Na súa segunda edición para o CEIP As Forcadas, chegan os contos de sabedoría para e botrato da man do conto "A pequena loba". No marco dos contrato programa, na liña de actuación adicada á mellora da convivencia escolar, desenvolveremos durante o mes de abril obradoiros conxuntos para familias e alumnado. Con dinámicas vivenciais e participativas, experimentaremos a través deste conto que ten como protagonista unha lobiña, o que é o respecto e a axuda mutua e as posibilidades de cambio persoal e relacional que as persoas, crianzas e adultas, podemos experimentar. Este obradoiro será impartido por Olalla Villaronga Seoane, psicóloga social experta en Terapia do Reencontro. Abrimos xa o periodo de inscrición para familias e alumnado. Animádevos co botrato! |
|||