Complementarias
Chegada de Papá Noel- Festival Nadal 2015
Esperando con ilusión.... e actuando para celebralo.
3 anos: Mi burrito sabanero
4 anos: Los reyes Magos
5 anos: Nadal
Actuacións do alumnado de 1º e 2º EP
Panxoliña composta e interpretada polo alumnado
Dende O CEIP A SOLAINA os nosos desexos dun
BO NADAL e FELIZ ANINOVO!
(O centro reabrirá as súas portas o xoves, día 7 de xanerio do 2016)
Chegou o Nadal á Solaina
(ORGANIZACIÓN DESTA FESTIVIDADE)
Preparando a benvida de PAPÁ NOEL!!!!
e...
falando con el por videoconferencia!!!!
PANXOLIÑAS: BURRITO SABANERO LOS REYES MAGOS NADAL ES NAVIDAD AS CAMPÁS VOLVER Á CASA POR NADAL VUELA, VUELA A CAMPÁ
Chegou o Nadal á Solaina
No CEIP A Solaina preparámonos ante a chegada do Nadal.
Durante as semanas previas ás vacacións de Nadal, puxemos a nosa árbore 100 por 100 de refugallo e grazas ás familias do noso centro puidemos decoralo con todo tipo de adorno feitos dende a casa.
Pero isto non é todo...
recibimos unha noticia moi interesante de Papá Noel.
Disque este martes, día 15 , vai chamarnos dende o Polo Norte para falar cos nenos e nenas máis cativos e anuinciarlles sorpresas.
30 de xanerio. Día da Paz
O alumnado do centro celebrará o 30 de xaneiro o Día da Paz.
Nos días previos, os preparativos son diversos. Os nenos e nenas están a forrar con papel de cor marrón caixas aportadas por eles mesmos; caixas que simulan ladrillos e nas que escriben sentimentos ou accións negativas que impliquen actitudes de rexeitamento. Os ladrillos darán forma a un muro que será derrubado o día 30 ao tempo que será lido un Manifesto pola Paz. O derrubamento do muro encerra unha sorpresa e , como tal, gardada para ese día.
A interpretación da canción "A muralla", ensaiada en Educación Musical, porá o borche douro a este día.
Festival de Nadal
Este curso, como peche do trimestre, e para celebrar o Nadal, celebraranse dous festivais:
- O mércores, día 18 de decembro, o alumnado de educación infantil actuará para todos os seus familiares ás 13.15h no pavillón.
As panxoliñas serán o motivo para debutar como artistas!
O venres, día 19, ao longo da mañá, contaremos cunha organización especial
- Festival de Nadal:
3 ANOS: Buscando a Papá Noel de Susa Herrera (Cartas que veñen e van)
4 ANOS: Xa me tardan estes magos de Mámá Cabra ( Xa me tardan estes magos)
5 ANOS: Van 3 reis en bicicleta de Mamá Cabra ( Xa me tardan estes magos)
1º EP: Canto de reis e panxoliñas de Asociación de Gaiteiros Galegos (Quiquiriquí)
2º EP: Imos ver ao neno. Tradicional galego Colabora María (5º B)
3º EP: No pendello. Tradicional galego. Colabora Amada (5º B)
4º EP: Aló entre as pallas. Tradicional galego
5º EP: Despedida de ano. Tradicional galego
6º EP: Vive o Nadal (Concurso de panxoliñas escolares)
CHEGADA DE PAPÁ NOEL!
Celebración do Magosto e Samaín
Co fin de darlle a benvida ao outono, no centro estivemos a preparar a celebración do Magosto e Samaín.
O alumnado de nova incorporación participará por primeira vez nunha seria de actividades organizadas polo Equipo de Actividades Complementarias e Extraescolares e, xunto cos máis veteranos, disfrutarán do programado.
O luns, día 27 de outubro, será o día sinalado para a tradicional festividade!