blogue deadmin

Rías libres de plásticos!

Sensibilizámonos “limpando as nosas rías”!

 

Seguimos pensando nunha paisaxe verde, azul e sen plásticos e desta volta, Eva Calvo, nai e membro da ANPA do cole achegounos unha experiencia na que ela participou activamente; o proxecto “Limpando as nosas rías”.

 

Ademais de amosarnos imaxes da cantidade de lixo que podemos atopar no fondo das nosas rías, Eva preparou unha actividade vivencial onde podemos experimentar como lles afecta aos animais mariños o lixo que se atopan no mar.

AQUI atoparedes máis info!!Que haberá debaixo de tea?

 

 

25N: contra a violencia, árbores e palabras

O pasado 25 de novembro celebramos na escola o Día Internacional contra a Violencia de Xénero.

Traballamos arredor da vida de Wangari Mathaai, a muller árbores e ás mulleres keniatas que contra a violencia exercida contra elas e a natureza, decidiron organizarse para plantar cara á mesma. Con árbores e palabras!

 

 

COEDUCACIÓN

 

Día discapacidade

Hoxe no centro celebramos o día da discapacidade

Ver Actividades

 

 

Novas

LISTADO LIBROS DE TEXTO 2024-2025

 

TALLER IGUALDADE

O día 12 e 17, haberá un taller sobre igualdade que foi organizado coa colaboración do Concello de Ponteceso.

Clica aquí para saber máis.

TALLER NUTRICIÓN

O luns 10 de xuño teremos unha formación sobre nutrición a cargo de profesionais que traballan no centro de Saúde de Pontecso.

Recordade que para as famiilas será de 12:15 a 13:15.

XOGO "ABECEDARIO DEL DIABLO"

Estimadas familias,

Como xa informamos o pasado mércores ás familias do grupo de 5º -6º, detectaramos que varias alumnas viñan con lesións no reverso da man. Investigando, atopamos que trátase dun xogo de lesión autoconsentida de carácter viral. De feito, a continuación vos deixamos un enlace sobre unha noticia dun instituto de Asturias no que tamén se detectou:

https://www.lavanguardia.com/vida/20190409/461559683312/abecedario-del-diablo-juego-viral-peligroso-heridas-manos.html

Nós, pola nosa parte, concienciados da importancia de non deixar este tipo de condutas sen o tratamento a nivel persoal e social que merecen, xa iniciamos un traballo no centro levado a cabo pola persoa responsable de benestar en colaboración co resto do profesorado. A maiores fixemos a xestión de contratar a unha profesional que vai facer unha sesión de traballo co alumnado e tamén con aquelas familias que se queiran informar de primeira man sobre este tipo de situación. Ten por nome:"Cando deixa de ser un xogo".

-As datas son:

Martes 11 ás 10:15 - Familias (duración aprox 2h)

Mércores 12 - Alumnado de 5º e 6º de primaria.

-Actividade con:

Tamara R. Pereira (Educadora Social)

Abordaremos a importancia da xestión emocional e presión de grupo, a necesidade de cultivar a autoestima e como esta nos pode condicionar á hora de establecer límites e autocoidados, por exemplo, cos retos virales de tik tok.

Estas sesións realizaranse cunha abordaxe aberta e participativa, co discurso en construcción… pero, isto, que quere dicir? Pois que todas as persoas participantes serán cocreadoras da sesión, amosando dúbidas, inquedanzas e/ou preocupacións para poder marchar con ferramentas e confianza, entre outras!

 Está aberto a familias de calquera curso e idade.

Anímate a participar!

SAÍDA FIN DE CURSO

Este ano imos a Pobo Aventura.

https://poboaventura.com/

Trátase dunha empresa que ofrece actividades lúdicas ao aire libre con moito contacto coa natureza.

Para esta saída as indicacións son moi similares á de Santiago. Teñen que levar comida, bebida, merenda, gorra, roupa e calzado cómodo. Os máis pequenos, por se é preciso, muda.

Data: Mércores 5 de xuño

Horario:

    Saída da parada de Corme (igrexa) ás 9:00.

    Estancia en Teixeiro 10:40 a 17:00.

    Chegada ás paradas de Corme entre 18:45 e 19:15.

(intentaremos ir avisando polo camino a través de AbalarMobil).

O centro faise cargo de todo o gasto; transporte e entrada.

PROGRAMA AXUDA LIBROS DE TEXTO E MATERIAL

Xa saiu o programa de axuda de adquisición de libros de texto e material escolar, así como a ter dereito ao fondo de libros no caso de 3º e 4º de primaria. Se clicades na imaxe poderedes acceder a moita máis información. Tamén podedes contactar co colexio no caso de que precisedes da nosa axuda.

AVALIACIÓN DIAGNÓTICO 4º EP

En cumprimento da nova lei educativa estatal, este curso está previsto en todas as comunidades autónomas a realización das probas da avaliación de diagnóstico para o alumnado de 4.º curso de educación primaria e 2.º curso de educación secundaria obrigatoria. No caso de Galicia, terán lugar os próximos días 10 e 11 de abril.

Pode atopar máis información no seguinte documento dirixido ás familias:

FORMACIÓN MES DE ABRIL

No vindeiro mes de abril imos estar cargados de formacións moi interesantes, tanto para o noso alumnado como para as súas familias.

- 2 de abril. Asociación VIEIROS; utilización de pantallas, adicións e ferramentas. Tamén para familias en horario de 16 a 17:30 horas. 

            Internet e redes sociais

            Teléfono móbil e smarphone

            Videoxogos

            Xogos de azar

            Como identificar o problema, cando debemos preocuparnos

            Pautas para unha boa saúde dixital, control parental

- 17 de abril. Obradoiro de compotaxe, só para o alumnado.

           Impartido por Andrés Silva Vázquez

-22 de abril. ARKHE. Taller en horario de 16 a 17:30 horas na que participan de xeito simultáneo as familias cos seus fillos/as. Sobre creatividade artística literaria.

