Campaña de merca e entrega de xoguetes 2021

 

Comeza a Campaña de merca e entrega de xoguetes  2021 para as familias máis desfavorecidas, impulsada polo centro de recursos solidarios Narón, coa colaboración do Concello de Narón.

A campaña vaise desenvolver desde o 1 ao 19 de decembro, posteriormente persoal do centro de recursos solidarios achegarase ao noso centro para recoller os xoguetes doados polas familias.

Campaña de neve 2022

En relación “Campaña de Esquí 2022”, da Deputación da Coruña, o Concello de Narón ten concedidas 14 prazas para a participación na dita Campaña, na 6ª quenda (Do 18 de febreiro ao 21 de febreiro de 2022). As persoas interesados poden inscribirse no Rexistro Xeral do Concello de Narón, no Rexistro auxiliar do Complexo Polideportivo Municipal da Gándara ou a través da Sede Electrónica municipal con data límite o 14 de decembro de 2021.

A túa vella bici vale un sorriso. 2021

 

Como en anos anteriores, comeza o proxecto do Concello de Narón de recollida de bicis, patinetes e bicis estáticas "A túa vella bici vale un sorriso". As familias interesadas en realizar unha doazón ou en recibir unha bici ou patinete por falta de recursos, poderán facelo nas dependencias do Equipo de Educación Viaria do Concello de Narón ou entregalos no colexio ata o último día de clase deste trimestre.

Decora o teu patinete ou bici de Nadal. 2021

Do 1 ata o 21 de decembro o Concello de Narón desenvolve a campaña "Decora o teu patinete ou bici de Nadal". Pode participar libremente o alumnado que estea interesado.

Bases.

 

XORNADA DA IGUALDADE DE XÉNERO. 25-11-2021

O pasado xoves 25 de novembro @s alumn@s de 5º de Primaria celebraron a xornada pola Igualdade e contra a violencia de xénero,dentro das actividades das Olimpíadas escolares organizadas polo concello de Narón.

A actividade consisteu na resolución do panel ¿Quién es ella? no que debían buscar o nome e a foto de 24 persoeiras coñecidas, mediante unha serie de pistas sobre a súa biografía.

Ao mesmo tempo, ían pedaleando por quendas sobre a bici estática seguindo na pantalla as imaxes do percorrido virtual que os levou por tódolos colexios de Narón.

Procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado Educación Primaria. Curso 2021-2022

O 12 de novembro publicouse no DOG a ORDE do 28 de outubro de 2021 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería, así como en centros privados concertados, no curso 2021/22 (código de procedemento ED330E). Os destinatarios da distribución de máscaras serían:

1. O alumnado de PRIMARIA beneficiario da axuda de material escolar no curso 2021-2022, polo que non é necesario presentar solicitude.

2. O alumnado de PRIMARIA que NON fose beneficiario da axuda de material escolar no curso 2021-2022 que cumpra algunha das seguintes condicións:

  • Que pertenza a unha familia cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 € (Renda 2019).
  • Que estea matriculado en educación especial.
  • Que estea suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia.
  • Que teña un grao de discapacidade igual ou superior ao 65%.

Pódese presentar solicitude na secretaría do centro de forma unicamente presencial ata o 26 de novembro, en horario de 10:00 a 13:00 horas, concertando cita no teléfono 881930370.

Máis info.

Anexo I

Anexo II

Anexos I II corrixidos

CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE ROUPA E CALZADO USADO [2021]

Este ano o CEIP A Solaina colabora con Mariola Soliadara na CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE ROUPA E CALZADO USADO en beneficio da ONG Global Humanitaria. 

O día único de recollida é o xoves 4 de novembro.

 

III Olimpíadas Escolares de Seguridade Viaria2021 .

 

III Olimpíadas Escolares de Seguridade Viaria.

 

O Concello iniciou a terceira edición das Olimpíadas Escolares de Seguridade Viaria, que o pasado ano debido á situación sanitaria se celebraron de xeito virtual e que un ano máis contan coa colaboración da Confederación Nacional de Autoescolas. Un total de 308 escolares de cuarto e quinto cursos de educación Primaria de nove centros de ensino da cidade participan nesta convocatoria, que consta de tres fases, unha teórica, outra práctica e a final.

 Ao longo deste mes de novembro impartiranse estas charlas da fase teórica sobre Educación Viaria e outra sobre Medio Ambiente a cargo dun profesional nesa área nos colexios: Ponte de Xuvia, Jorge Juan, Ayala, Virxe do Mar, A Solaina, O Feal, A Gándara, Piñeiros e o CRA do Val.  Durante unhas semanas os escolares aos que se dirixen estas olimpíadas recibirán unha formación moi útil no seu día a día, cunha parte didáctica e outra lúdica sobre diversas materias, entre as que tamén están as Matemáticas aplicadas á educación viaria, o Inglés e a Igualdade de xénero.Unha vez que remate esta formación os titores e titoras dos centros seleccionarán entre o alumnado a un grupo mixto de seis nenas e nenos por colexio para participar na final e representar á clase e ao centro educativo.


A continuación terá lugar a fase práctica, que consistirá nunha xincana con bicicletas e para o que serán os propios centros os que elixirán a un alumno ou alumna para realizala, debendo levar ese día unha bici e casco. Un tribunal encargarase de controlar que o circuíto se execute correctamente, asignando unha puntuación que se sumará na fase final.


Esta fase final está programada para o 12 de xaneiro, ás 10.00 horas no Pazo da Cultura e alí os escolares, en grupos de seis por centro, realizarán un cuestionario de trinta preguntas tipo test e todos eles ao mesmo tempo. Para elixir aos finalistas sumaranse os tempos do cuestionario e os da xincana.


Nestas olimpíadas entregaranse un primeiro, segundo e terceiro premio para os tres grupos clasificados con máis puntuación e en caso de empate teranse en conta preguntas do cuestionario. Os premios serán colectivos para que poida disfrutar dos mesmos toda a clase.

 

Día da Biblioteca 2021

Con motivo do Día da Biblioteca, o sábado 23 de outubro desenvolveranse actividades na Praza de Galicia organizadas pola Biblioteca Pública Municipal de Narón. Enlace á noticia.

Distribuir contido