Información

Día da Enfermidade Celíaca

Este xoves 16 de maio celébrase o Día da Enfermidade Celíaca e desde Jardanay queren axudar a dar visibilidade a esta patoloxía cambiando o menú xeral a un sen glute e realizando actividades sobre a celiaquía coa cativada no comedor.

 Cambio de menú

 Para ofrecer un menú sen glute, modifícase a guarnición do segundo prato previsto no menú do xoves (codillo ao forno con macarróns), substituíndo a pasta por arroz. O primeiro prato (crema de verduras) e a sobremesa (froita de tempada) mantéñense sen cambios. 

Así, o menú queda da seguinte forma:

  • Primeiro prato: crema de verduras.
  • Segundo prato: codillo ao forno con arroz.
  • Sobremesa: froita de tempada (pera).

CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE ROUPA E CALZADO USADO [marzo 2024]

Continuamos a colaborar con Mariola Solidaria na CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE ROUPA E CALZADO USADO en beneficio da ONG Global Humanitaria. 

O día único de recollida é o mércores 6 de marzo de 2024.

Comedor escolar. Curso 2023/2024

5. LISTAXE DEFINITIVA DE USUARIOS DO SERVIZO DE COMEDOR: 13 de xullo.

4. LISTAXE PROVISIONAL DE USUARIOS DO SERVIZO DE COMEDOR: 5 de xullo.

3. IMPRESOS:

    SOLICITUDE DE USO PARA O CURSO 2023-2024.

    AUTODECLARACIÓN_ANEXO II.

    CALCULADORA PARA A AUTODECLARACIÓN.

    DECLARACIÓN RESPONSABLE (SÓ TRABALLADORAS/ES POR CONTA PROPIA).

2. INSTRUCIÓN 3/2023 

    Compendio lexislativo dos servizos educativos complementarios.

1. CIRCULAR INFORMATIVA SOBRE SOLICITUDE DE PRAZA DO COMEDOR PARA O CURSO 2023-2024. [Efectuado o sorteo na secretaría do centro o día 30 de xuño, ás 12:00h, a orde alfabética resultante para o desempate das solicitudes do comedor é o seguinte: 1º apelido, letras "K" e "S"; segundo apelido, letras "U" e "T".]

25 de novembro: Día Internacional Contra a Violencia de Xénero [2022]

O 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, conmemoramos o día con varias actividades para concienciar sobre a necesidade de erradicar esta lacra exercida contra as mulleres.

Por unha parte participamos coa FANPA Ferrolterra no IV Programa Escolar de Ferrolterra pola eliminación da violencia de xénero, coa campaña “ROMPE A CADEA DA VIOLENCIA DIXITAL”.

Doutra banda,acudimos cos outros coles de Narón á IX Andaina/Marcha Ciclista pola Igualdade e contra a Violencia de Xénero. Podes ver aquí, entre outros materiais, unha reportaxe fotográfica sobre os diferentes eventos e o vídeo colectivo da FANPA.

ROMPE A CADEA!

 

 

Campaña de recollida de xoguetes 2022

Comeza a Campaña de merca e entrega de xoguetes  2022 para as familias máis desfavorecidas, impulsada polo centro de recursos solidarios Narón, coa colaboración do Concello de Narón.

A campaña vaise desenvolver desde o 1 ao 20 de decembro, posteriormente persoal do centro de recursos solidarios achegarase ao noso centro para recoller os xoguetes doados polas familias.

Axudas do Concello de Narón para material escolar

Xa están convocadas as axudas do Concello de Narón para material escolar.  As familias que cumpran os requisitos da convocatoria poden facer a solicitude no Concello. As axudas pódense solicitar ata o 30 de abril de 2023 e son compatibles coas axudas concedidas pola Xunta para libros e material escolar.

 

Info.

Impreso 1.

Impreso 2.

Distribuir contido