            BASU-FAUNIA

            Obra insprirada no concepto dos Binomios Fantásticos (Giam Rodari) e a Teoría das pezas soltas ( Nicholson)

            Fomentar a lectura e a creatividade a través da unión das ideas que aparentemente non teñen relación para que surxa unha idea para un texto narrativo, unha historia.

            Imparte Alma Blanco Ferreiro

- 23 de abril. Stop Accidentes. Formación en educación vial. Moi interesante e importante para familias. O horario das familias de 16 a 17:30 horas.

            Trataremos os sistemas de retención infantil nos vehículos.

            O alumnado de 3º a 6º de primaria deberá traer a súa bicicleta para participar na parte práctica. 

- Con data por confirmar.  Temática sobre alimentación saudable e referencia ás merendas escolares.

            Formación a cargo da nutricionista do Centro de Saúde de Ponteceso Rocio Sánchez Canicoba.

En breve pasaremos un enlace online para que vos poidades apuntar a estas formacións.

PERÍODO DE ADMISIÓN

 

Clica para ver máis información

FORMACIÓN PRIMEIROS AUXILIOS

O vindeiro luns 4 de marzo, o noso alumano recibirá unha formación sobre primeiros auxilios. A formación será impartida por Pilar Rioboo. Esta actividade gratuíta foi facilitada polo Concello de Ponteceso despois de ser solicitada polo noso colexio.

 

Entendemos como necesaria unha básica formación neste senso, tanto para saber actuar ante posibles situacións persoais que esperamos nunca acontezan, como para fornecer á sociedade do futuro en coñecementos sobre pautas de axuda en situacións de emerxencia.

CEREBRO E EMOCIÓNS

Estimadas familias,

Xa estamos preparando a segunda xornada formativa de "Cerebro e emocións" para as familias. Como xa vos indicamos para a primeira sesión, forma parte das actividades que se propoñen dende o centro para mellorar a convivencia no colexio.

Non importa se non viñeches o primeiro día, indícao na enquisa para apuntarse ao evento e recibirás información que che axudará.

ENQUISA PARA APUNTARSE

Vinde que ademáis de recibir formación ídelo pasar moi ben.

Unha vez máis, Silvina, a nosa responsabel de benestar e convivencia será a persoa que imparta a formación. 

Un saúdo

ENTROIDO

Comeza o Entoido e como é tradición no noso colexio a próxima semana viremos disfrazados/as.

Atende as coplas de cada día para saber como vir:

- Se o luns queres vir

con gorro e gafas terás que asistir.

-So o martes queres entrenar 

con color e roupa de deporte terás que entrar.

- Se o mércores queres lucir

con zapatos de cores terás que vir.

- Este xoves levántaste da cama

e vente con peluche e pixama.

- Este venres de xogos te disfrazarás

e  unha partida botarás

 

O desfile polas rúas de Corme será o venres día 9 de febreiro. Temos idea de saír ás 11:15 do colexio e despois da queima do Meco (peza xigante de dominó), na carpa da Ribeira, haberá degustación de orellas con chocolate.

Contaremos coa ayuda de Protección civil e ANPA durante o percorrido e agradecemos tamén a colaboración do Concello de Ponteceso. O noso cariño especial para o restaurante Miramar que fai todo o posible para que o custe da degustación nos saía moi barata ou inclusive gratis (como foi o ano pasado).

DÍA DA PAZ

Mañá, martes 30 de xaneiro, dentro das actividades programadas para conmemorar o Día da Paz, vaise celebrar no colexio un concerto didáctico a cargo do grupo de música tradicional do Centro Coreográfico Galego.

Este concerto forma parte dun proceso formativo que o claustro desenvolve en colaboración co CFR de referencia.

Terá lugar no noso ximnasio ás 11 horas e aínda que está completamente orientado ao noso alumnado, queremos invitar a calquera membro da comunidade escolar a que asista como ouvinte.

Os músicos fan un espectáculo de moita calidade e estamos seguros que os amantes da música feita con instrumentos tradicionais vanno gozar.

Para acudir, tende en conta que abrirremos a porta principal do colexio 5 minutos antes do comezo. Sede puntuais polo beneficio de todas e todos.

Unha vez rematado o concerto é obrigado dirixirse á saída pois as actividades académicas deben continuar.

Agardamos a vosa visita.

SAÍDA A CORUÑA

O vindeiro luns día 20 de novembro imos ter unha saída ao Acuario de A Coruña. Esta saída vaise facer durante a xornada lectiva habitual, polo que non modifica os horarios de entrada e saída diarios.

Para esta saída o alumnado deberá levar a súa merenda (auga incluída) e debe levar a roupa axeitada segundo as previsións do tempo para esta xornada.

Como vén sendo costume nos últimos cursos, o alumnado non ten que abonar nin entrada nin transporte.

É unha excursión para todo o alumnado do colexio.

 

Para calquera consulta sobre esta actividade, podedes preguntar ás titoras ou ben a dirección.

ESTADO CAMIÑO ENTRADA/SAÍDA

Clica aqui para acceder á información.

DÍA NON LECTIVO

Autorización do día 13 de outubro, por parte da xefatura territorial de A Coruña, como día non lectivo.

LIBROS DE TEXTO

Listaxe de libros de texto para o curso 2023-2024.

 Para aqueles que teñan dificultade en acceder ao arquivo oficial, deixamos unha captura de pantalla.

 

TRANSPORTE ESCOLAR

Acceso ao cuestionario online para solicitar o uso no curso 2023-2024.

MATRÍCULACIÓN

A partir do día 20 e ata o día 30, está aberto o período de matrícula. Aquelas familias que fixestes a solicitude en marzo, debedes pasar polo centro para formalizar á matricula dos vosos fillos/as.

CIRCULOS DE DIÁLOGO

Na xornada do 20 de xuño, o grupo de 5º e 6º de primaria, recibirán a alumnado do IES Eduardo Pondal, que a través da técnica dos círculos de convivencia, resolverán dúbidas sobre o paso ao instituto para aqueles que cambian de etapa educativa.

