Blogues |
Dende o CEIP As Forcadas queremos recordarvos que esta semana do 20 ao 24 de abril conmemórase a semana do libro. Dadas as especiais circunstancias, non o poderemos festexar como se merece, pero aínda así queremos salientar a importancia dos libros e da lectura na nosa vida. Por iso gustaríanos proporcionarvos acceso a algúns materiais de lectura gratuíta online. Por suposto, é solo unha proposta de lectura optativa, xa que seguro que estades a ler moito e nas vosas casas atopades moitos outros libros e lecturas. Ánimo e Saúde
|
|||
Os nenos e nenas de terceiro e cuarto curso de Educación Primaria, quérenvos facer chegar este vídeo dende as súas casas para que o confinamento sexa máis levadeiro. Mirade a enerxía que se gastan! Desexamos que vos guste COVID QUE TE VIN (preme) |
|||
O departamento de orientación organizou unha proposta para comemorar o Día Mucial do Síndrome de Down https://agueiro.xunta.gal/view/view.php?t=qDGS4VtrR9TKfXBLknIv |
|||
Na súa segunda edición para o CEIP As Forcadas, chegan os contos de sabedoría para e botrato da man do conto "A pequena loba". No marco dos contrato programa, na liña de actuación adicada á mellora da convivencia escolar, desenvolveremos durante o mes de abril obradoiros conxuntos para familias e alumnado. Con dinámicas vivenciais e participativas, experimentaremos a través deste conto que ten como protagonista unha lobiña, o que é o respecto e a axuda mutua e as posibilidades de cambio persoal e relacional que as persoas, crianzas e adultas, podemos experimentar. Este obradoiro será impartido por Olalla Villaronga Seoane, psicóloga social experta en Terapia do Reencontro. Abrimos xa o periodo de inscrición para familias e alumnado. Animádevos co botrato! |
|||
Durante a semana do 17 ao 21 de febreiro celebramos o entroido. Cada día da semana seguimos as instrucións do meco: un gorro, unhas gafas, unha perruca e por último o pixama e o peluche. O venres rematamos co tradicional desfile percorrendo as rúas de Corme ata A Ribeira, onde queimamos o meco para logo degustar os tradicionais doces do entroido no Miramar. |
|||
Hai uns días contámosvos que na escola estábamos en pleno proceso creativo con Laura Tova e que pronto poderíamos presentar o noso primeiro fanzine. Aquí o temos... Corme, mar e terra: o papel das nosas mulleres. Coa participación de todo o alumnado de primaria e a axuda de Laura. Agardamos que vos guste!! Para máis información sobre o proceso creativo, visitade o blog do proxecto paisaxe e sustentabilidade. |
|||
Antes do Nadal tivimos a visita dun contacontos que nos achegou as historias de O cociñeiro Martiño. Unha sesión divertida na que participaron os mais pequenos da escola.
|
|||
Estos días apareceu no noso cole a científica Elena Berenxena. Debido a unhas mesturas de substancias alimentarias, estoupou o seu laboratorio e agora durante este período, a científica de pelo morado axudaranos a coñecer a través do seu caderno a importancia dunha alimentación saudable. Que sorte tivemos que caera no noso centro!! |
|||
Recentemente recibimos un correo electrónico que queremos compartir coa nosa comunidade escolar. A continuación podedes ler a mensaxe e acceder a guía. Desde Igualdade da Deputación de A Coruña queremos compartir a actualización, ampliación e adaptación da Guía de linguaxe non sexista editada fai uns anos na sección de Servizos Sociais. A linguaxe e a comunicación dan forma aos nosos discursos e reproducen as desigualdades existentes. O uso dunha comunicación inclusiva e dunha linguaxe non sexista é unha obriga de todas as administracións públicas que se recolle no artigo 14 da Lei 3/2007, onde se marcan os criterios xerais de actuación dos poderes públicos, sendo un deles “a implantación dunha linguaxe non sexista no ámbito administrativo e o seu fomento na totalidade das relacións sociais, culturais e artísticas”. Paga a pena facer un esforzo colectivo para eliminar os usos linguísticos discriminatorios, empregando unha linguaxe con perspectiva de xénero que recoñeza e valorize a todas as persoas en igualdade. Agardamos que esta nova edición sexa da vosa axuda. |
|||
Nenas e nenos! George Forcadas, ata o de agora a nosa mascota, decidiu tomarse unhas prolongadas vacacións... Que tal se lle abrimos as portas a unha nova integrante da biblio? Que tal se empregamos os plásticos, cordas, tapóns, redes, madeiras... que chegan no inverno as nosas praias?
Creade a vosa propia mascota e escribide a súa biografía... Entre todas elas elixiremos unha que nos acompañe os vindeiros cursos! Por un mar libre de plásticos... Afinemos a nosa creatividade!
|
|||