Skip to Content

Blogues

AXUDAS MUNICIPAIS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2022-2023

A Concellaría de Servizos Sociais do Concello do Grove informa que a partir do día 1 de xuño e ata o 30 do mesmo mes estará aberto o prazo de presentación das solicitudes de axudas municipais para a adquisición de libros e material escolar do vindeiro curso 2022-2023.

As axudas van dirixidas a Educación Infantil, Ensinanza Primaria e Ensinanza Secundaria Obrigatoria.

As axudas concederanse tendo en conta o nivel de ingresos familiares, e será requisito imprescindible cursar estudos en centros sostidos con fondos públicos do concello do Grove.

As solicitudes presentaranse acompañadas da seguinte documentación:

  • Fotocopia do DNI do solicitante.
  • Fotocopia do libro de familia (de todas as follas).
  • Volante de empadroamento familiar (será solicitado polo propio departamento de Servizos sociais)
  • Xustificante de ingresos de todos os membros da unidade de convivencia (preferentementedeclaración da renda do exercicio de 2021).
  • Xustificante de matrícula.
  • Contrato/recibo do aluguer do piso ou do pagamento da hipoteca

  

A documentación deberá entregarse (despois de solicitar cita)

no SERVIZO de REXISTRO MUNICIPAL

(EdificioAdministrativodo Concello. Rúa Alcalde Xacobe Barral Otero nº 3, planta baixa).

*No anexo adxunto pódese consultar a información e descargar a solicitude.

PROTOCOLO DE ADAPTACIÓN AO CONTEXTO DA COVID - 19 (VERSIÓN 20/05/2022)

Estimadas familias,

 

Podedes consultar no enlace o protocolo de adaptación ao contexto da covid - 19 nos centros de ensino non universitario de Galicia pra o curso 21/22 (versión 20/05/2022).

 

 

LISTAXE DEFINITIVA DO ALUMNADO ADMITIDO PARA O VINDEIRO CURSO 22/23

Estimadas familias

 

Publícase a listaxe definitiva de alumnado admitido para o curso académico 2022/2023.

Pode consultarse presencialmente no taboleiro de anuncios situado no interior do centro ou telematicamente a través da aplicación "admisionalumnado".

Lembrade que a formalización da matrícula será do 20 ao 30 de xuño.

AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 22/23

Estimadas familias

 

No DOG de hoxe, 18/05/2020, publicouse a ORDE do 29 de abril da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, que regula para o curso 2022/23:

- A participación no fondo solidario de libros de texto do alumnado que se matricule en 3º, 4º E. Primaria.
- A convocatoria de axudas para adquirir libros de texto para o alumnado que se matricule en 1º e 2º E. Primaria.
- A convocatoria de axudas para adquirir material escolar destinadas a todo o alumnado de E. Primaria.

prazo de solicitudes vai do 19 de maio ao 22 de xuño, incluído.

Teñen toda a información na Orde de Convocatoria:

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220518/AnuncioG0598-020522-0001_gl.html

Adxúntase os anexos para cubrir no caso de presentala presencialmente.

DIRECTRICES SOBRE O USO DAS MÁSCARAS NO ÁMBITO EDUCATIVO

Estimadas familias

 

Podedes consultar no adxunto as novas directrices sobre o uso das máscaras, publicadas pola Consellería de Sanidade.

MODIFICACIÓN DAS CONCRECIÓNS CURRICULARES

Estimadas familias

 

Como consecuencia do cambio de normativa debido á publicación da Orde do 25 de xaneiro de 2022 pola que se actualiza a normativa de avaliación nas ensinanzas de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato no sistema educativo de Galicia, actualizáronse as Concrecións Curriculares no centro educativo. Podedes acceder a dito documento pinchando no enlace adxunto.

LISTAXE DE ADMITIDOS PARA O CURSO ESCOLAR 2022/2023

Comunicamos a existencia de prazas suficientes para atender todas as solicitudes de reserva efectuadas neste centro para o vindeiro curso académico 2022/2023.

Segundo as recomendacións vixentes en materia de protección de datos persoais, esta listaxe definitiva de alumnado faise pública no taboleiro de anuncios do centro, onde se poderá consultar presencialmente, e mais telemáticamente na aplicación https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/ á que poden acceder empregando a Chave365 ou certificado dixital. 