APRENDE CO SURFING

O alumnado de 5º e 6º de primaria, o día 14 de xuño farán a segunda sesión de surf deste curso. Terémonos que desprazar a praia de Malpica onde se farán as actividades de area e auga.

O día 19 de xuño, nunha terceira e última sesión, no colexio haberá un obradoiro sobre protección solar natural e respectuosa co ambiente mariño.

VIEIROS

Na xornada do martes 6 de xuño, o grupo de 5º e 6º de primaria, remata o ciclo de tres sesións sobre un uso seguro das redes sociais e videoxogos.

SAÍDA FIN DE CURSO

O día 7 de xuño faremos a saída de fin de curso. Visitaremos aos bombeiros de A Coruña, o Urban Planet e algún parque ao aire libre se o tempo acompaña.

Saída ás 9 horas diante da igrexa de Corme. Chegada arredor das 17:00 ou 17:30 horas. Intentaremos avisar por AbalarMobil e/ou whatapps da ANPA da hora aproximada de chegada. Ollo porque con mal tempo pode ser que teñamos que adiantar esta.

O alumnado terá que levar a comida e bebida.

DÍA DO MEDIO AMBIENTE

 

O luns 5 de xuño, despois das 12h iremos a praia da Ermida para facer algunha actividade relacionado co Día do Medio Ambiente.

50 ANIVERSARIO

Enlace a videos do 50 aniversario.

Clica sobre o cartel para agrandalo.

AXUDAS PARA LIBROS DE TEXO E MATERIAL ESCOLAR

O prazo para presentar as solicitudes remata o 21 de xuño.

O alumnado de 5º e 6º de primaria para o curso que vén terán EDIXGAL e non terán fondo de libros. Si poden solicitar axuda de material.

Anexos para descargar e levar ao colexio.

Haberá que presentar  copia do libro de familia.

De ser o caso:

- Sentenza de separación ou divorcio.

- Certificado de discapacidade sen non foi expedido pola administración autonómica.

Podedes consultar a seguinte información sobre o procedemento:

Anunicio breve da convocatoria.

Orde do 10 de maio.

Forma de presentación. 

Ademais da presentación de forma presencial no centro, os cidadáns poderán realizar a solicitude na

sede electrónica da Xunta de Galicia, accedendo ao procedemento ED330B, que enlazará coa aplicación

Fondolibros. Unha vez que teñan cubertos todos os datos, poderán gardala e obter o número de

solicitude. Posteriormente, disporán das seguintes formas de presentación:

 

No centro: Neste caso imprimirán a solicitude e o anexo II e presentaranos no centro

(debidamente asinados), xunto coa documentación (A solicitude xa terá asignado un número pola

aplicación). O centro deberá acceder ao menú “Solicitudes”, submenú “Xestión de solicitudes” e

premer no botón “Rexistrar solicitude xerada en fondolibros” e introducir o número que figura

na parte superior dereita da solicitude, así como a data de presentación no centro. Deste xeito

accédese á solicitude para validala.

 

Na Sede Electrónica da Xunta de Galicia. Neste suposto o centro recibirá un aviso no seu correo

electrónico que lle informará de que ten solicitudes presentadas por esta vía.

 CONCURSO LOGO RADIO ESCOLAR

A nosa radio escolar comeza a dar o seus primeiros pasos. Xa ten nome: Radio As Forcadas, mais agora precisa dun logo. Axúdanos a atopar un participando nesta iniciativa. Clica e descubre máis.

 

AVISO DO CONCELLO DE PONTECESO (BIBLIOTECA DIXITAL MUNICIPAL)

Ponteceso quere ser un referente na promoción da lectura coa inauguración da Biblioteca Dixital Ponteceso.

Igual que somos referentes na promoción da vida saudable e a cultura con tres fundacións como Eduardo Pondal, Ricardo Pérez y Verdes e Torre Pujales con sedes cheas de eventos e implicación social, agora queremos ser o Concello que máis se abona en todas as idades, e para todas as persoas, á biblioteca dixital de forma sinxela e adaptada. 

Para iso os "activistas" este martes de 18.00 a 20.00 horas da tarde, van ser os irmáns e irmás Bolechas co seu can Chispa. Tamén contaremos coa presenza da subdelegada do Goberno María Rivas, que presentará a plataforma eBiblio do ministerio de Cultura, cun axente lector dixital, na biblioteca do Concello de Ponteceso. 

A plataforma dá acceso directo a milleiros de libros e revistas en castelán e algúns títulos en galego. Calquera neno ou nena que traia unha tableta ou libro electrónico, vai marchar con ata sete libros infantís e xuvenís emprestados no seu dispositivo, así como revistas actuais e anteriores na hemeroteca.

"Imos prestar un libro electrónico ás persoas vulnerables que non poidan acceder a mercar o seu propio dispositivo. Todas as persoas van ter acceso á lectura en dixital, e dende o Concello imos impulsar o acceso universal", indicou o alcalde, Xosé Lois García. 

Entre os títulos que se poderán levar prestados este martes nos dispositivos electrónicos están estes once títulos dos Bolechas: 

• Os hábitats  

• Os deportes  

• Florencio Delgado Gurriarán.

• Xela Arias        

• Castelao

• Os Bolechas coidan as mascotas da vecina.

• Ramón Otero Pedraio.

• Rosalía de Castro.

• A música.

• Os Bolechas van nunha nave espacial.

• Como nacemos.

  Autor:  Pepe Carreiro.

"Animamos as familias que traian os seus libros dos Bolechas,  a súa tableta ou libro electrónico, porque poderanse retratar cos seus personaxes favoritos durante dúas horas, na biblioteca de Ponteceso. Ademais do préstamo tradicional, temos que abrir a xanela do préstamo en liña para que aumenten as opcións para todas as veciñas e veciños de Ponteceso, e que tamén avance o libro galego, que actualmente ten menos títulos en electrónico." 

PROGRAMA

Ás 18:00 Inauguración da biblioteca dixital, coa subdelegada do Goberno, María Rivas e o Alcalde de Ponteceso, Xosé Lois García Carballido, que explicaran de forma intuitiva o uso da App eBiblio de Android e Iphone así como un libro electrónico para descargar un libro en préstamo.

