Hoxe celebramos o 8 de marzo na escola e para conmemorar este día que mellor que contar coa presencia de dúas das mulleres que aparecen reflexadas nas biografías do noso fanzine: Corme mar e terra: o papel das nosas mulleres. Uxía ilustrou a vida da súa avoa Rosalía e Fiz a da súa nai Eva. Foron hoxe elas dúas, Rosalía e Eva as que nos achegaron como é a vida e como foi no pasado de dúas das mulleres que viven no noso territorio. Tanto Eva como Rosalía fixeron fincapé nos múltiples traballos que desenvolven ao longo dun só día e foi Rosalía, xa xubilada, á que nos achegou un pouquiño de historia sobre o papel que mulleres coma ela xogaron en Corme nun pasado moi recente. Para máis info pincha AQUI
|
|||