MANIFESTO REGUEIFEIRO, NO CEIP A SOLAINA BERRAMOS: NON ÁS GUERRAS!!!!!

 

O 1 DE ABRIL OS NENOS E NENAS DE 5º DE PRIMARIA CANTAMOS, NO RECREO,  UNHA REGUEIFA CONTRA AS GUERRAS. Aquí podes ver o vídeo e o manifesto regueifeiro.

 

CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE ROUPA E CALZADO USADO [2021/2022]

Este ano o CEIP A Solaina colabora con Mariola Soliadara na CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE ROUPA E CALZADO USADO en beneficio da ONG Global Humanitaria. 

O día único de recollida é o xoves 31 de marzo.

 

 

Saída ao Club de Campo de Ferrol

O luns 21 e o mércores 23 de marzo, o alumnado de 3º e 4º realizou unha saída durante a mañá ás instalacións do Club de Campo de Ferrol. O motivo da visita foi un obradoiro da ESCOLA DE TENIS dentro do marco da materia de Educación Física. A rapazada gozou cos técnicos que lles axudaron a iniciarse neste deporte.

DÍA DO NÚMERO PI_2022

Organizado polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega da Solaina, celebrouse hoxe, 14 de marzo (3/14 nos países de tradición anglosaxona), o Día do número Pi. Todos as clases de Primaria formaron varios grupos para concursar nuna xincana consistente en contestar ás adiviñas matemáticas propostas e conseguir unhas letras colocadas por todo o colexio. Ao final, cada grupo ordenou as letras e conseguiu formar unha palabra oculta.

Despois de dous anos sen celebración, había moitas ganas de recuperar a xincana. A experiencia foi tan positiva como en anos pasados e todo o alumnado está a desexar que chegue o 3/14 do 2023 para xogar outra volta co número pi.

Entroido 2022

Co gallo do Entroido, durante a semana 21 ao 25 de febreiro, o alumnado irá cumprindo “os mandatos do meco”. Cada día irán traendo o que o meco indique. Lembrade que É ACUMULATIVO, por exemplo, o martes traerán o do luns e mais o do martes, e así sucesivamente ata que o VENRES 25 veremos rematado o noso disfrace. 

Aquí podes seguir a diario os mandados do Meco, e descubrirás o disfrace deste ano:


 MANDATO PARA O LUNS:

MANDATO PARA O MARTES:

MANDATO PARA O MÉRCORES:

MANDATO PARA O XOVES:

MANDATO PARA O VENRES:

Día Internacional da Lingua Materna 2022

O 21 de febreiro celebramos o Día Internacional da Lingua Materna para promover a consciencia sobre a pluralidade lingüística. Na Solaina presentamos durante todo o día de hoxe unha serie de vídeos de música infantil en diversas linguas do mundo: portugués, asturiano, éuscaro, catalán, italiano, neerlándés, galés, sueco, árabe, xaponés, nahuatl ou... galego.

 

 

Na imaxe podes acceder á proposta do Portal da Lingua Galega.

Final III Olimpíadas Escolares Narón 12-1-2022

FINAL DAS III OLIMPÍADAS DE SEGURIDADE VIARIA CONCELLO DE NARÓN 2021.


Esta mañá tivo lugar no Pazo da cultura de Narón a fase final das Olimpíadas de Seguridade Viaria para @s alumn@s de 5º de primaria dos colexios de Narón.

Participamos nas olimpíadas cun equipo de alumn@s de 5º curso que representou ao colexio da Solaina na fase final xunto a outros oito equipos dos demais coles.

Nesta fase o equipo tivo que responder a un cuestionario de 30 preguntas sobre os temas de educación viaria, medio ambiente, matemáticas, inglés e igualdade, que previamente tiveron que estudar nas aulas. Con anterioridade, outro alumno e unha alumna de 5º tiveron que realizar unha xincana ciclista de 9 probas no patio do colexio.

O equipo que representou ao colexio nas Olimpíadas este ano estivo formado por : Lara Bey, Izan Galdo, Andrea Casal, Lucas López, Álvaro Casal e Julia Galdo para a fase do Cuestionario e por Irene López e Rubén E. López para a fase da Xincana.

NORABOA A TOD@S POLA SÚA PARTICIPACIÓN.

Concurso Pilabot

Estes días procedeuse ao reparto entre o alumnado do centro dunha caixa de recollida de pilas, con motivo da participación da Solaina no Concurso Pilabot para centros educativos de Galicia. O motivo da nosa participación é o fomento da recollida selectiva de pilas entre o alumnado e as súas familias. Desde o xoves 20 de xaneiro ata o 31 de marzo poderanse depositar as pilas e os acumuladores portátiles (sen a caixa de Pilabot) no colector habilitado para tal motivo na entrada do centro.

Considérase pilas e acumuladores portátiles calquera pila, pila botón, acumulador ou batería que estea precintado, poida portarse coa man e non sexa industrial nin de automóbiles. Teñen esta tipoloxía as pilas botón e estándar e os acumuladores utilizados en calquera aparello presente nos fogares, como mandos a distancia, teléfonos móbiles, computadores portátiles, xoguetes eléctricos e electrónicos, ferramentas portátiles, etc. Para máis información pódese visitar a páxina de Pilabot.

Animámosvos a participar!

 

Distribuir contido