18:00h ás 20:00h  Durante dúas horas, os Bolechas retrataranse e interactuarán cos nenos e nenas de todas as idades presentes. O Concello de Ponteceso facilitará a alta de todos os usuarios e usuarias que veñan esa tarde, que poderán levar xa 7 libros ou revistas no seu dispositivo, de entre a seguinte oferta:8407 libros electrónicos, 686 audiolibros, 169 títulos de revistas de quiosco actuáis e os centos de números anteriores, da súa hemeroteca.

ADMISIÓN 

O vindeiro mes de marzo, do 1 ao 20, as familias que teñan intención de matricularse no noso centro, deberán facer a súa solicitude de admisión para o curso 2023-2024.

Coma sempre, aqueles alumnos e alumnas que xa pertencen ao colexio, non teñen que facer nada para estar matriculados no vindeiro curso académico (a excepción dos de sexto de primaria, que xa fixeron a reserva para o IES).

 

Para ter máis información, clica no seguinte enlace: ADMISIÓN.

ENTROIDO

Hoxe Día da Radio, queremos darvos información do desfile deste venres 17 de febreiro cun podcast feito no colexio: 

 

 

Comeza o Entroido, este ano dedicado a vida dos nosos avós ou bisavós. Polo momento imos pouco a pouco coa información. Para comezar vos deixamos as premisas de como vir disfrazados a próxima semana.:

Luns

Se o luns vas vir,

de cores terás que vestir.

Martes

Se o martes queres festexar,

gorro e "gafas" teras que levar.

Mércores

Se o mércores queres destacar,

o pelo con cores terás que levar.

Xoves

Se o xoves non queres despertar,

zapatillas, pixama e peluche terás que levar.

RERSERVA DE PRAZA

A partir do 16 de xaneiro e ata o 6 de febreiro comeza o período para a reserva de praza no IES Eduardo Pondal de Ponteceso.

Para cursar a reserva é preciso facer o trámite a través da aplicación admisionalumnado ou ben presentando o documento na secretaría do colexio.

Podedes acceder ao manual clicando sobres este texto.

Cubre e impreme a solicitude se a vas preserntar no colexio. ED550A

Deberás engadir á solicitude: libro de familia, sentenza de separación (se a hai), documentación acreditativa do alumnado con necesidades específicas (se é preciso).

En todos os casos de solicitude (de reserva, admisión ordinaria e escolarización extraordinaria) de alumnado menor de idade non emancipado é necesario o consentimento de ambas persoas proxenitoras, titoras ou acolledoras, coa única excepción do consentimento do agresor nos casos de violencia de xénero. 

Pronto colgaremos nova información sobre o Entroido, aínda que as titorías sei que algo xa vos foron adiantando.

FESTIVAL DE NADAL

O día 22 de decembro terá lugar o tradicional festival de Nadal do colexio. Este ano nos congratulamos de poder invitar de novo a toda a nosa comunidade escolar.

Todo o relativo ás actuacións estarán ambientadas no tempo dos avós e avoas do noso alumnado polo que se agradece que todo o que queira veña con vestimenta que recorde aqueles tempos. Do mesmo xeito queremos agradecer o esforzo que se vos pide á hora de traer ás vosas fillas e fillos vestidos acorde á temática proposta.

A hora exacta de apertura de portas para asistir ao festival se vos será trasmitida a través do ABALARMOVIL e por este mesmo medio.

CONCERTO CORAL BRISAS DO MAR

O día 19 de decembro hai programado un pequeno concerto da coral de Corme Brisas do Mar. Cantarán dúas ou tres cancións relacionadas co Nadal para o noso alumnado. A actividade forma parte dun plan artellado polo conxunto das corais da zona coa intención de motivar ao máis novos a unirse as súas agrupacións. Para isto van actuar polos diistintos centro educativos  do concello. As corais están vendo que cada ano teñen unha media de idade máis elevada o que fai perigar a súa continidade no tempo. 

DÍA DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

O luns 5 de decembro celebramos no colexio o Día das Persoas con Discapacidade. Realizamos distntos talleres relacionados con posibles discapacidades para concienciar ao noso alumnado das posibles dificultades que poden ter as persoas que teñen algunha discapacidade e ao tempo da normalidade que lle hai que dar a esta circunstancia.

UN CLIC PARA EL COLE

 

Queridas familias,

 

O noso centro educativo participará na iniciativa Un Clic para el Cole 2022-2023 co obxectivo de acumular un crédito virtual que cambiaremos por material escolar.

 

Para iso, necesitamos a túa axuda.

 

É moi doado e non custa nada. Só tes que rexistrarte en www.unclicparaelcole.es e seleccionar o noso centro educativo.

A partir de aí, recibiremos todos os beneficios das compras que realices en www.amazon.es.

 

3 sinxelos pasos para rexistrarse:

 

- Entra en www.unclicparaelcole.es

 

- Selecciona o noso centro educativo

 

- Compra con normalidade en www.amazon.es e o centro acumulará o crédito virtual

 

 

Contamos contigo para que nos axudes.

 

A iniciativa ten vixencia dende o 26 de setembro de 2022 ata o 26 de xaneiro de 2023.

 

Grazas pola súa colaboración.

 

Sinatura.Amazon EU SARL, Société de responsabilidade limitada, 38 Avenue John F. Kennedy, L-1855 Luxemburgo; Capital social: 37.500 euros; Número de rexistro en Luxemburgo: B-101818; Número de licenza comercial: 134248; Número de rexistro do IVE en Luxemburgo: LU 20260743. Sucursal local en España: Amazon EU SARL, oficina en España, rúa Ramírez de Prado,5, 28045 Madrid (Madrid), España, NIF: W0184081H. Inscrita no Rexistro Mercantil de Madrid: Tomo: 33166, Libro: 0, Folio: 105, Sección 8, Folla: M-596819, Inscrición 1a.

