Skip to Content

Eleccións ao Consello Escolar: Anuncio de sorteo para a Xunta Electoral

RENOVACIÓN DOS CONSELLOS ESCOLARES DOS CENTROS DOCENTES SOSTIDOS CON FONDOS PÚBLICOS

Segundo a Resolución do 10 de setembro de 2024, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se establece o calendario para a realización de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos, o vindeiro 15 de outubro realizarase neste centro o sorteo público para a constitución da Xunta Electoral ás 11:00 na sala de mestres.

A Xunta Electoral ten a función de organizar e supervisar o procedemento de elección dos membros do Consello Escolar, que estará integrada pola directora do centro, un mestre ou mestra, un pai, nai ou titor legal e un representante do persoal non docente.



blog | by Dr. Radut