 

COMUNICACIÓN CONXUNTA DAS CONSELLERÍAS DE EDUCACIÓN E SANIDADE

Tras a comunicación conxunta das Consellerías de Sanidade e Educación sobre a recomendación do uso da máscara nos patios dos centros educativos, que poden consultar na seguinte ligazón https://www.edu.xunta.gal/portal/node/36524 acordouse que o uso da máscara deixará de ser obrigatorio nos espazos ao aire libre dos centros educativos da comunidade.

Por suposto o alumnado que así o desexe poderá seguir facendo uso da máscara no patio.

Lembramos que no interior do edificio o seu uso segue a ser obrigatorio, polo que haberá que poñela antes de acceder ao mesmo.

ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2023/2024

O prazo de admisión do novo alumnado para o vindeiro curso 23/24 será do 1 ao 20 de marzo.

A presentación de solicitudes poderase realizar no centro, ou a través da sede electrónica da Xunta de Galicia admisionalumnado (xunta.gal)

 Documentación a presentar:

  • Modelo de solicitude cuberto. Facilitaráselles na Secretaría do Centro. Tamén poden cubrilo e entregalo no centro, premendo no seguinte enlace: (Anexo II: Solicitude de Admisión). En caso de presentarse a solicitude por Sede Electrónica está dispoñible na aplicación admisionalumnado (xunta.gal) Para iso e necesario dispor de Chave365 ou certificado dixital. 

  • Documento acreditativo do requisito de idade do/da alumno/a (fotocopia do DNI ou do libro de familia).

  • Copia do DNI da persoa solicitante e os membros computables da unidade familiar (no caso de denegar a súa consulta na solicitude).

  • Volante histórico de convivencia.

  • Certificado de matrícula do curso actual (agás 4º E. Infantil).

  • Convenio regulador ou resolución xudicial de separación ou divorcio, se é o caso.

  • Documento acreditativo do alumno/a con necesidades educativas, se é o caso.
Débese ter en conta o seguinte:
  • É necesario o consentimento de ambas persoas proxenitoras, titoras ou acolledoras, coa única excepción do consentimento do agresor nos casos de violencia de xénero. En consecuencia, todas a solicitudes deben figurar asinadas por unha das persoas proxenitoras/titoras/acolledoras, e debe adxuntarse a todas o documento asinado co consentimento da outra (modelo anexo II-bis).
  • Cada alumno/a só pode presentar unha única solicitude no centro no que solicite praza en primeiro lugar. A infracción deste punto determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.

  • O alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe.

  • O alumnado que ten reserva de praza nun centro educativo, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.

  • O centro adscrito ao CEIP As Bizocas é o IES As Bizocas.

  • Os servizos complementarios cos que conta o centro son: Comedor Escolar e Transporte Escolar.

Para calquera dúbida poden chamar ao teléfono do centro 886 151 972, ou a través do correo electrónico ceip.asbizocas@edu.xunta.gal.

Consulta:

O centro publicará as listaxes de admitidos e non admitidos:

  • Listaxes provisionais: antes do 25 de abril (reclamacións: 5 días hábiles contados a partir da data de publicación).
  • Listaxes definitivas: antes do 15 de maio.

Formalización da matrícula: entre o 20 e o 30 de xuño de 2022.

Normativa reguladora:

Decreto 13/2022, de 3 de febrero

Orde do 21 de outrubro de 2022

OFERTA DE POSTOS ESCOLARES

CURSO

VACANTES

E. INFANTIL 3 ANOS

12 + 3 NEAE*

E. INFANTIL 4 ANOS

15

E. INFANTIL 5 ANOS

10

1º E. PRIMARIA

15+3 NEAE *

2º E. PRIMARIA

15

3º E. PRIMARIA

14

4º E. PRIMARIA

12

5º E. PRIMARIA

14

6º E. PRIMARIA

12

 *Postos reservados para alumando con necesidade específica de apoio educativo. En caso de non cubrirse pasarán a formar parte das vacantes ordinarias.

AREA DE INFLUENCIA DO CENTRO DO CEIP AS BIZOCAS

Bizocas

Moreiras

Gandariña

A Costa

Reboredo

Balea

San Vicente do Mar

Outeiro

Pedras Negras

Arrouxelo

Area

Os Campos

Carrascal

As Baladas

O Altiño

Atlántida

 

DATOS DE INTERESE

PÓDESNOS ATOPAR EN...

RÚA BALEA S/N, 36989 O GROVE, PONTEVEDRA.

TELÉFONO: 886 151 972

EMAIL: ceip.asbizocas@edu.xunta.gal

HORARIO DO CENTRO: 08:40-13:40h

Distribuir contido


by Dr. Radut