LISTADO LIBROS DE TEXTO CURSO 2022-2023

 

 

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR

Resolución 19 de setembro DOG 30 de setembro

Aviso do comezo do proceso

Convocatoria sector familias

Calendario electoral

Proclamación de candidaturas no sector das familias

 SAMAÍN

O próximo día 28 de outubro celebraremos no colexio o Samaín. Neste día imos ter varias actividades para que o alumnado o pase de medo.

Para este día, tal e como vén sendo tradición no noso colexio o alumnado poderá vir disfrazado.

Coma sempre contamos coa inestimable colaboración da nosa ANPA que vai a ambientar o centro acorde coa temática da celebración. Tamén a través da ANPA vaise pedir a colaboración das familias para montar una merenda terrorífica tal e como se fixo antes de que chegase a pandemia.

Durante o tempo desta merenda, se conseguimos a colaboración necesaria para levala a cabo, as familias poderán acceder ao centro e gozar dun tempo lúdico no que poder facerse fotos cos seus fillos e fillas e comer algo, que a ninguén lle amarga un doce aínda que sexa horripilante.

Tamén agradecemos que nos traiades cabazas, vasoiras ou calquera outra creación para facer unha exposición no patio cuberto. Podedes traelas dende o luns 24 e levalas para casa o propio día 28. O que sexa perecedeiro e non o levedes con vós o venres teremos que tiralo ao lixo.

Por último recordarvos que os días 31 de outubro e 2 de novembro non hai clase.

VALES DE MATERIAL ESCOLAR DE 25 EUROS

A Consellería de Educación vén recentemente de publicar unha ampliación para aquelas familias que xa recibiran o vale de 50 euros para material escolar.

A cantidade da ampliación é de 25 euros.

Para facilitarvos a recepción deste vale ás familias que vos corresponde, imos envíar ás casas polo alumnado, nun primeiro paso, os documentos que tendes que asinar por recibilo. Un vez nos veñan de volta asinados, enviaremos tamén polo alumnado os vales para que os teñades no voso poder.

Recordade que só as nais, os pais e os titores legais poden asinar os recibís. Os nomes dos autorizados xa aparecen na propia folla.

É importante por todo o dito que, como xa facedes a diario, revisedes as mochilas.

A recomendación é que o vale sexa empregado antes do final deste ano.

XORNADA SOBRE A MADEIRA EN O COUTO

O luns 17 de outubro iremos á aldea do Couto para participar con todo o alumnado do colexio en varios obradoiros sobre a madeira.

Organiza a fundación Eduardo Pondal e patrocina a Axencia Forestal de Galicia. 

Circular recordadndo o acto da votación

AUTORIZACIÓN DÍA NON LECTIVO 2 DE NOVEMBRO

Clicando aquí poderedes ver o documento que autoriza como non lectivo o día 2 de novembro de 2022.

BECAS ANEAE

 

 

 

SAÍDA FIN DE CURSO

RUTA DA AUGA

Mañá o alumnado de 3º a 6º terán unha sesión formativa sobre a depuradora e a auga do río Anllóns. O xoves farán unha saída guiada para desenvolver os aspectos tratados na sesión formativa. Trátase dunha actividade orgnizada polo concello de Ponteceso.

PORTAS ABERTAS IES

Este ano volven os alumnos da aula de 5º e 6º a facer unha visitia ao IES Eduardo Pondal de Ponteceso. A data prevista é o día 8 de xuño. Acompañados por antigos alumnos/as do noso colexio e que agora están no instituto, coñeceran as distintas dependencias e liñas de formación que alí hai. 

DÍA DO MEDIOAMBIENTE

O día 6 de xuño, aínda que con un día de retraso (a data do Día do Medioambiente é o 5 de xuño, domingo), imos ir a praia da Ermida para realizar unha actividade de concienciación medioambiental. Para isto imos contar coa colaboración do CEIDA (Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia): http://www.ceida.org/

AXUDAS LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR 2022-2023

O prazo para presentar as solicitudes remata o 22 de xuño.

Haberá que presentar copia do libro de familia.

E de ser o caso:

- Da sentenza de separación ou divorcio.

- Do certificado de discacidade se non foi expedido pola administración autonómica.

Para o resto de casuísticas consultar a Orde do 29 de abril de 2022

Orde do 29 de abril de 2022

Anexo I e II (ED330B)

BECAS ANEAE

ADMISIÓN E MATRÍCULA

 

Clica aqui para ober toda a información.

ACTIVIDADE DE SURF

Clica aquí par ver a información e autorización sobre a actividade de surf para este curso 2021-2022.

 

PROBAS DO NOSO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN AO ALUMNADO DE 6º

 Aquí tendes a información:

 

16 DE MAIO DÍA NON LECTIVO

 Recordamos que tal como se determinou polo Consello Escolar ao comezo de curso, o día 16 de maio non é lectivo para o CEIP As Forcadas. 

EXCURSIÓN A CORUÑA

O venres 29 de abril haberá unha saída á cidade de A Coruña.

Clica aquí para ver toda a información.

CASTING ARGONAUTAS

MENSAXE RECIBIDA:

Buenas tardes,
Después de nuestra llamada, te envío la documentación que te decía sobre la serie que vamos a rodar este verano, ARGONAUTAS, para CLAN de TVE.
Os adjunto un dossier de la serie con toda la información.
Lo que buscamos son niños y niñas de 4º y 5º de primaria.
En caso de que a alguno de vuestros alumnos le interesase, nos pondríamos de nuevo en contacto para gestionar y organizar uno o varios días de casting ahí en el propio cole, en los horarios que os vengan bien por clases, etc.
El casting dura unos 10-15 min por niño más o menos.
Ahora como viene semana Santa, lo dejaríamos organizado, pero lo llevaríamos a cabo en la semana de vuelta, la del 19 de abril.
Te adjunto también una carta dirigida a los padres de los alumnos, y una autorización que deberían cubrir en caso de querer asistir al casting.
Muchas gracias! Espero tu respuesta

 

Un saludo, Sandra

Carta familias

Autorización proxenitores

Información

COMUNICADO XUNTA AXUDA UCRAINA

 

http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/comunicado_conxunto_crise_humanitaria_ucraina.pdf

 

ENTROIDO

Clicando sobre a imaxe poderedes ver información sobre o desfile de Entroido para este venres 25 de febreiro.

