Eventos
Como cada ano, seguimos mantendo a tradición e facemos un desfile de entroido polas rúas de Ourense para celebrar esta importantísima festa na nosa provincia.
O desfile será o venres día 24 de febreiro, a saída está prevista para as 12:00 da mañá e o regreso sobre as 13:30. A actividade pode ser cambiada de data ou suspendida en caso de mal tempo.
Faremos o recorrido de todos os anos con parada nas escaleiras da catedral para facer a foto de grupo.
Ó rematar TODOS OS NENOS E NENAS entrarán no cole, a saída será á hora de sempre.
Pedimos a vosa colaboración para que todo funcione correctamente:
- Desfilan os nenos/as, non os pais/nais, se ides collidos da man dos vosos fillos/as dificultades a nosa labor de control das filas e dos grupos.
- Podedes acompañar o desfile pero non ocupar o espazo destinado ós nenos/nenas.
- Tanto na saída como nas escaleiras da catedral faremos "sesión fotográfica" pero poremos unha cinta que non se deberá traspasar para poder facer fotos de grupo sen molestarnos uns a outros.
- O respecto por estas normas favorecerá o bo desenrolo da actividade e que se repita no tempo.
AGRADECEMOS MOITO A VOSA COLABORACIÓN
O martes 7 de marzo ás 16:30 amosaremos o centro e informaremos sobre o proceso de escolarización ás persoas que estean interesadas en escolarizar os seus fillos/as no CEIP As Mercedes - Ourense para o curso 2017-2018.
Luns 13 de marzo, alumnos de 1º e 2º de primaria.
Dentro da programación para Escolares Afundación, chega a Ourense Paxaro amigo. Músicas para a paz, de Mamá Cabra. Un espectáculo para 1º e 2º de Primaria inspirado no libro A bruxa Discordia, que nos anima a construír un mundo mellor e máis xusto. Estará no Auditorio Municipal o 13 e 14 de marzo.
Mércores 17 de marzo. Alumnos/as de 5º e 6º de Eduación Primaria.
Charla impartida pola POLICÍA NACIONAL sobre ACOSO ESCOLAR.
ALUMNADO DE 5º E 6º DE PRIMARIA. 20 DE MARZO DE 2017.
"Dentro de la programación para Escolares Afundación, llega a Ourense La maravillosa historia del violín trompeta, de Fetén Fetén. Un recorrido por diferentes culturas, ritmos, timbres y sonoridades de la música popular europea del s. XX para 5º y 6º de Primaria. Estará en el Auditorio Municipal el 20 de marzo."