Actividades

Obra Almirante Mourelle

Hoxe día 22 de decembro, fíxose a presentación da produción audiovisual sobre o Almirante Mourelle traballada polo alumnado de primaria do noso colexio.

Para levar a cabo este traballo foi necesia a colaboración do CFR (Centro de Formación e Recursos) de A Coruña, que trouxo a unha figura da arte dramática galega como é Lucho Penabade. Lucho creou un guión que el mesmo traballou co noso alumnado sobre a figura do cormelán Mourelle De La Rúa. Durante unicamente un par de xornadas foi quen de coordinar coas titorías un traballo que ao final quedou plasmado no video que aparece debaixo destas liñas.

Esperamos que poidades disfrutar del e que saibades perdoar os posibles erros que poida haber.

Tamén o noso agradecemento a Xosé Bocixa que grabou e editou todo e tivo moitísima paciencia con todos nós.

Icono Video, logo, jugar Gratis de Youtuber

CLICA NA IMAXE PARA DESCARGAR OU VER O VÍDEO

Letras Galegas

Este ano as Letras Galegas 2020 se lle adican a figura do escritor Carvalho Calero.

Aínda que van ser unhas Letras Galegas un pouco estrañas, o coordinador do Equipo de Dinamización da Lingua Galega quérevos achegar un xogo que seguro vos vai gustar.

Trátase de escapar dunha casa pasando probas pero antes debedes descubrir onde están o libros de Carvalho Calero.

O xogo esta feito por Alba Carril Casanova do CPI de Vedra e Ana Sánchez Sanmartín do CEIP Arquitecto Casas Novoa.


 

Reciclaxe e creatividade para a biblioteca; buscamos mascota!

Nenas e nenos!

George Forcadas, ata o de agora a nosa mascota, decidiu tomarse unhas prolongadas vacacións...

Que tal se lle abrimos as portas a unha nova integrante da biblio?

Que tal se empregamos os plásticos, cordas, tapóns, redes, madeiras... que chegan no inverno as nosas praias?

 

Creade a vosa propia mascota e escribide a súa biografía... Entre todas elas elixiremos unha que nos acompañe os vindeiros cursos!

Por un mar libre de plásticos... Afinemos a nosa creatividade!

 

Creamos un fanzine!! Corme, mar e terra; o papel das nosas mulleres.

Laura Tova chega á escola para elaborar com nós un fanzine. Explicaranos o proceso de elaboración e daranos unhas pautas para ilustralo...

Queremos pensar arredor da paisaxe e o papel da muller como modeladora del...

Que destacamos da paisaxe na nosa comarca? Nunha paisaxe de terra e de mar... Que produtos obtemos do mar e da terra? E... A biografía das mulleres das nosas vidas... Ten algo que ver com todo isto?

Laura axudaranos a montar o primeiro fanzine do CEIP As Forcadas no que poderemos sumar reflexión e creatividade.

 Para ter máis información, podes pinchar AQUI.

 Agardamos obter un bonito resultado!!

 

 

 

 

Rías libres de plásticos!

Sensibilizámonos “limpando as nosas rías”!

 

Seguimos pensando nunha paisaxe verde, azul e sen plásticos e desta volta, Eva Calvo, nai e membro da ANPA do cole achegounos unha experiencia na que ela participou activamente; o proxecto “Limpando as nosas rías”.

 

Ademais de amosarnos imaxes da cantidade de lixo que podemos atopar no fondo das nosas rías, Eva preparou unha actividade vivencial onde podemos experimentar como lles afecta aos animais mariños o lixo que se atopan no mar.

AQUI atoparedes máis info!!Que haberá debaixo de tea?

 

 

25N: contra a violencia, árbores e palabras

O pasado 25 de novembro celebramos na escola o Día Internacional contra a Violencia de Xénero.

Traballamos arredor da vida de Wangari Mathaai, a muller árbores e ás mulleres keniatas que contra a violencia exercida contra elas e a natureza, decidiron organizarse para plantar cara á mesma. Con árbores e palabras!

 

 

COEDUCACIÓN

 

Día discapacidade

Hoxe no centro celebramos o día da discapacidade

Ver Actividades

 

 

Distribuir contido