Feliz Entroido!!

INFORMACIÓN COVID DE INTERESE

Test rápido de antíxeno por saliva.

Novidades no protocolo escolar actualización do 14 de xaneiro.

RESERVA DE PRAZA PARA O CURSO 2022-2023 NO IES EDUARDO PONDAL

Clica para acceder á información

 

PROCEDEMENTO DE DISTRUBUCIÓN DE MÁSCARAS ENTRE O ALUMNADO

Orde do 28 de outubro (DOG 12 NOV)

ELECCIÓNS  AO CONSELLO ESCOLAR

Resolución do 20 de setembro (DOG 29 de setembro)

Circular informativa

Calendario electoral

Candidaturas aos distintos sectores

CAMBIO HORARIO CURSO 2021-2022

Xa temos resposta da Xefatura Territorial autorizando o cambio de hrorio para o vinceiro curso 201-2022.

Así adiantamos en 10 minutos respecto ao que viñamos tendo ata agora, quedando do seguinte xeito: 9:35-14:35.

Adxuntamos documento

 

LISTADO DE LIBROS DE TEXTO

Para o curso 2021-2022

Tamén stá exposto no taboleiro do colexio.

 

Clica aquí para acceder ás novas do noso colexio.

RECADACIÓN UNOENTRECIENMIL

O noso centro logrou doar un total de 149 euros para a investigación no tratamento da leucemia infantil.

 

SAMAÍN

Estimadas familias:

O vindeiro venres 29 de outubro celebraremos no noso centro o Samaín. Para iso precisamos da vosa colaboración. 

Convidamos ao noso alumnado a que traia ao colexio unha cabaza e/ou unha vasoira decoradas da temática do Samaín. Poderedes traelas ao cole a partir do luns 25 de outubro. Con todo faremos unha exposición.

venres 29, día da celebración, o alumnado poderá vir disfrazado segundo a temática da festividade. 

CARREIRA SOLIDARIA UNOENTRECIENMIL

Estimadas familias:

O vindeiro venres 22 de outubro o noso colexio participará na VII edición da “Vuelta al Cole’ de la Fundación Unoentrecienmil” a través dunha carreira solidaria.

A doazón a prol da INVESTIGACIÓN DA LEUCEMIA INFANTIL será de carácter voluntaria. Se faga doazón ou non todo o alumnado participará. Pódese doar a partir de 1 euro por deportista.

A carreira farase dentro do recinto escolar e debido a situación sanitaria que estamos vivindo, as familias non poderán vir correr.

Cada participante levará un dorsal feito para o evento e recibirá un diploma co seu nome.

Tendes máis información na web do colexio e no seguinte enlace:

Por mais avances na investigación contra a leucemia infantil!

 

Cicla sobre este texto para ver a circular

SONRISA ESCOLAR

O vindeiro dia 18 de outubro (luns), despois de consultar á representación das familias no centro, a empresa Sonrisa Escolar SL, tal e como se viña facendo en anos anteriores vai vir ao centro a facer fotos recordo do alumnado. Como poderedes ver na circular enviada pola empresa, non supón ningún compromiso de adquisición do produto e vanse tomar as medidas de seguridade necesarias segundo protocolo COVID.

ENQUISA MEDIOS NA CASA

Solicitamos ás familias que cubran a seguinte enquisa sobre os medios de carácter telemático que dispoñen para o noso alumnado na casa. Esta informacións é necesaria para o centro no caso dunha eventual educación a distancia e para un mellor coñecemento do profesorado no caso de ampliar as posibilidades educativas fóra da aula.

 

Clica sobre o enlace: https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSd3Bho7fJVVL0PWKYJCwwdq4vDHALPXtEM1FFl6EV0axDU5Mg/viewform?usp=sf_link

DÍAS NON LECTIVOS

O vindeiro venres día 24 de setembro non haberá clase por ser festivo local en Corme.

 

TRANSPORTE ESCOLAR 2021-20222

Dadas as instrucións para o vindeiro curso pola Consellería de Educación e a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, hai cambios importantes de cara ao uso dos usuarios non lexítimos de transporte escolar nas rutas de servizos de transporte integrados. No noso centro para o curso 2021-2022 todos os usuarios están afectados por estos cambios.

En cursos anteriores a dirección do centro, por estas datas, introducía dentro da aplicación corporativa de transporeescolar as solicitudes recollidas a través da enquisa online que cubrides no mes de maio. Este ano a aplicación para usuarios autorizados (aqueles que están dentro do perímetro inferrior a 2 km do centro escolar), con é o caso de todas as recibidas, non deixa facer a solicitude. A partir de agora, o uso para estes casos será ordinario como para calquera usuario do servizo. A forma que adoptaron as respectivas consellerías para subvencionar as viaxes é o uso da tarxeta XENTE NOVA que proporciona 60 viaxes gratuítas as persoas comprendidas entre os 4 e os 20 anos.

A continuación vos deixo un enlace para que coñezades como solicitar a tarxeta e información da mesma:

https://www.bus.gal/es/xente-nova

A dirección deste centro xa pressentou un correo para que aclarasen dúbidas sobre varias cuestións relativas a se vai haber persoal coidador no autobús, ao control de asentos en canto a situación Covid, ausencia de persoas autorizadas na recollida das paradas, ... A resposta é a que segue:

 

 

Bos días,

En contestación ao seu correo electrónico relativo á Instrución conxunta 1/2021, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Universidade e da Dirección Xeral de Mobilidade da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, do 25 de xuño, sobre a xestión do servizo de transporte de escolares no curso escolar 2021-2022, cómpre sinalar que, no caso dos servizos integrados, estamos ante un servizo público regular de uso xeral  que pode ser utilizado, sen discriminación, por calquera persoa que o desexe nas condicións que establece a lei 2/2017, do 8 de febreiro, de medidas fiscais, administrativas e de ordenación e demais normativa de aplicación. 

