Skip to Content

POR UN PATIO CHEO DE VIDA

Un grupo de nove mestras e mestras do CEIP “A Sangriña” de A Guarda formamos parte dun PFPP (Proxecto de Formación Para o Profesorado) que ten como Título “UN PATIO CHEO DE VIDA” e que ten como obxectivo rediseñar o patio escolar. Tentamos transformar o patio actual nun espazo acolledor e agradable con diferentes subespazos: horta, zona de equilibrio, zona relax, rocódromo, zona de asemblea ou zona artístico-musical. Todo o proxecto vai ir englobado nunha idea ou eixe motivador que defina e caracterice o novo patio: o espazo, o circo, unha volta ao mundo...

 

Para desenvolver este proxecto contamos coa colaboración da Escola Superior Gallaecia, que se atopa en  Vila Nova de Cerveira (Portugal).

Esta institución de ensino universitario organizou un workshop titulado “Un patio cheo de vida” no que os alumnos amosaron o seu interese pola súa participación.

 

O pasado 15 de febreiro, nas instalacións da Escola Universitaria Gallaecia, fixemos unha exposición onde expuxemos as nosas necesidades así coma  todas as posibilidades que ofrece o espazo do patio. A continuación, os alumnos e os profesores da ESG, acompañados por nós, desprazáronse ao noso centro onde viron en vivo e directo  as instalacións. Rapidamente e moi animados, organizaron os grupos de traballo.

 

Na súa escola, os alumnos das licenciaturas de Arquitectura e Urbanismo, e Multimedia e Artes, cos  grupos  de traballo multidisciplinares formados e coordinados polos mestres de ambas licenciaturas, durante quince días de traballo continuado,   desenvolveron e desfrutaron  deseñando un proxecto innovador e dinámico capaz de transformar  un patio gris e baleiro  nun  patio escolar cheo de vida e con varias posibilidades de xogo e aprendizaxe 

O pasado dia 1 de Marzo, entregaron os eus deseños aos metres da escola, o vindeiro venres, 15 de marzo iremos a escola universitaria para  escoitar os pormenores  de cada un dos seis proxectos.

De todas as propostas serán premiadas as dúas mellores, e desenvolveremos a proposta que maior puntuación acade. 

 

Neste proxecto esta implicada tanto a Comunidade Educativa do CEIP A Sangriña participando nas enquisas para recoller ideas e propostas como a Comunidade Educativa da Escola Superior Gallaecia sen a cal non sería posible o desenvolvemento desta proposta que nos unirá para sempre.

Cabe destacar a colaboración prestada por varias familias  (Restaurante Area Grande, Restaurante Trasmallo, Adega Terras Gaudas e Centro de Masaxes Fajar) coa doazón de diversos agasallos cos que serán premiados os mellores proxectos agradecendo deste xeito a súa iniciativa, participación  e implicación neste proxecto. 

 Algunhas das fotos para o recordo!

  

 
 

center;">

 


AS ORDES DO MECO 2019

Estamos a puntiño de comezar esa festa que tanto nos gusta: O entroido

E para que poidades ir preparando todo con calma aquí vos deixamos as ordes do meco.

ENCONTROS LECTORES CON MOITO CORAZÓN

O venres celebramos o día do amor e da amizadeee.

 
Durante  toda a semana, como  padriños e madriñas lectoras, estivemos preparando diversas lecturas para podérllelas ler e interpretar aos nosos afillados. 
 
 
 
E chegou o día, a  hora prevista, baixamos as aulas, e  ao patio para encontrarnos cos nosos afillad@s.

 

 

 
 



Alí,  tivemos  o encontro lector cheo de corazón!
 

Como nos gusta lerlles aos afillados e eles como desfrutan destes ratiños de lecturaaaa

 

 

 

 

 

 

O Equipo de biblioteca, foi o encargado de dinamizar   esta actividade  con moito cariño e ilusión. Graciñas EQUIPO!!!!

 

CHARLAS SOBRE VIOLENCIA DE XÉNERO E ACOSO ESCOLAR

Hoxe, un equipo da Guardia Civil formado polo sarxento Pablo e os gardas Iván e Rubén, achegáronse ao centro para explicarlle aos alumnos de quinto e sexto de primaria a gran problemática que supón  a VIOLENCIA DE XÉNERO e o ACOSO ESCOLAR nas nosas vidas.

