Nadal

Un ano máis no colexio celebramos o festival de Nadal.

Contamos coa participación de todo o noso alumnado que ofreceu actuacións variadas que traballaron os días previos con moito esforzo e interese.

Vimos neste festival danzas cantadas e escoitamos pezas instrumentais interpretadas cos instrumentos da nosa aula de música e as frautas dos propios interpretes.

Tamén contamos coa participación das nosas antigas alumnas que trouxeron as gaitas para tocar pezas tradicionais que todos cantamos.

Por último, os Reis Magos visitaron a escola para que lles poideramos dar as nosas cartas e facernos una foto con eles.

Mirade estas fotos para recordar o evento: