Infantil

Marcelle.5 anos

O alumnado de 5 anos viaxou ao Parque Zoolóxico de Marcelle en Outeiro de Rey.

 

Descubrindo o supermercado

O pasado mes de febreiro os pequenos de 3 anos fomos de visita ao Centro Comercial Alcampo. Aínda que de seguro moitos xa foran algunha vez...

Esta vez, poidemos descubrir cousiñas que nunca víramos antes. Entramos na carniceira, observamos como se coce o pan, explicáronnos o que debemos facer para seleccionar a froita e poidemos observar como" baila" o noso marisco...

 Pásamolo fenomenal!

Imaxes da saída

Actividades de 3 anos. 1º trimestre curso 2013-2014

Ola a todos e a todas!Para que desfrutedes con  nós aquí vos deixamos unha secuencia das actividades nas que participamos.

Aquí estamos os nenos e nenas de tres anos ... Comenzamos  unha grande aventura neste curso 2013-2014...votade unha ollada á páxina web e veres que ben nolo pasamos no cole

  • Saída ao parque do Couto e degustación e chocolate con churros.
  • Magosto desfutando cos nosos compañeiros, vendo como se asan as castañas, comendoas...
  • Recollida de alimentos
  • Teatro de títeres do Príncipe a o parrulo no Auditorio de Narón.

  

Fragas do Eume: 5º e 6º de Educación Infantil

O mércores, 27 de novembro, os rapaces e rapazas de 4 e 5 anos fomos de excursión ás Fragas do Eume para vivenciar o outono.

Fixo un día estupendp e pasámolo en grande: xogamos coas follas, fixemos montañas con elas, merendamos ao aire libre... tivemos ademais a sorte de que os membros do Centro de Recuperación de Fauna Silvestre de Santa Cruz de Oleiros levaran a cabo a solta de dous gaviláns aos que curaran da súas feridas.

Moitas grazas por deixarnos compartir este momento!

Aqui vos deixamos algunhas fotos, disfrutade delas...

Aquarium. Xogos na aula de Informática

 

Despois de realizar a visita ao Aquarium de A Coruña, os nenos e nenas de 5 anos estivemos xogando na aula de informática cunha serie de xogos e visionando vídeos sobre algúns animais mariños.

Agora tócavos xogar nas vosas casas. Comeza a aventura mariña, premede na imaxe e comezade a xogar…

Pequena mostra dos máis pequenos...

..porque eles tamén colaboraron cos disfraces.

Imaxes.

Entroido 2012-2013

Distribuir contido