 

 

 
Desde o primeiro momento, lograron captar o interese e atención dos alumnos facéndoos partícipes da conversa despois das magníficas explicacións e do visionado de vídeos explicativos que os fixeron ver con claridade as consecuencias das malas acción e os beneficios da non violencia, da colaboración, de prestar axuda, de escoitar, de non ver para outro lado, do uso do diálogo, do respecto….




 

 

Os propios alumnos, xa nas aulas, valoraron as charlas como moi interesantes, manifestaron nos seus escritos as súas opinións, como que os fixo pensar en cousas que estaban facendo mal e que van tentar corrixilas, que as explicacións foron moi boas e que lles van servir na súa vida diaria.




Foi un día moi especial e cargado de información moi positiva para os rapaces.
GRACIÑAS a GUARDIA CIVIL por esta experiencia tan enriquedora.

RESERVA DE PLAZA

 

SOLICITUDE DE PRAZA NOVOS ALUMNOS CURSO 2019/2020
 
Dende o día 1 ata o 20 de marzo de 2019 podérase solicitar praza para o vindeiro curso 2019/2020.
 
Documentación necesaria:
Impreso de solicitude que se facilitará na secretaría do centro.
Fotocopia dos DNI do alumno, do pai e da nai.
Se o alumno non tivera DNI, fotocopia da páxina do libro de familia na que está inscrito.
 
HORARIO DE SECRETARÍA:
De luns a venres de 8:30 a 9:30 horas
Os martes de 15:30 a 18:30 horas
 
Para calquera dúbida poñerse en contacto co centro no teléfono: 886 110 081

XORNADA DE CONVIVENCIA NO SAN XEROME

O luns 4 de febreiro, o alumnado de Infantil de 4 anos xunto cos compañeiros de 1º de primaria tiveron o privilexio de compartir cos alumnos de San Xerome unha xornada de convivencia.

Por grupos participamos en talleres de cociña, manualidades, na aula sensorial....

Os alumnos de San Xerome  estiveron moi activos desenvolvendo o rol  de mestres e mestras!

Como aprendemos con eles! 

Foi unha experiencia marabillosa e que ben seguro non esqueceremos!!!

 

Menús de febreiro

Dende este mes imos a publicar directamente os menús en Twitter. Non é necesario ser usuario de Twitter para poder velos.

 

https://twitter.com/anpaasangrina

Día da paz 2019

Este ano para conmemorar o día da paz traballamos unha canción de Macaco titulada "Somos una marea de gente" e para conciednciar aos alumnos fixemos unha marea de xente con bonecos de papel polo cole, todos diferentes pero remando ao mesmo compás.

E preparamos unha sinxela coreografía para a canción que representamos no patio cuberto de infantil.

 

 

Nada máis rematar a canción, espontáneamente, abrazos, abrazossss

 

 

SAÍMOS A VER WONDER, UNHA PELÍCULA SUPER EMOCIONANTE

Hoxe, convidados polo Concello, os alumnos de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria achegámonos ao Centro Cultural para ver a película WONDER.

 

 

Que ganas tiñamos de chegar!
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Xa alí, estábamos  ansiosos por entrar.

 

 

 

 

 
Esperando o comezo!!!
 
 
 
 
 
E comeza a proxección

 

 

 
 
É a historia dun neno da nosa idade que nace cunha mala formación facial. Ten que sufrir unha morea de operacións e longos períodos de recuperación na súa casa que lle impiden ir a escola coma os outros nenos. Vive coa súa familia  que sempre o axuda e o protexe. A súa nai deixa todo e adicase a ser a súa mestra.
 

 

 

 Pero, chega o momento decisivo. Ten que enfrontarse a un novo reto igual de difícil: Asistir por primeira vez á escola, coñecer outros nenos e mestres.



Este é o seu primeiro día na escola.






Esta é unha historia de superación, e cheíña de tropezos, boas intencións e con mensaxes a favor da tolerancia e amizade.

 


En resumo, unha boa lección de valentía, bondade e amizade. 


ENCANTOUNOS!!! 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut