Música
Panxoliñas polo nadal
Enviado por Anónimo o Lun, 12/22/2014 - 20:43Xa están aquí as panxoliñas que aprendemos para o festival de nadal para que podades seguir cantando durante as vacacións.
Esperamos que vos gusten e que pasedes un bo nadal.
Cancións otoñais
Durante o mes de outubro as nenas e os nenos do CEIP A Solaina estiveron traballando cancións do magosto e do samáin na aula de música.
A maioría deles achegáronse á frauta por primeira vez, polo que os resultados teñen moito mérito.
O vídeo é unha pequena mostra do traballo realizado en primaria. Esperamos que vos guste.
DIN-DON-DAN-DEN !!!
Os alumnos/ as da Solaina as farán soar: catro compás nun sinxelo ostinato que non deixará de vibrar.
Simulando campaneiros: DIN-DON-DAN-DEN e un cantar, unidos cun sorriso e unha mensaxe de paz.
Os nenos e nenas da Solaina, mañá repiquetearán sen máis; ilusión e caras felices porque para eles chegou o Nadal.
Imaxes do acto do venres, 21 de decembro, para celebrar o inicio do Nadal.
Letras Galegas 2013
O mércores, día 22 de maio, celebrouse no pavillón do centro o Día das Letras Galegas 2013 adicado nesta edición a Roberto Vidal Bolaño.
O profesorado tratou de achegar a súa figura ao alumnado que participou activamente no programa de actividades coordinados dende Educación Musical.
Horas de ensaios, elaboración do maio, concurso de carteis...fixeron posible o resultado que se mostra.
O grupo Alxibeira de Narón acompañounos neste acontecemento.
Ao final do acto mestres e alumnado realizaron un simulacro de evacuación e desaloxo co protocolo establecido.
Deste feito fíxose eco a prensa local tal e como se mostra no enlace.
Así conmemoramos o Día da Paz no colexio
Hoxe, mércores 30 de xaneiro, é un deses
días nos que o colexio de A Solaina
cambia a súa dinámica habitual
para sumarse ás iniciativas que se celebran
en todo o mundo cun único fin:
conmemorar o Día da Paz.
A nosa particular proposta estivo coordinada pola mestra de Educación Musical quen organizou un especial programa de actividades nas que o alumnado foi espectador e participante.
Como nexo común a música e como actividades:
- interpretación coa flauta por parte do alumndo de 6º EP da Novena Sinfonía de Beethoven. Hinmno á alegría.
- interpretación por parte de todo a alumnado da canción O MUNDO É GRANDE.
- visualización do vídeo sobre razas, culturas, relixións... no que os presentes sumámonos ao contido do texto con UN SAÚDO PARA ALÁ (Música de Mercedes Peón, montaje de Juan Parga e Almudena Janeiro).
O DÍA DA PAZ
O 30 DE XANEIRO CELEBRAREMOS O DÍA DA PAZ INTERPRETANDO ESTA PRECIOSA CANCIÓN COA MÚSICA DE L. ANDERSON "O RELOXO SINCOPADO" E A LETRA DE GLORIA M. ROEL CANTANTE DO GRUPO MAMÁ CABRA:
Fuente:claudiocarvalhaes.com
O Quebranoces en Ferrol o 19 de decembro 2012
O Conservatorio de Danza de Lugo presenta a súa versión do "Cascanueces" no Teatro Jofre de Ferrol, o próximo 19 de decembro, ás 20h, dirixida especialmente ó público infantil e familiar.
Esta obra traballárona os alumnos de 1º na hora de lectura e música.
Non vola perdades!!
http://pisaditas.blogspot.com.es/2012/12/cascanueces-en-ferrol.html
PANXOLIÑAS NADAL 2012
No CEIP A Solaina estamos preparando varias panxoliñas.
Velaí algúns enlaces para que poidades practicar na casa!!:
Buscando unha estrela Buscando Papá Noel (Cartas que veñen e van)
(O Quiquiriquí)
Os camelos dos reis magos O pelo roxiño
(O Quiquiriquí)
Unha pouca roupiña (O Quiquiriquí)
... E faltan moitas máis!!
Agardamos que as desfrutedes!!!!!!!!!!
Un magosto pasado por... música
Mañá, venres 9 de novembro, é un dos días grandes do colexio porque traemos ás aulas unha das festas por excelencia no noso calendario escolar: o magosto.
Haberá, como é tradición, degustación de castañas asadas. Pero temos moito máis, pois dende as 11.00 ata as 14.00 horas o programa de actividades que se levarán a cabo no centro inclúe unha serie de obradoiros nos que o protagonista principal será a castaña. Así, o alumnado pasará de xeito rotativo pro todos eles: baleirarán cabazas, decorarán viseiras, encestarán, visualizarán un vídeo dun antigo alumno, o que máis os impresiona: O TUNEL DO MEDO!… ata a proposta estrela para esta edición do magosto: a canción preparada en E. Musical...
na que levan ensaiando tanto os máis novos coma os que casi rematan no cole!
Aquí vos deixamos a letra por si queredes repasar!
Imaxes representativas do día.
Disfrutando coa música
¿Anímaste a completar, cun compoñente máis práctico, todo o que aprendes no colexio nas clases de Música?
Se a túa resposta é "SÍ" podes facelo asistindo a algunha das actividades que se celebrarán nos vindeiros meses en Santiago de Compostela na segunda edición de Pequeclassics, proxecto que conseguirá que sintas paixón pola música clásica e a ópera a través do xogo e da diversión.
Mira as datas e... ¡anímate!