PUNTO LARANXA CONTRA O ACOSO E CIBERACOSO ESCOLAR

O Punto Laranxa ten como obxectivo erradicar o acoso e o ciberacoso nos centros educativos, grazas á colaboración de alumnado, docentes, familiares e outros membros da comunidade educativa. O anonimato é a fórmula que da seguridade á hora de denunciar.

Se o estás a sufrir ou coñeces algún posible caso de acoso ou ciberacoso, podes escribir unha mensaxe ANÓNIMA, tanto no buzón do punto laranxa físico, debaixo da escaleira de Voz Natura, como a través do Punto Laranxa virtual neste enlace.

INFORMACIÓN USUARIOS DO COMEDOR

ACTUALIZACIÓN DE USUARIOS DO COMEDOR: LISTAXE PROVISIONAL DE OUTUBRO NO TABOLEIRO DO CENTRO.

PRAZO DE ALEGACIÓNS: DO 9 AO 11 DE OUTUBRO.

 

CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE ROUPA E CALZADO USADO [outubro 2024]

Continuamos a colaborar con Mariola Solidaria na CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE ROUPA E CALZADO USADO en beneficio da ONG Global Humanitaria. 

O día único de recollida é o xoves 3 de outubro de 2024.

Distribuir contido