blogue deadmin

SEMANA DO LIBRO

Dende o CEIP As Forcadas queremos recordarvos que esta semana do 20 ao 24 de abril conmemórase a semana do libro.

Dadas as especiais circunstancias, non o poderemos festexar como se merece, pero aínda así queremos salientar a importancia dos libros e da lectura na nosa vida.

Por iso gustaríanos proporcionarvos acceso a algúns materiais de lectura gratuíta online.

Por suposto, é solo unha proposta de lectura optativa, xa que seguro que estades a ler moito e nas vosas casas atopades moitos outros libros e lecturas.

Ánimo e Saúde

 

Pulsa aquí

 

"COVID QUE TE VIN"

Os nenos e nenas de terceiro e cuarto curso de Educación Primaria, quérenvos facer chegar este vídeo dende as súas casas para que o confinamento sexa máis levadeiro. Mirade a enerxía que se gastan! Desexamos que vos guste

                                                           COVID QUE TE VIN (preme)

Día Síndrome de Down

O departamento de orientación organizou unha proposta para comemorar o Día Mucial do Síndrome de Down

https://agueiro.xunta.gal/view/view.php?t=qDGS4VtrR9TKfXBLknIv

Os contos de sabedoría e botrato chegan ao CEIP As Forcadas

Na súa segunda edición para o CEIP As Forcadas, chegan os contos de sabedoría para e botrato da man do conto "A pequena loba".

No marco dos contrato programa, na liña de actuación adicada á mellora da convivencia escolar, desenvolveremos durante o mes de abril obradoiros conxuntos para familias e alumnado. Con dinámicas vivenciais e participativas, experimentaremos a través deste conto que ten como protagonista unha lobiña, o que é o respecto e a axuda mutua e as posibilidades de cambio persoal e relacional que as persoas, crianzas e adultas, podemos experimentar. 

Este obradoiro será impartido por Olalla Villaronga Seoane, psicóloga social experta en Terapia do Reencontro.

Abrimos xa o periodo de inscrición para familias e alumnado. Animádevos co botrato!

    

ENTROIDO 2020

Durante a semana do 17 ao 21 de febreiro celebramos o entroido.

Cada día da semana seguimos as instrucións do meco: un gorro, unhas gafas, unha perruca e por último o pixama e o peluche.

O venres rematamos co tradicional desfile percorrendo as rúas de Corme ata A Ribeira, onde queimamos o meco para logo degustar os tradicionais doces do entroido no Miramar.

PARA VER AS IMAXES FAI CLICK AQUÍ

O primeiro fanzine do CEIP As Forcadas

Hai uns días contámosvos que na escola estábamos en pleno proceso creativo con Laura Tova e que pronto poderíamos presentar o noso primeiro fanzine. 

Aquí o temos... Corme, mar e terra: o papel das nosas mulleres. 

Coa participación de todo o alumnado de primaria e a axuda de Laura. 

Agardamos que vos guste!!

Para máis información sobre o proceso creativo, visitade o blog do proxecto paisaxe e sustentabilidade.

AQUÍ PODES DESCARGAR O FANZINE

Contacontos para levar no peto.

Antes do Nadal tivimos a visita dun contacontos que nos achegou as historias de O cociñeiro Martiño.

Unha sesión divertida na que participaron os mais pequenos da escola.

 

 

O laboratorio de Elena Berenxena

Estos días apareceu no noso cole a científica Elena Berenxena.

Debido a unhas mesturas de substancias alimentarias, estoupou o seu laboratorio e agora durante este período, a científica de pelo morado axudaranos a coñecer a través do seu caderno a importancia dunha alimentación saudable.

Que sorte tivemos que caera no noso  centro!!

PINCHA AQUÍ PARA MÁIS INFORMACIÓN

Reciclaxe e creatividade para a biblioteca; buscamos mascota!

Nenas e nenos!

George Forcadas, ata o de agora a nosa mascota, decidiu tomarse unhas prolongadas vacacións...

Que tal se lle abrimos as portas a unha nova integrante da biblio?

Que tal se empregamos os plásticos, cordas, tapóns, redes, madeiras... que chegan no inverno as nosas praias?

 

Creade a vosa propia mascota e escribide a súa biografía... Entre todas elas elixiremos unha que nos acompañe os vindeiros cursos!

Por un mar libre de plásticos... Afinemos a nosa creatividade!

 

Creamos un fanzine!! Corme, mar e terra; o papel das nosas mulleres.

Laura Tova chega á escola para elaborar com nós un fanzine. Explicaranos o proceso de elaboración e daranos unhas pautas para ilustralo...

Queremos pensar arredor da paisaxe e o papel da muller como modeladora del...

Que destacamos da paisaxe na nosa comarca? Nunha paisaxe de terra e de mar... Que produtos obtemos do mar e da terra? E... A biografía das mulleres das nosas vidas... Ten algo que ver com todo isto?

Laura axudaranos a montar o primeiro fanzine do CEIP As Forcadas no que poderemos sumar reflexión e creatividade.

 Para ter máis información, podes pinchar AQUI.

 Agardamos obter un bonito resultado!!

 

 

 

 

Distribuir contido