O edificio de infantil é o máis recente dos dous. Foi construído nos anos 90 e está dotado de aulas grandes e modernas nas que é fácil poder repartir espazos diferenciados tan necesarios en está etapa educativa. Consta dunha única planta, nela sitúanse as dúas aulas de infantil, a aula de xogosou psicomotricidade desta etapa e a aula de audiovisuais. Todo el caracterízase por ser un edificio moi luminoso, en especial polo lado onde se sitúan as xanelas das aulas. Contén: Dúas aulas de Educación Infantil Unha aula de xogos ou psicomotricidade Unha aula de audiovisuais Un espazo museo Aseos Un espazo para ANPA
|
|||