón do colexio tivo lugar a entrega dos galardóns e diplomas acreditativos do 2º Premio Enciende 2013 ao alumnado participante no Proxecto " O arcano da Solaina", cuxo día a día durante o curso escolar 2013-2014 puido seguirse no blog O arcano da Solaina 4º.
O acto estivo presidido pola concelleira de escolas do Concello de Narón, Carmen Espada Cortizas contando ademais, nesta ocasión, con membros da ANPA co fin de de transmitirlle ao alumnado os merecidos parabéns polo seu traballo e recoñecemento acadado.
Esta entrega supón o broche de ouro a esta iniciativa de achegamento da Ciencia á didáctica escolar, iniciativa tan ben acollida polo alumnado tal e como quedou reflectido no seu labor diario.
Parabéns a todos eles!
Imaxes do acto na galería.
Novas sobre xantar e almorzo
Para os interesados no servizo de xantar e almorzo, descarguen aquí as novas de última hora.
- Mañá mércores, día 10, de xeito escepcional, as persoas interesadas no servizo de xantar poden pasar por dirección, a primeira hora da mañá, co fin de anotarse como usuarios para este día.
- Menú do comedor escolar mes de setembro.
Inicio dunha nova etapa
Neste final de curso inician unha nova etapa Mª Teresa Fernández e Carmen Payás; etapa ansiada por momentos e reciba con certo receo cando chega. Falamos da xubilación.
Marité, para os coñecidos, e Carmen marchan do centro deixando un regueiro de bos recordos. Responsabilidade, prudencia e un silencioso facer diaro caracterizaron más de 20 anos nun caso, e, uns poucos menos, noutro.
Desde este espacio web, a comunidade educativa do CEIP A Solaina réndelles homenaxe pola súa labor no centro.
Boa viaxe!
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- …
- seguinte ›
- última »