Informática
Actividade 04 - Capturas de pantalla
Unha cousa moi sinxela e á mesma vez útil nalgúns casos é capturar unha imaxe do que estamos a ver na pantalla do noso ordenador para mostrarlle a alguén, sobre todo ao instalar programas, para que vexa as opcións que temos marcadas e nos axude.
Isto en windows facémolo premendo á vez dúas teclas:
- a tecla maiúsculas (a da frecha cara arriba)
- a tecla "Imp pant", que significa: imprimir pantalla
Cando prememos á vez estas dúas teclas parece que o ordenador non fai nada, pero acaba de copiar unha imaxe de todo o que temos na pantalla, e quédamos abrir algún programa (Word, Power Point, Wordpad...) para pegala facendo click no botón dereito do rato e dándolle a pegar, ou premendo á vez as teclas "ctrl" e "v".
Un exemplo podémolo ver así:
*A actividade 04 consiste en enviarme por e-mail unha captura de pantalla do escritorio do voso ordenador. Pegádela nun Word e adxuntádelo ao email. Non esquezades poñer ben o asunto.
Actividade 03 - aforrando enerxía
Enviado por Anónimo o Ven, 02/18/2011 - 19:20Nas clases de informática explicamos varias veces como apagar o ordenador, pero a moitos de vos aínda se vos esquece facelo ben. Nesta actividade tendes que explicarme como apagariades o voso ordenador de sobremesa. Imaxinade que estades nunha páxina de internet e contádeme os pasos que fariades para deixar o ordenador totalmente acceso. Se sabedes algún truquiño, podédemelo dicir.
Info 02 - uso do procesador de textos
Enviado por Anónimo o Mér, 02/16/2011 - 08:24Actividade 02: entendendo o noso ordenador
Enviado por Anónimo o Xov, 02/10/2011 - 20:26Debido ás dúbidas que moitos de vos tendes á hora de localizar as propiedades dos vosos ordenadores, lémbrovos que as principais características que temos que coñecer dun ordenador, ben para mercar un novo, ou ben para coñecer mellor o noso e saber as súas posibilidades e limitacións, ou se o podemos ampliar fácilmente, son as seguintes:
- sistema operativo (o programa fundamental para que funcione o ordenador: Windows XP, Windows Vista, Windows 7, Mac OS X...)
- procesador (a parte coa que o ordenador toma decisións e executa as tarefas que lle mandamos: AMD ou Intel, cantos núcleos ten e a canta velocidade vai)
- cantidade de memoria RAM (a memoria temporal de acceso rápido que utilizamos para realizar varias tarefas ao mesmo tempo)
- cantidade memoria todal do noso disco duro (onde almacenamos todos os datos do ordenador), canto temos ocupado e canto baleiro, e se o temos dividido en varias partes (particións)
Todo isto podémolo ver clicando co botón dereito do rato no icono de "mi PC" e premendo en propiedades no menú que nos sae, ou ben facendo dobre clic co botón esqerdo do rato no mesmo icono de "mi PC" e alí vemos o disco duro ou se temos varios discos duros ou particións; escolleremos o icono do disco do sistema (onde temos instalado o sistema operativo) e nel facemos como antes: botón dereito e propiedades.
Nesta actividade o que tendes que facer é cubrir unha táboa coma ésta (básicamente xa a tendes feita a man, pero así repasamos e practicamos a crear un documento de word cunha táboa e envialo por e-mail á miña dirección-e).
ALUMN@ E CLASE | |
SISTEMA OPERATIVO | |
PROCESADOR (marca e velocidade en GHz) | |
MEMORIA RAM (tamaño en GB) | |
DISCO DURO (tamaño en GB total, ocupado, baleiro e se temos varias particións) |
Tanto o asunto da mensaxe coma o nome do documento de word han de levar:
- nome e primeiro apelido
- clase
- actividade 02
Actividade 01: co correo electrónico
Enviado por Anónimo o Mér, 02/09/2011 - 10:30Para practicar un pouco co correo-e tendes que enviarme unha mensaxe desde a vosa conta de correo á seguinte dirección:
miguelasolaina@gmail.com
É necesario que poñades no "asunto":
- o voso nome e primeiro apelido
- a vosa clase
- o número da actividade
*(por exemplo: Ambrosio Veiga - 4ºA - actividade 01).
E despóis, dentro do texto da mensaxe, escribídeme 3 cousas sobre a asignatura de Informática:
- cousas que facemos nas clases e vos gustan
- cousas que facemos nas clases e non vos gustan
- cousas que non facemos e vos gustaría facer a asignatura de Informática
Info 01 - partes do ordenador
Enviado por Anónimo o Mar, 02/08/2011 - 17:17Aquí tendes un enlace ás partes do ordenador segundo a enciclopedia dixital "Wikipedia":
http://es.wikipedia.org/wiki/Computadora
Só tendes que premer no hipervínculo e seredes redirixidos ao sitio web onda está aloxado o contido (se tendes problemas, copiade o enlace e pegadeo na barra de búsqueda do voso explorador de internet).
Benvidos ao sitio da informática do CEIP A Solaina
Enviado por Anónimo o Ven, 02/04/2011 - 09:42Neste apartado iremos colgando cousas relacionadas coa asignatura como documentos, imaxes e vídeos, enlaces a páxinas web... interesantes para profundizar no coñecemento da informática.
Ademáis temos aquí o sitio que empregaremos para colgar os apuntes e actividades da asignatura.
Para enviar as actividades compre ter unha dirección de correo electrónico, aínda que sexa compartida entre a familia. A dirección de correo-e á que debedes enviar as mensaxes coas actividades é:
miguelasolaina@gmail.com
* a dirección de correo-e miguelasolaina@gmail.com foi creada para esta asignatura e só se utilizará para recibir mensaxes das actividades propostas; calqueira mensaxe que non se axuste ás actividades será borrado.