Campaña de alimentación: 1º trimestre do curso 2024/25
Desde a ANPA informamos que está aberto o prazo do pagamento do primeiro trimestre das merendas saudables ata o mércores 25 de setembro de 2024.
[AMPLIADO O PRAZO ATA O MÉRCORES 2 DE OUTUBRO]
O método de pagamento, 31 €, continúa a ser a través da aplicación Miampa https://anpaasolaina.miampa.com/.
Máis info en anpaasolaina2020@gmail.com e o WhatsApp 624133978.
A campaña comeza o martes 1 de outubro.
INFORMACIÓN DE COMEZO DE CURSO
ENTREGA DE LIBROS DE TEXTO
3ºEPº: mércores 4, ás 11:00h, nas aulas.
4ºEPº: mércores 4, ás 12:00h, nas aulas.
ENTREGA DE ORDENADORES
5ºEPº: xoves 5, ás 11:00h, en Secretaría.
6ºEPº: xoves 5, ás 12:00h, en Secretaría.
REUNIÓN COAS FAMILIAS DE 4ºEI (3ANOS)
XOVES 5, ás 11:00h, na biblioteca do centro.
ENTREGA DE MATERIAL
5º e 6º de Educación Infantil (4 e 5 anos): xoves 5, de 10:00 a 13:00h, nas respectivas aulas.
1ºEP: venres 6, ás 11:00h nas respectivas aulas.
2ºEP: venres 6, ás 12:00h nas respectivas aulas.
MATERIAL PRIMEIRO DÍA DE CLASE PARA 3º E 4ºEP
Estoxo con todos os útiles de escritura, caixa de panos, axenda, carpeta e caderno (libreta) de Matemáticas e Lengua.
MATERIAL SEGUNDO DÍA DE CLASE PARA 3º E 4ºEP
Cadernos (libretas) de Lingua e as Ciencias e mais unha segunda carpeta.
MATERIAL EDUCACIÓN FÍSICA
Bolsa de aseo con tenis, toallitas ou toalla pequena, desodorande roll-on (non spray) e camiseta.
PÓDENSE CONSULTAR AS LISTAXES DOS CURSOS NO TABOLEIRO DO CENTRO.
COMEZO DO CURSO: MÉRCORES 11 DE SETEMBRO, en horario normal de 9:00 A 14:00h.
Lembramos as horas de sáida:
-INFANTIL: 13:50H. Entregas do alumnado pola porta principal do edificio, agás 4ºEI (3 anos).
-1º E 2º: 13:55H. Entregas do alumnado pola porta este do edificio.
-3º, 4º, 5º, 6º: 14:00H. Entregas do alumnado pola porta principal do edificio.
SERVIZO DO COMEDOR: dispoñible desde o primeiro día. Pregamos a todas as familias que teñan programado a asistencia ao comedor durante estes primeiros días, que COMUNIQUEN CON ANTELACIÓN AO COLEXIO OS DÍAS QUE TEÑEN PREVISTO O SEU USO, enviando un whatsapp ao número 663891888 ou chamando ao 881930370.
Feliz verán 2024
O venres 21 de xuño foi o derradeiro día deste curso escolar. Pasámolo moi ben durante toda a mañá coas numerosas actividades propostas. Lembramos que os boletíns de cualificacións estarán dispoñíbeis o venres 28 de xuño a través da aplicación ABALAR.
Agora, a descansar!
Volvemos o 11 de setembro.
FELIZ VERÁN!
Visita ás Telleiras
O alumnado de 6º de primaria visitou a mércores 12 de xuño de 2024 o IES As Telleiras. Como xa é costume estes anos, fixemos o desprazamento en bici acompañados da Policía Municipal de Narón. Déronnos unha charla coa oferta formativa e coas experiencias de antigos alumnos do noso centro. Despois visitamos as instalacións. Marchamos con moitas ganas de comezar o curso con forza.
CLUB DE LECTURA_XUÑO
Este martes 4 de xuño na biblioteca de A Solaina houbo unha despedida:
Os descubridores deletras tivemos a nosa última reunión, a nosa última comida xuntos. Que corto se nos fixo esto do Club de lectura!! Hai dous días empezabamos con certa incerteza de como ía ser todo e agora, tras 6 meses, poñemos fin a esta marabillosa aventurachea de páxinas, emocións, risas, charlas, xogos…
Nesta sesión falamos sobre a novela gráfica “Cuando brillan las estrellas” de Victoria Jamieson e Omar Mohamed que para a gran maioría foi a nosa favorita (e tiña o listón moi alto con “Nata e chocolate”). Analizamos un pouco os seus personaxes e certas escenas e falamos acerca do que lles aconteceu unha vez rematada a novela. Sen dúbida unha lectura moi recomendable a todo o mundo, nenos/as e tamén adultos. Non vola perdades!!
Nesta sesión tocounos tamén reflexionar sobre todos estes meses de club e facer unha pequena valoración que, gratamente, foi moi positiva.
E para rematar tivemos un pequeno agasallo para que non paremos de ler.
Grazas a tod@spor compartir estes meses e desfrutar como o fixemos, das lecturas e das reunións. Grazas familiaspor permitir que isto fora posible. Un saúdo!!
Amigos lectores
Este ano 23/24 volvemos retomar ao longo de todo o curso os encontros dos “Amigos lectores” onde o alumnado de cursos altos lles lía aos seus amigos de cursos máis baixos. Unhas lecturas compartidas que sempre son moi ben recibidas. Deixámosvos un pequeno vídeo de como se levou a cabo.
AMIGOS LECTORES A SOLAINA 23-24.mp4
Visita Miguel Anxo Romero: Día da Poesía
Enviado por Lara o Mér, 06/05/2024 - 08:05O pasado marzo para celebrar o día da poesía os nenos e nenas de 3º e 4º recibimos a visita do autor Miguel Anxo Romero.
Ensinounos os seus contos de poemas e as súas ilustracións e animounos a seguir sempre os nosos soños e a facer as cousas que nos gustan.
Ademais, fixemos con el uns libriños moi chulos e ata nos fixo un poema personalizado para A Solaina.
Tamén practicamos ler poemas de formas dierentes: cun boli na boca, rindo, como se tivésemos frío...Foi moi divertido.
Como agradecemento regalámoslle un libro ilustrado por nós mesmos cos poemas que máis nos gustaron dos seus contros e... encantoulle!
Ata a próxima Miguel Anxo, moitas grazas!
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »