Skip to Content

ALERTA LARANXA PARA O MÉRCORES 9 DE OUTUBRO

A Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) e MeteoGalicia informan dun fenómeno meteorolóxico adverso de nivel LARANXA por VENTOS en toda Galicia desde as 6h ata as 14h.

Ante a devandita situación de risco, a Comisión Escolar de Alertas acordou o seguinte:

  1. A SUSPENSIÓN de actividades no exterior DURANTE O MÉRCORES 9 en todos os centros educativos de Galicia.

  2. Para o caso de que as circunstancias da localidade onde se atopa o centro supuxesen un risco superior ao declarado, os directores poderán adoptar as decisións oportunas respecto das actividades no exterior do centro educativo ou sobre as actividades extraescolares. Adicionalmente extremaranse as condicións de circulación do transporte con seguimento das condicións climáticas.



blog | by Dr. Radut