ADMISIÓN ALUMNADO PARA O CURSO 2024-25
O prazo de presentación de solicitudes será do 1 ao 20 de Marzo
As familias poderán cumprimentar as solicitudes de admisión de xeito manual ou a través da aplicación.
-A través da aplicación: Entrando en https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado con certificado de identidade e sinatura dixital ou sistema de usuario e clave como a Chave 365, cubrindo a solicitude (Modelo ED550B) e presentandoa na sede electrónica da Xunta.
-Presencial: Na secretaría do centro poderán presentar o impreso ED550B cuberto a man ou a ordenador. Facilitaráselles na Secretaría do Centro. Tamén poden descargalo, cubrilo e /ou imprimilo. Atópase anexado nesta publicación.
Documentación a presentar:
-Modelo de solicitude ED550B cuberto.
-Documento acreditativo do requisito de idade do/da alumno/a (fotocopia do DNI ou da folla correspondente do libro de familia).
-Certificado de matrícula do curso actual (agás para 4º de Ed. Infantil).
-Convenio regulador ou resolución xudicial de separación ou divorcio, se é o caso.
VACANTES PARA O CURSO 2024-25:
4º E. Infantil |
20* |
5º E. Infantil |
11 |
6º E. Infantil |
3 |
1º Primaria |
10* |
2º Primaria |
15 |
3º Primaria |
10 |
4º Primaria |
8 |
5º Primaria |
5 |
6º Primaria |
9 |
* Alumnado con NEAE: tal como establece a lexislación, do total hai que reservar 3 postos escolares por unidade para a escolarización de alumnado con necesidades específicas de atención educativa nos niveis de 4º de Ed. Infantil e 1º de Primaria.
SOLICITUDES DE ADMISIÓN (só para novos alumnos) |
Do 1 ao 20 de Marzo
|
PRESENTACIÓN DE DOCUMENTACIÓN XUSTIFICATIVA NOS CASOS EN QUE HAXA MÁIS DEMANDA QUE OFERTA DE POSTOS |
Do 21 de Marzo ao 11 de Abril |
RESOLUCIÓN PROVISIONAL DE ADMITIDOS E NON ADMITIDOS |
25 de Abril |
RECLAMACIÓNS ás listas provisionais |
Do 26 de Abril ao 4 de Maio |
RESOLUCIÓN E LISTAS DEFINITIVAS |
15 de Maio |
IMPUGNACIÓN DAS LISTAS DEFINITIVAS |
UN MES a contar desde o 16 de Maio |
FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA
|
Do 20 ao 30 de Xuño |
Adxunto | Tamaño |
---|---|
MODELO SOLICITUDES DE ADMISION.pdf | 1.39 MB |