AXUDAS MUNICIPAIS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2023-2024
A Concellaría de Servizos Sociais do Concello do Grove informa que a partir do día 1 de xuño e ata o 30 do mesmo mes estará aberto o prazo de presentación das solicitudes de axudas municipais para a adquisición de libros e material escolar do vindeiro curso 2023-2024.
As axudas van dirixidas a Educación Infantil, Ensinanza Primaria e Ensinanza Secundaria Obrigatoria.
As axudas concederanse tendo en conta o nivel de ingresos familiares, e será requisito imprescindible cursar estudos en centros sostidos con fondos públicos do concello do Grove.
As solicitudes presentaranse acompañadas da seguinte documentación:
- Fotocopia do DNI do solicitante.
- Fotocopia do libro de familia (de todas as follas).
- Volante de empadroamento familiar (será solicitado polo propio departamento de Servizos sociais)
- Xustificante de ingresos de todos os membros da unidade de convivencia (preferentementedeclaración da renda do exercicio de 2022).
- Xustificante de matrícula.
- Contrato/recibo do aluguer do piso ou do pagamento da hipoteca.
A documentación deberá entregarse (despois de solicitar cita)
no SERVIZO de REXISTRO MUNICIPAL
(EdificioAdministrativodo Concello. Rúa Alcalde Xacobe Barral Otero nº 3, planta baixa).
*No anexo adxunto pódese consultar a información e descargar a solicitude.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Solicitude axudas municipais para libros e material escolar 2023-24.pdf | 141.77 KB |
Cartel axudas libros 2023-24.pdf | 68.02 KB |