Neste sentido, os escolares con dereito a reserva de praza seguen a ter garantido o transporte gratuíto con base na habilitación contida no artigo 74 da dita lei. Os escolares que non teñen reserva de praza, por estar nos supostos que se indican na instrución, tendo en conta ese carácter de transporte regular de uso xeral, poden facer uso do servizo, como o resto de persoas usuarias, sempre que haxa prazas dispoñibles, podendo beneficiarse da súa utilización sen custo algún, mediante o pagamento coa tarxeta Xente Nova, de xeito que os importes inicialmente abonados seranlles reintegrados pola Xunta de Galicia.

Un saúdo,

 DIRECCIÓN XERAL DE MOBILIDADE

AXUDA DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

A partir do 21 de maio e ata o 22 de xuño pódense solicitar as axudas para libros de texto e material escolar para o curso 2021-2022.

Orde do 20 de maio

Información do centro

Descarga dos anexos I e II

 

Mediante mensaxe de ABLAR MÓBIL se comunicarán as datas e a forma para poder recoller os vales de axuda.

 

As listaxes de solicitudes con axuda ou sen ela só serán expostas no taboleiro do centro.

 

ENQUISA SURF AND CLEAN

Aquí tendes o enlace para cubrir unha enquisa relacionada coa actividade de Surf. Só se debe cubrir para o alumnado que está autorizado para entrar na auga.

https://forms.gle/6r1ZDG8he8SEZRHw7

Tamén engadimos este enlace que nos pasaron os organizadores:

https://www.rtve.es/m/alacarta/videos/surfinges/t4-programa-3/5822523/?media=tve&fbclid=IwAR06DvXLHimjK8lZ59A_DImSbI9rgyhIyge7tsY5ef4Z9z_8TNxr0ILMt38

ADMISIÓN

Clica na imaxe de abaixo para acceder a toda a información.

XORNADAS FORMATIVAS PARA FAMILIAS AULA VIRTUAL

Adiadas pola situación COVID

 

Unha vez rematadas as xornadas formativas para as familias de 3º a 6º de primaria, estamos xa a programar a formación en páxina web do colexio e videoconferncia na plataforma Cisco Webex para o resto de familias.

PROBAS DEPARTAMENTO ORIENTACIÓN 6º EI

Documento informativo da xefa do departemento de orientación.

COPLAS DA SEMANA DO MECO

Do 8 ao 12 de febreiro

 

Se do Entroido queres gozar

as consignas do meco debes completar

 

luns se a cabeza despeluxada tes,

un GORRO debes poñer

 

martes non esquezas o gorro,

e se tes frío nos pés

uns CALCETÍNS LONGOS debes traer

 

mércores se de “look” queres cambiar

unha PERRUCA nova terás que levar

 

xoves se preguiza vas ter 

boneco e PIXAMA poderás traer

 

O venres se do Entroido non te queres esquecer

 

mantente atento e pásao ben

MÁSCARAS

Despois das vacacións, segundo a Orde do 6 de novembro pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado de primaria no curso 2020-2021, serán repartidas as máscaras.

A cada alumno/a se lle entregarán 10 máscaras que permiten 25 lavados (suficientes para rematar o curso escolar).

 

Cada día deberán ser empregadas dúas máscaras, pois poden ser usadas por un máximo de 4 horas. Con dez dá para os cinco días lectivos da semana.

RESERVA PLAZA IES

A partir do día 11 de xaneiro xa se poden entregar as solicitudes de reserva para o IES Eduardo Pondal de Ponteceso.

Para acceder a máis información podedes clicar na imaxe:

Clica para ir ao impreso:

 

ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR

Clica aquí para máis información

MÁSCARAS PARA ALUMNADO

Aquí podedes consulatar a orde do 6 de novembro que regula os criterios e procedemento para a distribución de máscaras entre alumnado de primaria.

CONCERTO DE NADAL

O concello organiza para todo o alumnado de infantil e primaria un concerto de Nadal.

 

MAGOSTO 

Este ano, dada a situación actual, non imos poder repetir a experiencia tan bonita dos cursos anteriores onde as familias colaboraron co colexio na organización de xogos tradicionais. Aínda así, o próximo martes 10 de novembro imos asar castañas para que o alumnado poida tomalas como merenda antes do tempo de recreo. Para non entrar en situación de risco, este ano o centro non pide as familias que traian castañas.

XORNADAS FORMATIVAS PARA FAMILIAS AULA VIRTUAL

Durante os días 3, 4, 5 e 6 de novembro, vanse impartir para as familias un par de sesións onde se lles formará no máis básico do uso da Aula Virtual, videoconferencias Webex e navegación pola páxina web do centro.

Cada familia xa foi informada por AbalarMobil dos días da próxima semana que lles corresponde asistir.

Os familiares (un por familia) que acudan a esta formación, van empregar as tabletas dos seus fillos e fillas polo que é importante que as traian e que veñan con carga de batería.

Aos do grupo de terceiro de primaria se lles facilitará o propio día.

Ademais, para a seguridade xeral deberanse cumprir todas as normas en materia de protocolo Covid dentro do centro: uso de máscara, hixienización de mans ao entrar e distancia social entre participantes.

AUTORIZACIÓN ACTIVIDADE SURF AND CLEAN

Aquí tes información sobre a actividade. Clica sobre a imaxe.

 

 

PRENDAS ESQUECIDAS

Temos no centro estas prendas que non pareceren ter dono. Deben ser de donos distintos por que o suadoiro aínda foi recuperado onte e as botas son do curso pasado. A familia que as identifique que veña buscalas.

MATERIAL ESCOLAR COVID

Pañuelos Tork DRÖNA caja beige 33 cm 38 cm 33 cm

Mascarillas Infantiles. 3 Modelos.Liso o Colores - Asister

Paquete panos de papel 150 unidades Só para educación primaria caixa Dröna de Ikea

Só para primaria máscara.

