17 de maio: DÍA DAS LETRAS GALEGAS.

 

OBRA DE TEATRO 6º EP

 

 LETRAS GALEGAS 2020: RICARDO CARVALHO CALERO

 

RICARDO CARVALHO CALERO

Resultado de imagen de RICARDO CARBALLO CALERO

 

Carballo Calero (Ferrol, 1910 - Santiago de Compostela, 1980) foi pioneiro en moitas cousas: el foi o primeiro docente na  Universidade de Santiago das materias de Lingua e Literatura Galegas que se acababan de introducir como optativas nos programas universitarios, tamén, en 1972,  convertíase no primeiro catedrático nesta rama. A súa traxectoria vital está íntimamente ligada ao galeguismo, dende que en 1926 chegou á capital gallega dende A Coruña para estudar Dereito e Filosofía. Aí, o autor entraría en contacto co galeguismo articulado en torno ao Seminario de Estudos Galegos e cultivaría unha estreita relación con Vicente Risco, Castelao, Otero Pedraio e outros intelectuais destacados da Xeración Nós.

Tamén participou na fundación do Partido Galeguista e no  proceso de redacción do Estatuto de Autonomía para Galicia. A guerra civil  atopouno en Madrid preparando as opocisións á cátedra de Bacharelato. Loitou no bando republicano e en 1939 foi detido e condenado a prisión. Dous anos despois foi liberado coa prohibición de exercer cargos públicos, o que o levaría ao exercicio privado da docencia en Lugo, onde restableceu relacións co galeguismo no exilio.

 A súa creación literaria abarca a poesía, a narrativa, o ensaio ou o teatro sumando unhas vinte publicacións.

Neste ano, a RAG, recoñeceu o traballo do autor «en favor da nosa lingua e cultura propias». Carballo Calero,  «constitúe un dos cumios intelectuais e literarios das letras galegas do século XX, razón pola que é merecente do recoñecemento colectivo de tódolos gallegos».

AdxuntoTamaño
LETRAS GALEGAS 2019 anton fraguas.pptx1.54 MB
RICARDO CARBALLO CALERO.pptx694.62 KB

Powered by Drupal - Design by artinet