Dúas por día. Mellor reutilizables

 PERÍODO ADAPTACIÓN INFANTIL

O período de adaptación para o curso 2020-2021 será o seguinte:

1º e 2º día de 10:00 a 11:00 horas

Do 14 ao 18 de 10:00 a 12:00 horas

Do 21 ao 25 de 10:00 a 13:00 horas

Do 28 ao 30 de 10:00 a 14:00 horas

 

 A partir do 1 de outubro de 9:45 a 14:45 horas (horario ordinario)

 

EDUCACIÓN INFANTIL

 

As familias de eduación infantil tendes no menú lateral desta páxina un apartado propio para vós, é o que pon Infantil. Dentro deste veredes en Novas aquelas cousas das que vos avisemos polo Aba

PRIMEIROS DÍAS DE CLASE

Día 10 setembro

4º e 5º Infantil, 1º, 2º e 3º primaria.

Día 11 setembro

 6º Infantil, 4º, 5º e 6º primaria.

LIBROS DE TEXTO CURSO 2020-2021

Clica aquí para acceder á listaxe.

CALENDARIO ENTREGA E RECOLLIDA MATERIAL ESCOLAR

Clica aquí para saber cando tes que vir ao colexio.

 

TRANPORTE ESCOLAR

Accede clicando aquí para cubrir a solicitude de uso de transporte escolar para o curso 2020-2021.

Imagen formulario.png 

 

AXUDAS DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

A partir do 20 de maio e ata o 19 de xuño é o prazo para solicitar as axudas para libros de texto e material escolar.

Manual do cidadán.

Orde do 12 de maio.

Podedes descargar o anexo en pdf clicando aquí.

Clica aqui para máis información.

PROGRAMACIÓN 3º TRIMESTRE

O profesorado do centro, por orde da inspeccións educativa, readaptou aa súas programacións para acomodalas á situación de confinamento. Esta adaptación atende as exisencias recollidas nas instrucións do 27 de abril de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso académico 2019/20, nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galician e dáselle visibilidade a través desta web unha vez comunicada a publicación ás familias a través da aplicación AbalarMobil.

Clica na imaxe para acceder ao documento. 

VIDEOCONFERENCIAS CISCO WEBEX

Direccións do profesorado para acceder ás reunións co profesorado.

 

ENLACE A TAREFAS ESCOLARES NA CASA

Nesta páxina vas atopar dun xeito sinxelo como acceder ás tarefas por cursos e niveis.

Aínda así deberás seguir atendendo ás indicacións recibidas por AbalarMobil ou correo elecrónico.

Nota dirección sobre material profesorado.

Correo electrónico: ceip.asforcada@edu.xunta.gal

Teléfono: 881880929

 

Toda a información de interese que vaia saindo a colgaremos aquí, na páxina web do colexio, así que recomendamos que a visitedes frecuentemente e esteades atentos as notificacións por ABALARMOBIL.

NOTA TABLETAS DO COLEXIO

Clica aqui para ver a nota.

 

 

ADMISIÓN E MATRÍCULA

Ábrese do 11 ao 18 de maio o prazo para solicitar admisión nos centro de ensino para o curso 2020-2021. O período de matrícula será do 1 ao 10 de xullo.

Para o alumnado que pasa ao IES, a matrícula será do 1 ao 10 de xullo.

BOLETÍNS E 3ª AVALIACIÓN

Enlace á información. Cicla sobre este texto. 

TAREFAS ESCOLARES

O conxunto do profesorado do centro, a través das plataformas telemáticas que teña ao seu alcance, vos informará das tarefas que o alumnado deba ir realizando durante este período de ausencia ao colexio. Revisade nesta mesma páxina web na parte esquerda os menús dos cursos dos vosos fillos e fillas.

Ademais dende o departamento de orientación apórtanse varias recomendacións.

Resultado de imaxes para: icono pdf

Clica para ver as recomendacións

CONTOS DE SABEDORÍA E BOTRATO (OBRADOIRO)

Por suspensión da actividade lectiva, queda suspendido temporalmente o obradoiro. En canto se reanuden de xeito ordinario as clases vos avisaremos aos que estabades participando das novas datas de participación.

Un saúdo,

XORNADA DE ROBÓTICA

O día 12 de marzo en horario habitual, o noso alumnado vai ter unha xornada de aproximación á robotica. Iremos a O Couto e alí un especialista ensinará nunha xornada lúdica e formativa os rudimentos básicos sobre a programación de robots deseñados para o  ámbito escolar.

Esta actividade foi unha proposta presentada ao noso centro entre o asesor en formación da nosa zona educativa e a ANPA As Forcadas.

O transporte será gratuíto para todo o alumnado.

MELGA (Museo Etnolúdico de Galicia)

Suspedida a espera de acontecementos.

 

A Xunta suspende as clases por 14 días para evitar proopagación do COVID-19. +info.

Obradoiro Contos de Sabedoría e Botrato. +info.

O día 12 de marzo teremos unha xornada de robótica para o alumnado do colexio na aldea de O Couto. +info.

O centro escolar xa conta cun desfibrilador que estará activo unha vez se produzan as xornadas formativas para aprender a usalo. + info.

Os días 27 de febreiro para grupos de 3º a 6º e o día 6 de marzo para os grupos de infantil e 1º e 2º, se fará unha saída ao MELGA (ubicado na planta baixa da biblioteca de Ponteceso).

Entroido 2020. O día 21 de febreiro celebramos o noso tradicional Entroido.

Período de reserva de praza no IES para o alumnado de 6º de primaria. +info.   Descarga aquí o formulario de reserva.

Saída ao CEIP de Bormoio-Agualada polo Día da Paz. + info.

Nota sobre a mascota da biblioteca. +info.

Festival de Nadal. +info.

Proxecto da ANPA para dotar ao colexio dun desfibrilador. +info.

Enquisa sustentabilidade. +info.

Espazo Educar unha escola de familia. +info.

O día 5 de novembro celebramos o Magosto. +info.

O día 29 de outubro celebramos o Samín. + info.

Listaxe oficial libros de texto para o curso 2019-2020. + info.

Distribuir contido